Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede

Curso "Competencia comunicativa e dixital nas áreas de Lingua" (Santiago de Compostela, 18 e 21 de novembro de 2011)
by

Román Landín

on 21 November 2011

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede
Textos para aprender
Román Cerqueiro Landín
Santiago de Compostela, 18 e 21 de novembro de 2011

"Competencia comunicativa e dixital nas áreas de Lingua"
Centro Autonómico de Formación e Innovación. Área de Linguas

Textos para se expresar
Son sitios webs conformados por varias páxinas editadas polas persoas usuarias para elaboralas.
Permiten a participación simultánea de varios autores nunha tarefa colectiva e colaborativa na que destaca a construción do documento e a (re)elaboración dos contidos por riba da autoría.
É atemporal xa que os contidos marcan o seu desenvolvemento. A información é estábel.
Inclúe contidos nos que se dá un alto nivel de traballo creativo.
(cc) photo by theaucitron on Flickr
(cc) photo by theaucitron on Flickr
1
3
2
Serve para elaborar mapas conceptuais en liña.
Non require instalación.
Permite incluír imaxes, vídeos e ligazóns nos temas e partillalos con outras persoas.
Deste xeito, con permisos de edición, transfórmase nunha ferramenta colaborativa que garda as actualizacións xeradas.
Permite exportar os mapas en distintos formatos (TXT, RTF, JPG, PNG, PDF ou GIF) ou no propio sitio.
É incrustábel mediante código noutros sitios web.
Ferramenta deseñada para elaborar presentación orixinais e dinámicas, que ademais non son lineais.
Premite plasmar esquemas, mapa conceptuais ou procesos.
É multimedia, engade imaxes, vídeos, textos e ligazóns.
A súa achega máis singular é a de engadir movemento e zoom.
Baséase no movemento intuitivo.
Pódese incrustar en calquera páxina e pódese editar de modo colaborativo, permite a edición conxunta.
Ofrece a posibilidade de manter aberta a edición e, ademais, o usuario pode ofrecer o seu traballo como base para outra presentación dun usuario desta rede.
Servir como apoio para unha exposición oral.
Desenvolver un traballo de investigación.
Realizar unha campaña publicitaria.
Desenvolvemento e deseño conceptual dun tema.
Crear un lenzo artístico multimedia
Elaborar o álbum dunha viaxe ou unha excursión.
Trazar o itinerario audiovisual dunha visita.
Plasmar unha tormenta de ideas do grupo como punto de partida para un traballo sobre un tema.
Diferenciar conceptos de atributos (ou cualidades) nunha clasificación xeráquica sobre un tema.
Apoiar unha exposicón oral.
Elaborar a bibliografía dun autor/a ou as etapas dun movemento ou suceso.
Establecer un reparto de tarefas nun traballo cooperativo ou a división dos membros/funcións/tarefas nun colectivo.
Sinalizar sobre un mapa, ou outra imaxe, fluxos de poboación, movementos económicos, fenómenos climatolóxicos... e as súas causas e consecuencias e xerarquías.
Servir de material de apoio a unha exposición oral.
Presentar o resultado dunha investigación.
Ofrecer recursos ou as fontes empregadas sobre un tema (personalidades, épocas, acontecementos...).
Formular unha actividade.
Realizar follas literarias e creativas en xeral.
Realizar anuncios para promocionar un evento unha lectura ou outro produto cultural, etc.
Seleccionar textos ao xeito de escolma.
Presentar as claves dunha novela, un filme... ou os momentos máis destacados dun evento.
Resumir unha viaxe ou un acontemento.
Realizar unha guía dun roteiro, unha excursión, un encontro, etc.
Elaborar unha biografía.
Facer a portada dun xornal.
Creación de liñas do tempo segundo datas (a súa concisió chega até os segundos) e períodos ordenados cronoloxicamente.
As datas poden ser ilustradas con imaxes, textos, vídeos e sons en formato mp3 e integra Google Maps e outras.
Na parte superior móstranse as imaxes e datos concretos e na banda inferior amplíase o texto e engádense os outros recursos multimedia.
Elaborar o itinerario escolar.
Elaborar a secuencia dunha viaxe de estudos ou unha excursión.
Trazar a biografía dun personaxe histórico ou actual de relevancia.
Presentar a biografía propia ante o grupo de aula.
Realizar a evolución cronolóxica dun acontecemento, un movemento sociopolítico ou cultural, etc.
Seleccionar e ler oralmente unha narración para que o alumnado identifica e recoñeza graficamente a orde temporal e causal das accións presentes no texto.
referenciar as accións e actividades diarias, etc.
Aplicación deseñada para elaborar cartaces dixitais multimedia.
Presenta unhas ferramentas especialmente pensadas para facer cartaces (temas, cores, pinceis...).
Manexo intuitivo e apoiado en notas explicativas sobre cada ferramenta que se quere usar.
O formato dixital permite reeditar (probar, corrixir, engadir, eliminar...).
Permite incrustar imaxes, vídeo e audio mp3.
Como aplicación en liña, pode alimentarse de ligazóns, compartir o cartaz con outros usuarios...
Permite embeber o resultado final noutros sitios web como blogues, redes sociais, wikis, páxina html, etc.
"Netreporteiros: O día X de Séchu Sende"
Autoría: moreiras
"Ramón Piñeiro López: unha vida a prol de Galicia"
Autoría: bibliocole
Ofrece servizos adicionais segundo licenza (de balde e Premium, que ofrece máis capacidade, subir vídeos...).
Permite compartir traballos con outros.
Permite integrar información externa de redes sociais.
Ofrece código incrustábel e ligazón.
Permite imprimir a liña do tempo.
"Historia da Lingua Galega"
Autoría: Dpto. de LG do IES de Viós
"Wikiespellos" (Educación Infantil)
Autoría: Uxía Acuña (CEIP de Aguiño)
Proxecto galardoado nos XXVII Premios Francisco Giner de los Ríos de innovación educativa
Se queres acceder a cada un dos traballos escolmados preme nas imaxes. Segundo teñas configurada a navegación, saltará unha ventá nova sen minimizarse esta ou aparece esa ventá nova e minimízase a actual.
"O Pinhal do Rei",
sobre a novela "Resistencia", de Rosa Aneiros.
Autoría: Loli Cid Cid e o seu alumnado de 1 de BAC do IES Pazo da Mercé das Neves
"Benito Soto", sobre a literatura galega do séc. XX
Autoría: Profesorado do Dpto. de LG e alumnado de 4 da ESO do IES David Buján de Cambre
Proxecto "Xanelas",
Autoría: Natalia Roibás Blanco e alumnado de 5 de Primaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte da Coruña. Materias: Lingua Galega e Lingua Castelá.
Máis información sobre o proxecto en http://ir.gl/c05289
Elaboración de proxectos de creación conxunta de contidos: elaboración dunha reportaxe colectiva, guías e sendeiros da localidade, traballo de investigación, diario de lectura (fichas bibliográficas, valoracións, sinopses...), tarefas de corrección de textos dos compañeiros, etc.
Creación de antoloxías, compilación e presentación de fontes documentais Presentación de información entre alumnado dos diversos centros dun intercambio.
Escrita colectiva: conto encadeado, xornal de aula, poemarios, etc.
Establecemento da asignación de tarefas de calquera tipo de traballo colaborativo.
Elaboración de glosarios ou dicionarios terminolóxicos da materia ou recolla de refráns e expresión feitas, lendas, contos, adiviñas...
"O caso de 'Cantares Gallegos'"
Autoría: Silvio Arlindo Borges
"La Literatura Medieval""
Autoría: José F. Vega
"Séculos Escuros"
Autoría: Gema Castro
"Fichas de libros"
Autoría: Iván Moreno (3 ciclo de EP)
"Variedades xeográficas da lingua galega"
Autoría: profedelour
"Lois Pereiro"
Autoría: villagrinder
"Gaia" (CMC de 1 Bacharelato)
Autoría: Adrián Pérez
IES Virxe do Mar de Noia
"Salvar un libro galego" (EPeV de 4 ESO)
Autoría: Ruth Veloso (docente) e alumnado
IES As Barxas de Moaña
"Lois Pereiro"
Autoría: David Barros Alfaro(docente) e alumnado
IES Ribeira do Louro do Porriño
Textos para se comunicar
Elaboración de itinerarios, viaxes ou saídas virtuais enriquecidas antes ou despois da súa realización a través da descrición de cada punto do percorrido.
Traballo de descrición e recoñecemento de lugares, episodios históricos e artísticos, etc.
Tarefas de uso de léxico relacionado coa demografía, o poboamento, o relevo e a xeografía.
Identificación de rutas literarias e das viaxes contidas nunha obra narrativa.
Elaboración de textos instrutivos ligados á xeolocalización de roteiros, xogos de pistas, visitas culturais, etc.
Realización de mapas biográficos que sitúan espazos vitais dos personaxes reseñados.
Creación do mapa vital do alumnado dun grupo multicultural e multiétnico.
Os mapas interactivos e multimedia combinan o coñecemento do concepto de xeoreferenciación cunha serie de funcionalidades que os fan adecuados para traballar nas aulas de lingua.
Moitos deles, dende GMaps até Ikimap, MapVivo ou Meipi, integran texto, ligazóns, vídeos, etc. nos mapas creados.
MapVivo ofrece un manexo sinxelo, un contorno agradábel e atractivo e a posibilidade de incrutar imaxes e vídeo.
Pódese compartir nalgunhas redes sociais e comentar os mapas pero non integrar en sitios web.
Os mapas visualízanse tamén con vista de satñelite, híbrido (mapa + satélite) e de relevo.
- As TIC son unha boa oportunidade para o cambio e a innovación educativa.
- O alumnado está inmerso nunha sociedade tecnificada, e nós?
- Só se integrarán na práctica educativa cando se empreguen con fins curriculares e para estimular o desenvolvemento de aprendizaxes no alumnado.
- A innovación coas TIC non consiste en facer máis do mesmo.
a. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para algo que facemos MAL na versión analóxica.
B. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para o que facemos BEN na versión analóxica.
C. Quizais debamos usar a tecnoloxía para facer MELLOR algo que facemos BEN na versión analóxica.
- Que tememos máis? Ao uso dos medios ou o cambio metodolóxico que iso conleva
Conclusións
Procurar, seleccionar, sintetizar e distribuír información na rede.
Expresarse por escrito e apoiar unha presentación oral.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presentar e comunicar os resultados.
Comentar unha obra literaria, un cadro, unha escultura, un filme, un monumento...
Facer descricións.
Consultar, definir e exemplificar vocabulario.
Traballar en equipo
Compoñer e mostrar creacións literarias colectivas. (...)
WIKI
Presentacións multimedia
Procurar, seleccionar, sintetizar e distribuír información.
Expresarse por escrito e oralmente.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presenta e comunicar os resultados.r un debate en clase
Comentar unha obra literaria, un cadro, unha escultura, un filme, un monumento...
Contar historias en formato dixital e multimedia.
Realizar campañas publicitarias e cartaces anunciadores de actividades, así como facer exposicións.
Elaborar o xornal ou a revista escolar, a portada, a campaña de difusión, etc.
Elaborar un guía de viaxe ou a reportaxe dunha excursión, etc.
Traballar en equipo.
Liñas do tempo
Mapas conceptuais
Literatura dixital
Mapas interactivos
Podcast
Expresarse por escrito e apoiar unha presentación oral.
Procurar, seleccionar, sintetizar e distribuír información nun plano cronolóxico.
Traballar a noción de tempo e a súa representación lineal.
Expresarse por escrito e apoiar unha presentación oral.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presentar e comunicar os resultados.
Contar ou plasmar graficamente un relato (literario ou non).
Captar os conceptos narratolóxicos relacionados coa estrutura temporal (tempo interno e externo, saltos temporais...).
Levantar rexistros dunha determinada actividade ou período.
Desenvolver e asimilar estratexias básicas de estudo e formación.
Traballar en equipo.
Definir e plasmar conceptos.
Xerar ideas e estruturar o coñecemento.
Describir estruturas e redes de relacionamento.
Describir procesos coas causas e consecuencias.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presentar e comunicar os resultados.
Expresarse por escrito e apoiar unha presentación oral.
Desenvolver e asimilar estratexias básicas de estudo e formación.
Traballar en equipo.
Identificar diferentes localizacións co obxectivo de personalizar mapas nos que situar marcas, liñas, delimitar zonas, itinerarios, escenarios, etc.
Traballar e interiorizar a noción de espazo na súa representación xeolocalizada.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presentar e comunicar os resultados, por escrito e como apoio a unha presentación oral.
Enriquecer as xeolocalizacións con informacións de relevancia en formato texto, imaxe, audio e vídeo.
Crear rutas e sendeiros virtuais.
Delimitar exploracións e viaxes de tipo histórico ou actuais.
Traballar en equipo.
Traballar as destrezas da expresión e a comprensión activa: expresarse oralmente, escoitarse para analizarse tras intervir oralmente ou tras ler un texto, a prosodia, o recitado, etc.
Gravar os resultados dunha investigación dun tema para compartir na rede.
Gravar un debate para traballar este xénero, tanto o contido como as técnicas e as pautas que lle son características a este xénero.
Valorar unha lectura, un filme, un acontecemento, etc. para traballar diferentes tipos de textos de maneira oral.
Elaborar historias, composicións poéticas e pezas teatrais.
Traballar os xéneros xornalísticos.
Crear un arquivo sonoro de acontecementos. (...)
Contar historias en formato dixital e multimedia nas que o texto se completa, explica ou desenvolver a partir de imaxes, sons, vídeos, termos hipervinculados...
Expresarse por escrito e oralmente.
Desenvolver tarefas de guionización de historias.
Establecer relacións significativas e creativas entre as distintas linguaxes verquidas no texto dixital e multimedia.
Ensaiar e cultivar o principio da economía lingüística (significativa)..
Impulsar a creatividade e habilidades de innovación ao se afrontaren problemas de modo imaxinativo.
Promover habilidades de pensamento crítico e composición escrita.
Facer investigacións dun tema: elaborar conclusións, presentar e comunicar os resultados ao xeito dun relato.
Traballar en equipo.
Un programa de edición
Podcasting

Ferramenta de manexo moi sinxelo que permite crear presentacións en liña.
Showbeyond preséntase como unha aplicación para “tell stories, your stories”, definindo claramente a súa proxección na web 2.0.
Integra imaxes, subidas polo usuario ou aloxadas na rede; audio, non só pistas cargadas do PC ou da rede, senón tamén gravación directa de voz; e texto, ao que lle deixa un espazo xeneroso.
Presenta unha disposición limitada das imaxes, tamén de temas, cores ou efectos.
Permite incrustar as producións noutros sitios web e, ao igual que outras aplicacións vistas, permite a interacción a través dos comentarios.
Elaboración de historias en texto escrito, oral ou ambos, xunto co apoio de imaxes, con tendencia á brevidade.
Antoloxías de microrrelatos e contos encadeados do grupo.
Elaboración de guións gráficos.
Acompañamento oral ou escrito de historias ilustradas.
Apoio dunha exposicón oral.
Realización de traballos de investigación temática.
Crónica de eventos e de actividades escolares.
Realización de biografías propias ou non (ídolos xuvenís, personaxes históricos, artistas, etc.).
Elaboración de recomendacións literarias.
"Cuento de Patricia"
Autoría: nrnavrosa1
"El crepúsculo de los Dioses"
Autoría: Mario Aller (contomundi.blogspot.com)
"Venecia"
Autoría: Villaves56
Existen diversas aplicacións 2.0 para elaborar narracións dixitais animadas en formato de banda deseñada, como GoAnimate! ou Toondoo.
GoAnimate permite crear animacións de banda deseñada mediante flash. O usuario pode escoller fondos, personaxes en movemento e obxectos, trazar unha secuencia narrativa e mesmo pasar ideas a un guión.
GoAnimate! tamén permite incluír imaxes, música, efectos sonoros, música, efectos de pantalla (planos), subtítulos e mesmo voces en off.
Tamén ofrece diferentes tipografías, tamaños de letra e globos diversos para os textos.
Toondoo é versátil pero máis limitado e non animado.
As producións pódense incrustar en sitios web, enviar por correo e mover nas redes sociais.
Actividades comunicativas asociadas a este formato: lectura, comprensión, reforzo de construción gramatical e léxica, guionización (secuenciación e estrutura de historias)...
Creación de tiras humorísticas ou contos e relatos.
Elaboración de animacións ao xeito de filmes.
Construción de diálogos.
Ilustración de microrrelatos.
Presentación contextualizada de léxico e expresións feitas.
Traballos de investigación temática.
Representación de feitos históricos e biografías de personaxes de relevancia sociohistórica.
Creación de felicitacións de aniversario, para festas, etc.
Simulacións con asunción de roles.
"Uff" (Educación Primaria GaLe)
Autoría: Xaime Varela (docente) e alumnado de galego do Instituto Cañada Blanch de Londres
"Outro mundo é posible"
Autoría: Pilar Ponte "A Profa" (docente)
"Queres unha casa?"
Autoría: Raquel e Jenny
Traballo presentado ao concurso 24 horas gallego full screen (EuFalo.TV-GalegoLab)
Presentación de creacións multimedia no que se organizan as diapositivas de diversas formas, como caleidoscopio, colaxe ou incrustando imaxes no pano de fondo.
As imaxes pásanse horizontalmente e combínanse con texto escrito, vídeos e ligazóns.
Permite subir imaxes dende o PC ou dende sitios web de almacenamento de imaxes.
Permite crear historias multimedia que logo se poden partillar na rede.
O tratamento da imaxe é versátil: crea transparencias, álbums, estilos variados
A través do correo, de ligazóns ou do código embed pode moverse pola rede.
Posibilita o traballo cooperativo.
Elaboración de creacións literarias multimedia: narrativas, poéticas...
Presentación de temas coa información e os conceptos de maneira conectada.
Elaboración de diaporamas para anunciar actividades, traballos publicitarios, etc.
Exposición de temas de investigación.
Elaboración de secuencias temporais apiadas en puntos clave enriquecidos.
Presentación de reseñas enriquecidas sobre lecturas, filmes e outros produtos culturais.
Confección de viaxes virtuais preparatorias ou crónicas de intercambios, excursións...
Creación dun álbum comentado de fotografías biográficas.
"Máis alá da historia, outras historias"
Autoría: Pilar Ponte "A Profa"
UD sobre "Ás de Bolboreta", de Rosa Aneiros
"O Cavaleiro de Dinamarca"
Autoría: Ler e Escrever
"Ás miñas costas calada"
Recitado dun poema de Ramón Cabanillas
Autoría: alumna de 4 da ESO do IES de Porto do Son
"A Fume de Carozo (AFDC)"
Programa de Radio Escolar do ENDL
Colexio Calasanz Da Coruña
Coordinador: Roberto Catoira (docente)
"Radio A Tabarra"
Programa de Radio Escolardo ENDL
IES da Pobra do Caramiñal
Coordinador: Luciano Fernández 'Xano' (docente)
"O Meu Son" (proba)
Xeolocalización do proxecto homónimo: http://vimeo.com/soncine
IES de Porto do Son. (Curso 2010-2011)
Autoría: Román Cerqueiro Landín
"I Salida Proyecto Altana"
http://ceiprosariomacael.blogspot.com/2009/04/llegamos.html
Como podcast (ipod + broadcast) coñécese unha ferramenta da web 2.0 que permite crear contidos de audio para partillar na rede mediante subscrición.
Para elaborar un podcast simplemente hai que gravar e pasar, se se quere, ese arquivo por un programa de edición de audio, como Audacity.
O podcasting reúne os trazos característicos da web 2.0: embébese mediante código, dispón de comentarios, fornece unha ligazón, etc.
Pódese escoitar en liña, descargar a un dispositivo portátil, a un PC, etc. en formatos habituais (mp3, wav, wma...
Hai moitos servidores de podcast cunhas interfaces moi variadas, algúns en forma de blogue.
Elaboración de todo tipo de exercicios relacionados coa oralidade, que permiten mostrar ao alumnado a voz como sinal de identidade e autocoñecemento (modulación, dominio de diferentes rexistros, vocalización, etc.).
Tarefas de potenciamento do uso formal da lingua: gravar presentacións orais, actos públicos, debates, etc.
Elaboración de programas de radio escolar.
Aprender e gozar da interpretación de diferentes textos creativos: recitado de poemas, realización de fotonovelas radiadas e teatro radiofónico.
Traballos arredor dos xéneros xornalísticos.
Elaboración de audioguías locais (do propio centro ao alumnado novo, ao alumnado dun centro co que se fai un intercambio, da vila na que se vive, de sendeiros, de monumentos e edificios singulares, etc.).
Presentación de traballos de aula: sobre unha lectura, un tema, etc.
Elaboración de anuncios publicitarios.
Creación dun laboratorio sonoro.
Realización de tarefas comunicativas para o alumnado inmigrante e de actividades de aprendizaxe de segundas linguas en xeral.
"Fomos ficando sós" (proba)
Autoría: Román C. Landín
Imaxes tomadas do blogue: Homes de pedra en barcos de pau
Para calquera man que se poida botar, andamos por aquí: www.cadernodelingua.wordpress.com
e landin@edu.xunta.es

Moitas grazas
pola vosa atención!
Full transcript