Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

The Beatles

Breve resumo da historia desta banda, no seu 50 aniversario.
by

Mercedes Gonzalez Leal

on 29 January 2013

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of The Beatles

50 anos de "The Beatles" Compoñentes Curiosidades Love me do Yesterday Paul McCartney “Love Me Do” a súa primeira canción era simple e auténtica e significa que todo é moi simple e que non hai que analizar todas as situacións, simplemente gozar do momento, complicarse non paga a pena. Esta canción marcoulles un camiño a seguir, con ela entraron nas listas de éxitos. “Yesterday” adoita emocionar á xente. Trata dunha aventura amorosa que, por algún motivo, non funcionou, deixando ao cantante sumido nunha reflexión triste acerca do onte: Cando "o amor era un xogo tan doado de xogar" e todo era máis sinxelo. George Harrison John Lennon Ringo Starr Naceu o 7 xullo de 1940 en Liverpool. Foi o último en unirse á banda en 1962. Foi cantante e compositor na banda. Naceu o 18 de Xuño de 1942 en Liverpool. O 6 de xullo de 1957 coñeceu a John Lennon, días despois invitárono a unirse ao grupo. Na banda foi vocalista, baixista e pianista. É o compositor de máis éxito no mundo. Obtivo 60 discos de ouro. Naceu o 25 de febreiro de 1943 en Liverpool. Uniuse á banda en marzo de 1958. Foi guitarrista solista e vocalista dentro da banda. Morreu en novembro do 2001. Naceu o 9 de outubro de 1940 en Liverpool. Foi o cantante principal, compositor, pianistae guitarrista. Morreu o 8 de Decembro de 1980, asasinado por un fan perturbado. Na década dos 50, en Liverpool, Inglaterra, dominaba o skiffle (estilo musical derivado do jazz. no cal se pode tocar co que se teña máis á man, como por exemplo latas, cubos, etc. John Lennon formara, no colexio no que se encontraba (Quarry Bank Grammar), unha banda chamada "The Quarrymen", formada por algúns compañeiros seus.

Máis tarde coñeceu a Paul McCartney grazas a un amigo común, Ivan Vaughan, o cal os presentou ao finalizar un recital que deron "The Quarrymen" o 6 de xullo de 1957. A partir de entón, John Lennon e Paul McCartney fixéronse amigos inseparables. Por ser John o lider do grupo, decidiu que Paul se unise a eles, non só por ser o seu amigo, senón tamén porque tocaba moi ben a guitarra, e ademais era o único deles que sabía afinar ben.

Algún tempo despois coñeceron a George Harrison, quen lles pareceu que tocaba ben a guitarra, aínda que non se uniu ao grupo ata un tempo máis tarde, debido a que era algo máis novo que John e Paul.

Deste modo, John Lennon, Paul McCartney e George Harrison, xunto con Pete Best (batería) e Stuart Sutcliffe (baixo), formaron unha banda. Cambiaron de nome en numerosas ocasións. Comezaron como "Silver Beetles", posteriormente cámbiano por "Silver Beatles", e con ese nome viaxaron a Hamburgo (Alemaña), cun pobre contrato. Alí, deberon tocar durante oito horas diarias nunhas condicións deplorables. Tamén alí coñeceron a Astrid Kirchner, unha fotógrafa que se namorou de Stuart Sutcliffe, a cal lles deseña un novo peiteado: os flocos, que tantas persoas trataron posteriormente de imitar. Para entón xa se chamaban "The Beatles" Con Tony Sheridan gravaron un par de singles. Polo visto, o grupo tivo hai algúns anos unha pelexa na rúa en Liverpool, e mentres todos lograron escapar, Tony non puido, e John regresou para salvalo a vida. Pero esa pelexa deixou unha secuela importante, e é que uns anos despois, Tony tivo un derramo cerebral, e morreu. Isto sumiu o grupo nunha profunda tristura. Deste modo, Paul encárgase do baixo, e o grupo deixa Hamburgo para regresar a Liverpool.

Sen decatarse, en Hamburgo melloraran moito na súa música, e despois dun tempo sen tocar, volvérono facer nun pequeno e sucio local, The Cavern (en Liverpool), onde se decatan progresos que fixeran en Hamburgo dos increibles. Brian Epstein, dono dunha casa discográfica, quedou impresionado durante unha actuación do grupo, e inmediatamente proponlles ser o seu apoderado. Os rapaces aceptan, xa que lles urxe o poder gravar, pero pronto descobren que iso non sería unha tarefa doada.

Despois de moitos rexeitamentos de compañías discográficas, Brian conséguelles unhas probas en Parlophone, unha sucursal da EMI. George Martin, o produtor da EMI que tiña que avalialos, tivo unha boa impresión, aínda que comunicou o grupo que se non cambiaban de batería poderían gravar nunca, xa que para el, non resultaba dunha gran calidade, e podía facer que a banda non tivese éxito. Dito isto, os compoñentes dos Beatles tomaron unha decisión: Pete Best foi botado do grupo, e no seu lugar colocouse Ringo Starr, quen era membro da banda de Roy Storm, e que tocara con eles en Hamburgo. Deste modo, obteñen o contrato para gravar, e realizan o sinxelo "Love Me Do", co que lograron situarse nas listas de éxitos do Reino Unido. En 1963, "Please, please me ", "From me to you" e "She loves you" tamén acceden ás listas de éxito en postos preferentes. Nace deste xeito a beatlemanía, a adoración dos seus incondicionais, principalmente adolescentes, que mostran o seu fanatismo pola banda de xeito desbordado.
Un ano máis tarde os Beatles asaltan o mercado norteamericano, onde os seus temas alcanzan os primeiros postos nas listas de éxito. Paralelamente ao seu traballo musical e aproveitando a súa enorme popularidade, os Beatles rodan algunhas películas, entre as que destacan " Que noite a daquel día! " en 1964, e "O submarino amarelo", de 1968.

Mentres tanto, os Beatles seguen aumentando a súa discografía e o éxito e popularidade da banda crecen de xeito imparable. En 1967 aparece un dos seus traballos máis destacados, "Sgt. Pepper's lonely hearts club band", un LP que marcaría o nacemento da música psicodélica e supuxo un rotundo éxito mundial para o grupo británico, que alcanzou o número un simultáneamente nas listas británicas e estadounidenses.

En 1970 publican "Let it be", probablemente un dos seus mellores temas, pero as desavinzas entre os membros do grupo fan que os Beatles se separen, comezando cada un a súa propia carreira en solitario. En 1980 John Lennon é asasinado por un perturbado, un feito que causou unha gran conmoción en todo o mundo e impediu, definitivamente, calquera reencontro da banda. Con Tony Sheridan gravaron un par de singles. Polo visto, o grupo tivo hai algúns anos unha pelexa na rúa en Liverpool, e mentres todos lograron escapar, Tony non puido, e John regresou para salvalo a vida. Pero esa pelexa deixou unha secuela importante, e é que uns anos despois, Tony tivo un derramo cerebral, e morreu. Isto sumiu o grupo nunha profunda tristura. Deste modo, Paul encárgase do baixo, e o grupo deixa Hamburgo para regresar a Liverpool.

Sen decatarse, en Hamburgo melloraran moito na súa música, e despois dun tempo sen tocar, volvérono facer nun pequeno e sucio local, The Cavern (en Liverpool), onde se decatan progresos que fixeran en Hamburgo dos increibles. Brian Epstein, dono dunha casa discográfica, quedou impresionado durante unha actuación do grupo, e inmediatamente proponlles ser o seu apoderado. Os rapaces aceptan, xa que lles urxe o poder gravar, pero pronto descobren que iso non sería unha tarefa doada.

Despois de moitos rexeitamentos de compañías discográficas, Brian conséguelles unhas probas en Parlophone, unha sucursal da EMI. George Martin, o produtor da EMI que tiña que avalialos, tivo unha boa impresión, aínda que comunicou o grupo que se non cambiaban de batería poderían gravar nunca, xa que para el, non resultaba dunha gran calidade, e podía facer que a banda non tivese éxito. Dito isto, os compoñentes dos Beatles tomaron unha decisión: Pete Best foi botado do grupo, e no seu lugar colocouse Ringo Starr, quen era membro da banda de Roy Storm, e que tocara con eles en Hamburgo. Deste modo, obteñen o contrato para gravar, e realizan o sinxelo "Love Me Do", co que lograron situarse nas listas de éxitos do Reino Unido. En 1963, "Please, please me ", "From me to you" e "She loves you" tamén acceden ás listas de éxito en postos preferentes. Nace deste xeito a beatlemanía, a adoración dos seus incondicionais, principalmente adolescentes, que mostran o seu fanatismo pola banda de xeito desbordado. Un ano máis tarde os Beatles asaltan o mercado norteamericano, onde os seus temas alcanzan os primeiros postos nas listas de éxito. Paralelamente ao seu traballo musical e aproveitando a súa enorme popularidade, os Beatles rodan algunhas películas, entre as que destacan " Que noite a daquel día! " en 1964, e "O submarino amarelo", de 1968.

Mentres tanto, os Beatles seguen aumentando a súa discografía e o éxito e popularidade da banda crecen de xeito imparable. En 1967 aparece un dos seus traballos máis destacados, "Sgt. Pepper's lonely hearts club band", un LP que marcaría o nacemento da música psicodélica e supuxo un rotundo éxito mundial para o grupo británico, que alcanzou o número un simultáneamente nas listas británicas e estadounidenses.

En 1970 publican "Let it be", probablemente un dos seus mellores temas, pero as desavinzas entre os membros do grupo fan que os Beatles se separen, comezando cada un a súa propia carreira en solitario. En 1980 John Lennon é asasinado por un perturbado, un feito que causou unha gran conmoción en todo o mundo e impediu, definitivamente, calquera reencontro da banda. Todo o mundo quere ser Beatle
Un dos pasos de peóns máis fotografados do mundo.
Son seis liñas brancas pintadas sobre o asfalto dunha rúa ao norte de Londres. E un imán para miles de turistas que durante todo o ano acoden alí a tomarse a mesma foto que se fixeron os Beatles para a portada do seu último disco, titulado Abbey Road, como a rúa na que se encontran os estudos da discográfica EMI, na que gravaron o 90% da súa produción. Na web deses estudos pódese ver a imaxe dunha cámara apuntando 24 horas cara ao paso de peóns. A nostálxica viaxe
Un autobús adquirido por Hard Rock Café e unha réplica que ofrece unha viaxe turística á nostalxia de máis de dúas horas.
O modelo é practicamente idéntico a aquel autocar que utilizaron os Beatles para rodar a súa película Magical Mystery Tour. O vehículo orixinal foi comprado polo poderío estadounidense da cadea Hard Rock e agora está en Orlando. Pero esta réplica, aparcada moi preto da casa na que pasou a súa nenez Paul McCartney, realiza un dos percorridos centrados nos Beatles máis nostálxicos de todos os que se ofrecen en Liverpool. Unha lenda de 15.000 ladrillos:
The Cavern. O garito de Liverpool onde case todo empezou.
O 9 de novembro de 1961, un home chamado Brian Epstein foi a ver a The
Beatles a The Cavern. Por entón, o grupo tocaba nunha sesión vespertina. Ese día, Epstein decidiu converterse en apoderado do grupo e alí mesmo concertou unha cita co cazatalentos da discográfica Decca. O club orixinal pechouse en marzo de 1973 e practicamente o 50% do local foi destruído para a construción dunha estación de metro. En 1984 volveu abrir recuperando parte do espazo orixinal e, segundo contan os seus responsables, utilizáronse 15.000 ladrillos do anterior garito para reconstruír o novo The Cavern. A fama de The Cavern continúa intacta, tanto que se ofreceu en moitas ocasións para concertos sorpresa como os que deron Arctic Monkeys, Oasis ou Travis. A orixe do seu nome Nun principio John e Stuart querían que o grupo se chamase “HEY” porque tiña un doble sentido ao igual que “The Crickets” o seu grupo favorito que significaba grilos e fai referencia ó xogo.
Por outra parte Stuart era un grande admirador de "Marlon Brando", e na película Salvaxe había unha escena na que Lee Marvin di: "Johnny, estivémosche a buscar, as "Beetles" bótanche de menos, todas as Beetles che botan de menos" (referíanse a unhas rapazas que van en moto), pero despois John con Stuart decidiron chamarse "The Beatles", porque significaba dúas cousas, escaravellos; e música "beat" (que vén de ritmo). Fontes consultadas:
 El País, 50 años de “The Beatles”.
 Biblioteca Educa LIM música: Musikeando Blog da aula de música do CEIP Cruceiro de Vilalonga .
 Galipedia.
 Wikipedia.
 Biografías y vidas.com
 Club Beatle Cantabria.
 Hacemos música, compartimos música: Blog da aula de música do IES San Miguel de Meruelo.
 You Tube



Traballo realizado por:
Belén García González
Lucía García González
Full transcript