Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Modelos de atención á infancia e o proceso de ensino aprendizaxe

No description
by

Xesús Fortes Gómez

on 11 January 2016

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Modelos de atención á infancia e o proceso de ensino aprendizaxe

Modelos de atención á infancia e o proceso de ensino aprendizaxe
Antecedentes da educación infantil
Antigüidade
Quintiliano
Os menores de 7 anos poden facer aprendizaxes sempre que sexan a partir de xogos.
Aristóteles
0-2 anos: Primeira idade
2-7 anos: Educación infantil (na casa familiar)
2-5 anos: actividade principal o xogo
5-7 anos: asistencia como “oíntes” ás sesións escolares
Aristóteles
384 aC ao 322 aC
Quintiliano
(Calagurris, actual Calahorra, circa 39 – Roma, c. 95)
Primeiras institucións
de educación infantil
As Migas ou escolas de Amiga (España desde o s. XVI até o s. XX
Dame Schools (Escolas de Dama)- Gran Bretaña, s. XVII
Écoles à tricoter (Escolas de punto)- Francia, s. XVIII
Xorden en Andalucía
Garda dos nenos das xornaleiras/os: Traballo temporal.
Especie de gardería na que as mulleres que tiñan nenos se alternaban para coidalos.
Miga fixa: Muller imposibilitada para as faenas agrícolas.
Recitaban oracións, cantaban e, en ocasións, aprendían as letras e os números.
Dame school en 1872
Escolas privadas de baixo custo.
Habitación dunha casa.
Nenas e nenos de 2 a 15 anos.
Mínima instrución:
Rudimentos de escritura
Coñecemento da Biblia
Labores domésticos
"Mestra" con escasa preparación.

Fúndaas en 1771 en Ban de la Roche (Francia)
Atenden a nenos de 4 a 7 anos.
Jean-Frederic Oberlin
Colección escolar de Oberlin
Oración da mañá e da tarde.
Aprendizaxe da calceta.
Aprendizaxe do alfabeto e lectura.
Caligrafía (escritura ).
Canto e recitación.
Cálculo mental .
Recoñecemento de cores.
Historia natural.
Historia bíblica.
Escolas de punto
Modelos institucionais
Infant school (Robert Owen)
Escolas Mutuas (Joseph Lancaster)
Aulas de hospitalidade (Pastoret)
Aulas de Asilo (Jean Denys Cochin)
Escola Maternal (Marie Pape-Carpentier)
Escola de párvulos (Pablo Montesino)
Recreación da aula dos máis pequenos
New Lanark hoxe

1816: New Lanark (Escocia)
Nenas/os de 18 a 10 ou 12 anos.
Programa baseado no canto, no baile e na observación da natureza.
Robert Owen
1778-1838 (Inglaterra)
O mesmo alumnado transmítense o coñecemento.
O mestre supervisa e vixía, só intervén cando é preciso.
Joseph Lancaster
Madame Pastoret e o seu fillo David
1801: Francia
Posición máis próxima á gardería que ao parvulario.
Madame Pastoret
Alcalde dun distrito de París.
1826: Funda as Salas de asilo.
Inicia a formación de persoal para traballar nos seus centros.
En 1833 publica o "Manual das salles d'asile" no que recolle consellos para as educadoras
Tamén publica: “Da caridade á instrución”.
Considera que é necesario preservar á infancia dos perigos morais e físicos da rúa.
Jean Denys Cochin
Iniciadora da Escola maternal en Francia.
En 1845 publica “Consellos sobre a dirección das salas de asilo”.
Defende :
Laicismo.
Uso dunha metodoloxía natural
Importancia da educación sensorial e moral.
Respecto pola espontaneidade.
Adaptación ao desenvolvemento do neno.
Marie Pape-Carpentier
Impulsa a creación, en 1838, da primeira escola de párvulos en España.
En 1839 crea a Escola Normal central.
Defende a educación da muller e a formación d@s mestr@s.
Propón unha metodoloxía baseada no xogo, o coñecemento da contorna mediante a observación e a educación atractiva (leccións de cousas).
Pablo Montesino
“A Institución Libre de Enseñanza, na distancia, segue a ser un referente para todo o que se poida relacionar coa modernidade, coa renovación político-educativa e, en xeral, para todo o que teña algo que ver coa vangarda pedagóxica europea dos últimos cento trinta anos.” (Herminio Barreiro).
A proposta educativa de Giner de los Ríos, inspirada nas obras de Rousseau, Pestalozzi e Froebel, inscríbese no movemento da escola activa.
A actividade do alumnado constitúe a base esencial do seu credo pedagóxico.
“Se vedes na escola nen@s quiet@s, calad@s, que nen rin ni alborotan, é que están mort@s: enterradeos”
(Giner de los Ríos, 1867).
A ILE concebía a coeducación como un principio esencial do réxime escolar. Os institucionistas concedían asemade unha gran importancia ao tempo de lecer do alumnado.
Nado en Ronda, estuda Filosofía e recibe a influencia do krausismo, a través do profesor Sanz del Río.
Catedrático de Filosofía do Dereito e Dereito Internacional da Universidade de Madrid.
En 1875 enfréntase, con outros compañeiros, a unha ordeanza que atentaba contra a libertade de cátedra, polo que foi expulsado da súa cátedra.
Francisco Giner de los Ríos
As saídas pedagóxicas, co obxecto de coñecer a contorna, eran un aspecto fundamental da instrución na ILE. Previamente explicábaselle ao alumnado o obxecto principal da excursión, a nivel xeográfico, de natureza, poboación... A información completábase durante a saída e á volta facíase unha discusión integradora.
As aulas na Institución duraban 45 minutos, excepto as da primeira sección (párvulos) que eran máis curtas. Entre aula e aula dábase un descanso de 15 minutos.
O alumnado non levaba «deberes» para a casa, pois todo o traballo se realizaba na aula.
Os institucionistas eran contrarios ao libro de texto, propondo a biblioteca de aula.
Foto de familia na Francisco Giner aparece acompañado por Ricardo Rubio, Manuel B. Cossío, Alberto Giner a dona deste e o seu fillo.
A partir de 1881 empezaron a formar parte do corpo docente da Institución profesores formados na mesma: Manuel Bartolomé Cossío, que sucederá a Giner á fronte da ILE, Ricardo Rubio, Pedro Blanco, Ángel do Rego, José Ontañón, Pedro Jiménez-Landi...
O seu labor afianzará o proxecto institucionista garantindo a súa continuidade.
Francisco Giner durante unha saída pedagóxica
ILE: establecemento educativo privado que nas súas primeiras experiencias se orientou cara ao ensino universitario e, despois, á educación primaria e secundaria.
Ao proxecto sumáronse Joaquín Costa, Augusto González de Linares, Hermenegildo Giner, Federico Rubio e outras personalidades comprometidas na renovación educativa, cultural e social.
1876: Francisco Giner de los Ríos xunto con algúns compañeiros, entre os que se atopaban Gumersindo de Azcárate e Nicolás Salmerón, fundan a Institución Libre de Enseñanza.
Principais tendencias pedagóxicas na educación infantil
Considera a educación un medio eficaz de cambio social.
Alternativas
A escola tradicional.
Inícianse as saídas das aulas para, en contacto coa natureza, buscar novos contidos.
A aula é un ríxido sistema competitivo e xerarquizado.
Importancia primordial d@ mestr@.
Aceptación do castigo como método de ensino.
Importancia do mundo clásico
Illamento no interior dos centros, fronte á vida exterior.
Corrente da Escola Nova.
Trocar o maxistrocentrismo polo paidocentrismo.
Corrente antiautoritaria. Defende a liberdade como principio, medio e fin da educación.
Posicións marxistas. Entenden a crise da escola dentro do marco da crise da sociedade.
Reformar a educación para cambiar a sociedade.
Eliminar a pasividade do alumnado
Partir dos intereses das nenas e nenos
Propón:
Fundaméntase nos avances da psicoloxía infantil.
Utilizar técnicas novas partindo das iniciativas e potencialidades do alumnado.
Ten un carácter elitista na maioría dos casos
Escola Nova
A infancia non é un estadio de preparación para a vida adulta senón un estadio con sentido e funcionalidade en si mesmo.
Non hai aprendizaxe efectiva que non parta dalgunha necesidade ou interese do neno.
O principal detonante da súa extensión por toda Europa occidental e Estados Unidos son as Guerras Mundiais.
Considéranse máis instrutivas as experiencias cotiás que os manuais escolares.
Métodos activos de aprendizaxe
Novo rol d@ mestr@
Pasa a ser @ auxiliar do, libre e espontáneo, desenvolvemento d@ nen@.
Trócase o castigo e a intervención directa d@ mestr@ por un certo autogoberno e o principio da democracia, cooperación e a solidariedade dentro da aula.
Redimensionamento da conduta d@ mestr@ sobre a súa palabra.
Didáctica Magna, Orbis Pictus e Pampedia
.
Orbis Pictus (método de lectura ideográfico).
Comenio
Método educativo
Moravia 1592 - Amsterdam 1670
Marco de aprendizaxe na familia.
Obxectivos
Adquisición dalgunhas nocións básicas das ciencias que logo aprenderán.
Adquisición da linguaxe.
Desenvolvemento dos sentidos.
Principios ou fundamentos para ensinar e aprender:
Empezar cedo, antes da corrupción do espírito.
Actuar coa debida preparación dos espíritos.
Proceder do xeral ao particular e do máis fácil ao máis difícil.
Proceder con calma en todo.
Non cargar con exceso os/as aprendices.
Non obrigar aos espíritos a nada que non lles conveña por razón do método.
Ensinar todo polos sentidos actuais, buscando a súa aplicación inmediata.
Sempre por un só e co mesmo método.
Divídea en graos, o último dos cales é o único que implica unha actividade escolar propiamente dita.
Primeiro en concibir como tal a ciencia da educación.
Defende:
A educación temperá.
A coeducación.
O ensino simultáneo.
Unha escola única, gratuíta e universal.
O ensino na lingua materna d@s escolares.
Escola materna
Obras destacadas
Propón:
Partir dos intereses da infancia, non se trata de ensinar moitas cousas, senón de motivar o descubremento.
A liberdade.
Obras destacadas:
Emilio
e
O Contrato Social
, perseguidas pola Inquisición.
Infancia período con identidade en si mesmo.
Importancia de achegar a infancia á natureza
Aprendizaxe pola acción directa sobre as cousas.
Critica a utilización da linguaxe adulta (verbal e escrita) sobre a linguaxe da infancia (sensacións, accións e xogos).

Filósofo preocupado pola educación.
Obra pedagóxica fundamental:
Emilio
.
O home é un ser naturalmente bo, os culpables das maldades serán a civilización e o progreso
.
Defende unha nova educación para unha nova sociedade.
Rousseau
Xenebra 1712 - Ermenonville 1778
Importancia da contorna natural .
Educación infantil dentro da familia, traballando:
Os sentidos
O pensamento lóxico-matemático
A linguaxe.
Todo de xeito natural e intuitivo, seguindo as liñas do desenvolvemento infantil, sen adiantar pasos.
Relaciona inicio da educación e percepción sensorial.
Rexeita o ensino acumulativo.
Persegue a autonomía física e intelectual.
Método intuitivo:
Indúcese a buscar
Axúdase a encontrar.
Encamíñase
Déixase o mérito de dar pasos por un mesmo.

1805: crea en Iverdon o Centro pestalozziano, cunha escola primaria e unha secundaria para nenos, outra para nenas, unha escola para a formación do profesorado e un centro de formación profesional.
Outorga grande importancia á educación dos primeiros anos.
Destacan na súa proposta:
O xeito de pasar do concreto ao abstracto, da parte ao todo, do próximo ao afastado e do simple ao complexo.
O método intuitivo.
A necesidade de levar un desenvolvemento harmónico tanto físico, moral, afectivo como intelectual.
1801. Escola elemental en Burgdorf, percibe a importancia do coñecemento da infancia e da formación do profesorado.
1798. Asilo para orfos de guerra en Stanz .
1774. Granxa-escola en Neuhof na que recolle nen@s orf@s que manterá ás súas expensas. Monta uns talleres de fiadores, para que os nenos traballen.
Experiencias pedagóxicas de Pestalozzi:
Pestalozzi rodeado do seu alumnado - Karl Grob
Zurich 1746 - Brugg 1827
Pedagogo de orixe Suizo-Alemán, é o discípulo máis directo de Rousseau.
Pestalozzi.
Plano dun xardín de infancia baseado no modelo Fröebel.
O principal espazo dentro da escola de Fröebel é a horta:
Ocupa a maior extensión.
Conta con espazo suficiente para que cada nena/o realice o seu traballo individual en contacto coa terra e para a actividade colectiva.
Está dotado de lugares que serven de almacén para os materiais utilizados (cabanas), espazos para as interaccións dos nenos e nenas con diversos animais: peixes, aves, pequenos mamíferos...
O espazo exterior
O pasamento de Fröebel antes de finalizar o deseño do seu sistema, leva aos seus discípulos a continuar co traballo introducindo materiais brandos e flexibles.
Ademais do xogo deseñou outras actividades que tiñan a intención de desenvolver a actividade manual, como por exemplo o entrelazado e pregado, o tecido, o recortado e o picado.
Daba tamén importancia á actividade física, cun sistema para cada idade.
A formación nos Kindergarten completábase coa actividade musical (canto e música) e co cultivo en pequenas parcelas (hortos).
O método de Fröebel
Documento sobre a Escola Fröebel de Madrid (1916)
En España os Kindergarten foron introducidos por xente de ideoloxía liberal.
Un dos seus máis firmes defensores será Giner de los Ríos.
Haberá que agardar ata o ano 1881 en que se crea en Madrid a Escola Modelo para párvulos.
Esta escola converteuse nun referente para moitas persoas desexosas de estudar o seu deseño.
Comprenden o edificio propiamente dito.
Destacan as salas de traballo, de forma rectangular ou cadrada, amplas e ben iluminadas.
En cada unha delas non hai máis de 25 nenos e nenas, e sempre terán unha saída directa ao patio.
No edificio tamén atopamos espazos que poden ter un carácter polivalente: a portería, o roupeiro ou a sala de recreo.
Espazos pechados
Nas escolas debe haber dous patios:
Un cuberto, que é o indicado, para os días de chuvia.
Outro descuberto con soportais ao seu arredor, con plantacións de árbores e cun círculo central cunha glorieta con plantas ou cunha fonte.
Espazos de transición
Taboíñas ou listonciños cos que se pasa do volume ao plano e á liña, para introducir ao neno na noción de superficie.
Séptimo don ou agasallo
Un cubo desarmable en vinte e sete ladrillos, tres deles cortado ao longo.
Sexto don ou agasallo
Bastonciños e bolas de enlazamento. Con eles os nenos forman figuras espaciais e estructuras arquitectónicas.
Octavo don ou agasallo
Introduce a forma triangular, seccionando o cubo polas diagonais, e permite a formación de figuras máis complexas.
Quinto don ou agasallo
Un cubo desarmable en oito ladrillos iguais, que permitirán os nenos e nenas traballar as dimensións e a formación de figuras xeométricas.
Cuarto don ou agasallo
Un cubo desarmable en oito cubiños iguais que permiten aos nenos e nenas xogar a facer e descompoñer formas.
Terceiro don ou agasallo
Seis pelotas con soportes, cada unha dunha cor (verde, azul, marelo, Iaranxa, vermello e violeta).
Primeiro don ou agasallo
Unha esfera, un cubo e un cilindro de madeira.
Obxectivo: Discriminar forma, peso, color e tamaño.
Segundo don ou agasallo
Friedrich Fröbel
ou Froebel
Oberweissbach, 1782 - Marienthal, 1852
Aumento da poboación e incorporación da muller ao traballo fóra do fogar.
Despois de visitar Iverdon crea en 1837, en Bad Blakenburg, o Instituto para nenos pequenos que en 1840 pasa a denominarse Kindergarten (xardín de infancia).
Recolle de Comenio, Rousseau e Pestalozzi a idea da necesidade da educación desde os primeiros momentos da vida.
Importancia da educación maternal.
Elabora diferentes escritos de orientación ás nais, e incluso un libro de cancións de berce Cantos de Nai .
Froebel e a súa obra
Principal obra de Fröebel, aclara as bases do seu pensamento.
Distingue dous grandes períodos no desenvolvemento da infancia:
A primeira infancia: coa axuda dos sentidos, @ nen@ irá sendo capaz de exteriorizar o interior e de interiorizar o exterior, destaca a importancia do xogo durante este período.
A infancia propiamente dita: caracterizada pola adquisición completa da linguaxe, é a etapa da instrución impartida na escola, dos xogos infantís o neno pasa ao traballo manual, verdadeira educación pola acción.
Tratado da educación do home (1826)
O traballo é levado por mulleres.
Tentou crear un centro de formación, aínda que non o conseguiu por problemas económicos.
Froebel baseou a súa teoría no coñecemento e respecto da natureza do neno.
A educación non debe estar baseada no costume e na tradición.
O Kindergarten terá que deseñar un ambiente conforme cun ser que fai, sente e pensa.
Concédelle importancia aos materiais estruturados creando os dons.
O Kindergarten
Os espazos
Materiais didácticos
Os dons ou agasallos
As escolas Fröebel en España
Compensan a falta de medios didácticos con materiais de refugallo que portaban os propios nenos.
Clasificaban e ordenaban o material, introducindo variables como a cor, o tamaño, a natureza, o peso, a dureza...
Museos didácticos.
Influenciadas por Fröebel dan importancia ao traballo manual, utilizando como principais materias primas o papel e as sementes.
Nas súas escolas practican o modelado: as mestras deben estar preparadas para propoñer modelos directamente ou aproveitando os traballos realizados por outros compañeiros ou compañeiras do grupo.
Outra das actividades que sustentan o sistema Agazzi é o debuxo libre ou espontáneo. A partir del os nenos e nenas exprésanse dándose a coñecer.
Desenvolveron o seu sistema educativo nos Asilos Mompiano en Brescia.
Rosa Agazzi (1866-1951)
Carolina Agazzi (1870-1945)
Conceden gran importancia ao medio natural:
Adaptan un espazo de horta no que os nenos e nenas exercitan as súas habilidades físicas ao tempo que observan os cambios que se producen nas plantas e asumen a responsabilidade do seu coidado.
Danlle tamén importancia á educación musical. A través do canto os nenos aprenden a gozar, desenvolvendo o autocontrol, a formación de sentimentos, a linguaxe...
O sistema desenvolvido polas irmás Agazzi nos últimos anos do s. XIX tivo unha gran aceptación sobre todo nas Escolas Infantís de Italia.
Dividían os materiais en dous tipos:
Materiais para exercicios da vida práctica e o xogo.
Materiais especiais para a discriminación sensorial, para as observacións e a primeira educación lingüística.
Na súa obra Lingua Parlata poden atoparse as ideas que guían as súas clases metódicas de linguaxe:
Perfeccionamento da pronunciación, partindo de exercicios de vocabulario e de recitar poesías curtas adaptadas aos interese dos nenos e nenas.
Fomento da liberdade expresiva dos nenos e nenas.
As correccións necesarias deben facerse con coidado de non frustrar a capacidade comunicativa dos cativos.
Educación auditiva: Caixas de sons, compases musicais.
Educación olfactiva: Frascos de olores.
Educación gustativa: Botellas con contagotas cos sabores principais.
Educación do tacto: Rugosidade, textura, temperatura, forma, volume.
Baséase na lección dos tres tempos de Seguin:
Contacto coa fonte do novo coñecemento:
Asociación da percepción sensorial co seu nome.
Posibilidade de repetición para fixalo:
Recoñecemento do obxecto que corresponde a unha cualidade (dáme o verde, dáme o grande, etc.).
Recoñecemento de contrastes (o máis grande, o máis claro, etc.).
Discriminación de obxectos similares polas súas cualidades forma, tamaño, cor, etc.
Comprobación:
A mestra pregunta como é un obxecto determinado
Diferentes fases no traballo co material sensorial:
Situado ao alcance das nenas e nenos.
Un só exemplar de cada un, o que facilitará a comprensión e permitiralle ordenar a súa mente.
Cada grupo de material representa unha mesma cualidade pero en distinto grao.
Cada grupo de obxectos presenta a súa gradación o máximo e o mínimo.
Autocorrectivo: Permite a comprobación do erro na súa utilización.
Estética coidada.
Os materiais, por si mesmos, deben motivar o interese e a atención, non só pola súa cualidade estética.
Características do material sensorial
Material sensorial: parte esencial do seu método. Deseñado por ela mesma, a partir dos exercicios propostos por Seguin para o traballo con discapacitados.
Pretende cambiar o nome de mestra polo de directora na idea de que non debe ter intervencións directas na instrución, senón só indirectas, planificando o ambiente e o material, pois é a relación do neno co material a parte activa da educación e non a intervención da mestra que sería limitadora da súa aprendizaxe.
A función da educadora será a observación científica do alumnado, ordenando o ambiente segundo as necesidades e posibilidades do neno, atendendo aos seus períodos sensibles.
Función do/a educador/a:
Recunchos de actividade:
De xogo (cociña, comedor, bonecas, etc.), de limpeza, de material sensorial (perceptivo, matemáticas, linguaxe, etc.).
Novo mobiliario escolar:
As mesas fáciles de mover e que agrupan a varios nenos reemplazan aos pupitres.
Os bancos trócanse por cadeiras lixeiras e proporcionadas aos pequenos.
Incorpóranse armarios para cada neno.
Os lavabos e inodoros están á súa altura.
Introdúcense adornos na aula.
En conxunto faise un deseño que permite a autonomía, responsabilizándose o alumnado da súa orde.
Importancia do deseño do ambiente educativo:
Aspectos nos que se fundamenta:
O seu método:
O principio de liberdade do neno, mediatizada pola actividade, será esencial no seu método.
A actividade ten que ser libre.
Estes principios de liberdade e actividade estarán mediados polo de responsabilidade.
Liberdade e actividade do neno:
Pedagoxía: Rousseau, Pestalozzi ou Fröebel. Incorporouse á Escola Nova.
Medicina: Itard e Seguin:
A importancia da educación para aprender a percibir.
A importancia da motivación.
Filosofía: idealistas como Bergson e Gentile, mais tamén de Locke ou Condillac, e mesmo da psicanálise.
Influencias que recibiu
Educación visual:
Tamaño: Torre rosa, barras vermellas.
Cor: Taboíñas de cores.
Formas planas: Figuras xeométricas.
Formas volumétricas: Sólidos xeométricos.
Material sensorial específico:
Material para a linguaxe: Letras de papel de lixa, caixa de letras, alfabetos móbiles, etc.
Agrúpaos en catro bloques principais:
Material motórico: é o que se traballa na actividade espontánea (sentarse nun lugar, vestirse, trasladar obxectos, etc.).
Os materiais:
As/os nenas/os non herdan carácteres xa fixados, senón as potencialidades para adquirilos.
Catro fases no desenvolvemento do ser humano: a primeira será a infancia, a segunda a partir dos sete anos, a terceira a adolescencia e a cuarta a idade adulta.
A primeira etapa caracterízase por posuír o neno unha mente absorbente e condicionada por períodos sensibles.
A concepción da infancia
María Montessori
(1870 - 1952)
Estudou medicina
Traballou con nenos deficientes
No ano 1907 abre en Roma a primeira Casa dei Bambini
Viviu en Barcelona, onde difunde o seu método e crea varias Casas del nen
Material da vida práctica, agrupado por idades, implica: abrir e pechar caixóns sen ruído, con suavidade, con forza, etc.; por e quitar a mesa, pasar líquidos dun recipiente a outro, limpar o po, mover cadeiras sen ruído, etc., atar cordóns, lavar as mans, cepillar os zapatos, pechar botes, cortar con tesoiras, traballar con arxila, plastilina, pintura, etc.

Observación.
A partir da percepción o alumnado recoñece as propiedades dos obxectos.
Introdúcense progresivamente o cálculo e a medida nas nocións de peso, lonxitude, volume, etc., comezando co uso de medidas naturais para, pouco a pouco, pasarse á utilización de medidas máis abstractas e universais.
Asociación.
Máis importante conforme o alumnado avanza en idade.
Distingue catro grupos de exercicios de asociación:
Asociación dos obxectos considerados desde a súa situación actual no espazo.
Asociación dos obxectos considerados desde o punto de vista temporal.
Asociación tecnolóxica. Acomodación ás necesidades do ser humano.
Asociación causa-efecto.
Expresión.
Permite a tradución do pensamento de xeito accesible aos demais, podéndose facer por medio da:
Expresión concreta. Tradución do pensamento a unha forma material (plástica, modelado, pintura, construción, ...).
Expresión abstracta. Na que agrupa a lectura, a escritura e o canto.
De menor a maior idade dos usuarios/as:
Xogos non clasificados: Boneca, libro de estampas, vaixela...
Xogos favorecedores do movemento: Triciclo, carretilla, cabalo de madeira.
Materias primas: Pizarra e xiz, grandes tacos, barro...
Xoguetes tipo: Xogos de habilidade, mecano, bonecos para construír...
Importancia da actividade física.
Exercicios que contribúan ao desenvolvemento do esquema corporal, lateralización e orientación espacial e temporal.
Xogos coeducados, en contra do que era frecuente nas escolas da época.
Ocupacións recreativas, actividades a medio camiño entre o traballo e o xogo (coser, limpar a roupa, limpeza e ornamentación da clase, etc.).
Xogos propostos por Decroly
A súa teoría foi criticada polo feito de establecer a priori as necesidades da infancia, sendo este un punto que se modifica na actualidade á hora de levalos á práctica.
Hoxe en día en L’Hermitage denomínanos sorpresas, e son un elemento calquera que esperte o interese dos nenos e nenas converténdose no centro a partir do cal se traballa.
Partindo de que os intereses da infancia se centran arredor das súas necesidades, agrupa estas en catro bloques:
Necesidade de alimentarse.
Necesidade de loitar contra a intemperie.
Necesidade de defenderse contra os perigos e inimigos diversos.
Necesidade de actuar, de traballar solidariamente, de recrearse e de mellorar.
A partir destas necesidades traballarase na escola
Os centros de interese
“Todo neno/a debe ser colocado en condicións de obter un proveito máximo do ensino dado”.
“Chegará un día no que non se ensine por un programa uniforme para todo o país, senón que cada localidade tirará partido dos recursos naturais e das actividades humanas que estes determinen para a educación xeral”.
A individualización
Lema da súa escola de L’ Hermitage.
Este lema leva emparellado o coñecemento do medio nun sentido amplo:
Medio natural. Influído por Rousseau, considera que é o medio natural e non o urbano o que xera mellores e verdadeiros estímulos educativos.
Medio social. Superando o puerocentrismo individualista para construír un “eu” socializado, guiado polo interese.
Unha escola para a vida e
pola vida
Principios fundamentais da súa teoría
A psicometría.
Coñece os test de intelixencia na súa orixe, facendo unha crítica dos mesmos por estaren baseados na linguaxe.
Deseña tests baseados no de Binet e Simon con probas non verbais.
A escola da Gestalt.
Pártese dunha percepción globalizada dos fenómenos para chegar posteriormente á análise das partes.
Influencias psicolóxicas
Utilízase nos primeiros anos de escolaridade.
Perdeu a rixidez metodolóxica do principio.
Combínase con outras técnicas que a completan.
A temática dos centros de interese adaptouse aos intereses da infancia de hoxe en día.
Existen moitas editoriais presentas os seus contidos para a Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria nunha estrutura semellante aos centros de interese.
Características actuais do método
É unha das actividades básicas da infancia.
Concíbese como un auxiliar do traballo educativo, sen substituír ás leccións das cousas.
Nese sentido utilízase cando os nenos e nenas rematan as súas tarefas.
A diferenza de Montessori, os xoguetes non teñen que ser expresións abstractas, senón elementos da vida cotiá (area, arxila, papel, etc.).
O xogo.
A educación para Decroly ten que partir da existencia de formas propias de pensar no alumnado, polo que proporá:
O programa debe tender á unidade: todas as súas partes estarán relacionadas entre si formando un todo indivisible, fronte á división en disciplinas e temas independentes.
É necesario promover o desenvolvemento integral do ser humano en todos os apartados da súa personalidade.
A idea de globalización xunto coa de interese serán fundamentais na creación dun dos aspectos básicos da súa teoría: os centros de interese.
A globalización
O motor do desenvolvemento do pensamento de Decroly está constituído polos intereses da infancia.
A través do interese, os estímulos xerais do medio contribuirán ao desenvolvemento físico, psicolóxico e social do ser humano.
A función do profesorado será coñecer tanto a natureza biolóxica da infancia como o medio no que se atopa.
Pedagoxía do interese.
Coñece as obras de ltard e Seguin.
Apoiase na Teoría da Recapitulación de Haeckel, concibindo que o desenvolvemento ontoxenético reproduce a evolución filoxenética.
Coñece das novas teorías psicolóxicas ás que fixo achegas significativas.
Influencias da súa obra
Formación médica.
Comezou o seu traballo con nenos/as con deficiencias.
Presidiu o Congreso Internacional da Escola Nova.
Traballou na escola de L’Hermitage.
Ovide Decroly. (1871- 1932).
Fases do traballo cos centros de interese
As técnicas Freinet só poden levarse a cabo a partir da orde e a disciplina, pero estas non deben estar establecidas desde o exterior, segundo regras ou sancións.
A disciplina debe ser a consecuencia natural dunha boa organización cooperativa e do clima moral harmonioso da clase.
Principais aspectos:
Fontes de información: A vida real (observación), as persoas adultas, as revistas, documentos variados, a correspondencia, os libros....
Mecánica de estudo: A fonte de información escrita estará na biblioteca escolar e no ficheiro escolar.
Orde e graduación dos temas a estudar: Faise en función do alumnado.
Principio básico: atender á inquietude do alumnado.
Os plans de traballo.
Ferramenta de documentación autocorrectiva.
Responde aos centros de interese que conducen ao coñecemento do medio, mais tamén integra coñecementos que superan o programa escolar. Para lograr isto necesítase :
Pór á disposición do alumno documentos que poderá utilizar cando queira.
Axilizar o seu uso para permitir a ensinanza individualizada, posto que os centros de interese do alumnado son diferentes.
O ficheiro vén a completar un material escolar limitado, fai posible a individualización da ensinanza e dá ao educador un medio cooperativo para aportar a súa contribución á obra común, sen necesidade de recorrer á impresión custosa de libros.
O ficheiro escolar
Técnica adaptada no ano 1917 co fin de plasmar e difundir os textos libres elaborados despois das saídas pedagóxicas.
O instrumento é unha imprenta sinxela, que serve para a elaboración do periódico escolar, ademais de medio de traballo.
Grazas á imprenta o alumnado mantense activo na clase, e encontra a motivación de ver os seus traballos impresos e publicados.

A imprenta escolar
Pensa que para facer unha planificación da ensinanza hai que partir do estudio do desenvolvemento do neno/a.
Do psiquismo humano resalta como cualidades esenciais as seguintes:
A permeabilidade á experiencia.
A capacidade de ir modelándose a si mesmo.
A configuración da conduta en función das experiencias que desenvolve a súa mente.
A aprendizaxe por tanteo (ensaio e erro), se ben este tanteo será moito máis produtivo cando sexa guiado.
Propostas metodolóxicas
Ademais do control dos resultados dos Plan Semanais, Freinet prevé outras situacións de avaliación, como son os Diplomas.
Diplomas obrigatorios, mínimos que hai que superar, e que son: o de escritor, de lectura, de linguaxe correcta, historiador, xeógrafo, enxeñeiro naval, aeronáutico, agrónomo, metalúrxico, mestre do lume e coleccionista de obxectos.
Diplomas accesorios, son os que recoñecen algunha especialización: recolector, alpinista, músico, construtor, ... Para acceder a estes diplomas o alumno terá que pasar por unha serie de probas, extensas e obxectivas.
A avaliación.
Cada aula ou centro ten outro,elixido como homólogo, co que intercambiará as súas experiencias. Neste outro centro, cada alumno e alumna terá a outro co que intercambiará a súa correspondencia, o que supón unha motivación para acentuar o carácter comunicativo da lecto-escritura.
Os intercambios irán máis aló das propias experiencias, sendo de gran axuda na aprendizaxe da historia, a xeografía, a economía, etc.
Cando se leva a cabo con escolas de outros países, convértese nun medio ideal para a práctica doutras linguas. Nestes casos os intercambios eran sobre todo de periódicos.
A correspondencia interescolar
Método natural por excelencia no que o alumnado se expresa sen trabas sobre o tema que lle interesa.
Cando o alumnado aínda non sabe escribir, a comunicación prodúcese de forma oral, sendo o mestre o encargado de pasar as palabras a grafismos.
Os nenos e nenas que xa saben escribir redactan os seus propios textos, lendo cada un o seu na clase. Logo por votación escollen o que lles parece o mellor e, entre todos, corríxeno e enriquéceno.
A partir do texto os nenos e nenas compoñen, debuxan, aprenden vocabulario, regras gramaticais, etc.
O mesmo proceso pódese seguir cos máis pequenos co debuxo libre.
O Texto Libre.
Freinet e o seu alumnado nunha saída pedagóxica. Nestas saídas o alumnado atopaba a inspiración para os seus textos ou debuxos libres.
Técnicas Freinet.
Comeza os seus traballos como mestre en Bar-sur-loup, nos Alpes marítimos.
A partir de 1928 establécese en Vence.
A súa obra destaca pola cantidade de técnicas que foi capaz de aplicar na escola co afán de captar a motivación do seu alumnado, rexeitando o ensino tradicional.
Despois de pasar por Saint-Paul-de-Vance abandona a escola pública polas súas ideas e, no ano 1933, crea unha escola experimental, na que vai seguir traballando co seu método aberto ao medio.
A súa experiencia
Tamén coñecido como xornal, é a continuación do texto libre, xa que se compón dunha colección destes, debidamente editados.
Unha vez confeccionado o xornal distribúese entre os corresponsais, as familias e os abonados.
O diario escolar
Mestre e pedagogo francés.
Ferido no pulmón durante a Primeira Guerra Mundial.
Fundador da Cooperativa de ensinanza laica, partindo da idea de formar individuos libres.
Entre as súas obras destacan: Consejos a los maestros jóvenes; Diario escolar; Los métodos naturales; Por una escuela del pueblo; Técnicas Freinet de la escuela moderna.
Célestin Freinet
(Gars, 15 de octubre de 1896 -
Vence, 8 de octubre de 1966)
Son guías orientativas, nas que aparecen rexistrados os obxectivos a cumprir e as actividades a realizar: fichas a estudar, exercicios, temas a traballar na biblioteca, redaccións, traballos manuais, responsabilidades na dinámica da aula, etc.
O mestre deberá estar constantemente á disposición do alumnado, destacando entre as súas responsabilidades:
O control dos traballos que se están realizando.
As reunións cos diferentes grupos co obxecto de analizar os textos, traballos ou conferencias.
Cada semana confrontará con cada alumno e alumna o plan semanal, comprobando as realizacións do alumnado.
Os plans de traballo (II)
A institución Libre de ensinanza (ILE)
O método de Pestalozzi
Precursor da granxa-escola. Débeselle a creación da escola primaria popular e pública.
Entre as súas obras destacan:
O Libro das Nais, ABC da intuición, Como Gertrudis ensina aos seus fillos.
Full transcript