Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

O cálculo mental e a calculadora

No description
by

diego eiras

on 16 May 2011

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of O cálculo mental e a calculadora

O cálculo mental e a calculadora Autores
Eiras Abeledo, Diego
Féniz Rodríguez, Diego
Fernández Basadre, Ricardo
Fernández González, Mónica
Fernández López, Rubén
Fernández Novo, Verónica Introdución
Breve historia da calculadora
Cálculo mental vs cálculo escrito
Historia da calculadora e seu uso como recurso didáctico
O cálculo mental e calculadora no Currículo
Vantaxes e inconvintes do traballo con recursos
Proposta de actividades didácticas Qué é a competencia matemática?

Desenvolver e aplicar estratexias de cálculo mental é unha das competencias que debe adquirir o alumnado de primaria (Decreto 130/2007)

Hai diversos modos de traballar cos números

Cálculo mental serve para comprender o sentido do número, proporcionar versatilidade e independencia e axudar na reflexión para elexir e decidir

Ademáis desenvolve a memoria, a concentración, a atención, a axilidade mental e a autoestima. Introdución O cálculo mental, indispensable para a vida cotiá do noso alumnado (competencia matemática-LOE) Calculadora:
Qué é e para que serve?

Debate na escola:
Calculadora si ou non? Calculadora… SI O alumnado que usa apropiadamente a calculadora ten máis tempo para explorar e investigar o cal aumenta as súas posibilidades de atopar respostas con sentido. Orixe

O ábaco chino:

As primeiras calculadoras foron ábacos.

Construidos frecuentemente cun marco de madeira con contas deslizantes sobre alames.

Los ábacos foron usados durante séculos antes da adopción del sistema escrito de numeraies árabes.

Seguen sendo empregados por mercaderes e oficinistas de China e doutras partes do mundo. Século XVII

A regra de cálculo.

«Reloxo Calculador».

A Pascalina, usouse para o cálculo de impostos en Francia ata 1799. Historia Século XIX

Frank Baldwin inventou a calculadora de roda dentada

Dorr E. Felt inventou o “comptómetro” , a primeira máquina que operada por teclas que permitía sumar e calcular (a diferenza dos deseños anteriores, que esixía operar pancas separadas).

William S. Burroughs comezou a comercializar a súa calculadora sumadora impresora.

A calculadora Millionaire presentouse en 1893. Permitía a multiplicación directa por calquera díxito. De 1900 a 1960

A máquina sumadora_listadora de Dalton foi a primeira do seu tipo en usar só dez teclas.

A calculadora miniatura Curta, suxeitábase nunha man para usarse, foi presentada tras o seu desenvolvemento nun campo de concentración nazi.

O desenvolvemento das calculadoras electrónicas como ANITA (A New Inspiration To Arithmetic/Accounting, 'unha nova inspiración para a aritmética/contabilidade‘) De 1970 a mediados de 1980

Calculadoras de peto.

Melloras técnicas

Calculadoras de peto para todo o mundo. De mediados de 1980 á actualidade

Coa revolución de internet os usuarios crearon as súas propias calculadoras, permitindo que moitos programadores colaboren en todo o mundo para desenvolver completos sistemas de cálculo utlizando dispositivos de man como palm, pocket pc ou nintendo ds.

Actualmente, existen calculadoras «en liña» deseñadas para funcionar como as normais, pero que grazas a Internet permiten certos cálculos imposibles para as convencionais, como cambios de moeda, tipos de interese e estatísticas en tempo real. Obxetivos do cálculo mental en Educación Primaria.
O currículo O enfoque construtivista no currículo

A aprendizaxe realízase nun contexto significativo

A participación activa do alumno na resolución de problemas é fundamental

O profesor é o encargado de guiar ao alumno na súa interación cos contidos

Os nenos deberán estar capacitados para resolver posibles situacións da vida cotiá Operacións elementais de cálculo e emprego de algoritmos correspondentes

Os nenos están obrigados a aprender as diferentes operacións para o cálculo, así coma o sentido desas operacións e a súa presentación ordeada e clara.

Os procedementos seguidos nas experiencias de aprendizaxe, tamén inclúen: a valoración dos resultados e a explicación oral e por escrito dos mesmos.

Cada alumno deberá ser competente en canto ao que se refire á orientación espacial e memorización dos compoñentes das operacións As extratexias de cálculo

O uso das extratexias para o cálculo debe estar orientado a que o neno poida resover con fluidez cos algoritmos requeridos.

O que se desexa é que o alumno sexa quen de empregar as extratexias máis adecuadas en cada momento no lugar de memorizar operacións.

Procurarase facerlle saber ao neno cales son as vantaxes e os inconvintes da utilización das súas extratexias en cada momento. Desenvolvemento da capacidade para o cálculo (estadios)

O primeiro estadio correspóndelle aos números naturais. Son a referencia primeira para o cálculo, xa que se corresponden cun elemento da realidade.

Os números positivos e negativos son os encargados de facerlle entender ao alumno a xerarquía que existe entre os números.

A aprendizaxe continúa coa adquisición dos números cardinais e ordinais e o seu emprego nas distintas operacións de suma, resta, multiplicación e división. A calculadora

Os obxectivos do cálculo de Educación Primaria son moi remisos co uso da calculadora coma unha ferramenta adecuada de cálculo. Aínda que saibamos iso, a información que se nos presenta no currículo non é moi espacífica, por este motivo o uso da calculadora non queda del todo vetado no eido educativo Vantaxes e inconvintes do traballo con recursos: cálculo mental e calculadora Calculadora É un recurso que conta cunha extensa documentación sobre os beneficios que ten a súa utilización, pero non debemos esquecer que a pesar disto ten tamén moitas oposicións xa que é un recurso que pode prexudicar a habilidade matemática. Vantaxes da calculadora

As calculadoras favorecen a relación entre as matemáticas e a realidade.

Coa utilización de calculadoras propiciase que o estudio das matemáticas se centre máis nos conceptos e na súa interconexión.

Favorece o plantexamento de certas actividades.

Coa calculadora favorecese a creación e utilización de estratexias persoais. Inconvintes da calculadora

A calculadora non desenvolve o razoamento matemático.

A calculadora limita a adquisición das habilidades de cálculo numérico dos alumnos.

Mostra unha incapacidade de dar un resultado exacto

Decaemento das habilidades mentais. Cálculo mental Realizar operacións matemáticas sen usar lapis e papel é un excelente exercicio para desenvolver a capacidade de concentración e atención.

Multitude de actos cotiás esixen poñer en marcha a mente para realizar rápidos cálculos matemáticos. Fomentar este exercicio entre os estudantes axúdalles a explorar diferentes vías para calcular e operar con números, e ademais favorece a adquisición de habilidades de concentración e atención.

En Primaria un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas desenvolvan a capacidade de cálculo, entre outras cousas, na área de matemáticas.

Cabe dicir que o cálculo que se fai fora da escola é mental. Proposta de actividades Qué son as actividades didácticas? As actividades didácticas son as exercitacións que deseñadas e planificadas, teñen como finalidade que os alumnos logren con detemento obxetivos propostos.

Son o medio para movilizar o entramado de comunicacións que se poden establecer nas clases.

Terán efectos educativos en función das características específicas das relacións que posibilitan. Actividades propostas por ciclos para primaria 1 ciclo de primaria 2 ciclo de primaria 3 ciclo de primaria 1. O cartel sumador

Esta actividade lévase a cabo do seguinte xeito: O mestre elabora unhas cartolinas ou papeis con números adscritos. Estes carteis repárteos entre os alumnos e colócaos boca abaixo, do revés. De forma aleatoria o mestre vai indicando aqueles que deben levantar o seu cartel, acto seguido, estes alumnos teñen que elaborar unha operación que de como resultado ese número, de forma rápida e sen poder contar cos dedos nin anotar nada, cantos máis díxitos empreguen para chegar ao resultado maior cualificación obtendrán. 2. Completa as series 3. Ordea a historia con números Actividades e correspondencia cos obxectivos

As actividades do primeiro ciclo exixen a competencia das operacións básicas de suma e resta e os números naturais. 1. Saltar de 10 en 10

Nesta actividade os nenos van contar de dez en dez, a partir dun número múltiplo de dez, en forma crecente e decrecente.
Convén realizar o exercicio no ámbito numérico que
coñecen e tratar de ir máis aló. Se eles cometen erros
pódeselles apoiar colocando nun lugar visible unha cinta numerada do 1 ao 100, onde aparezan diferenciadas as decenas. Posteriormente poden, contar en orde decreciente de dez en dez, desde o número ao que chegaron antes. A medida que os nenos van adquirindo seguridade na actividade desafíeos a seguir contando de dez en dez en sentido crecente ou decreciente, sen mirar a cinta numerada.

Variante:
Logo de facer varias veces esta actividade, pódese pedir aos nenos que anticipen números que aparecerán nesta serie, nomeando algúns que con seguridade estarán, por exemplo: 350, 500, etc. 2. Actividades de cálculo mental

Sumas, restas, multiplicacións e divisións 3. Sudoku 4. Aventura no río dos números Actividades e correspondencia cos obxectivos

As actividades do segundo ciclo exixen as competencias coas operacións básicas de suma, resta, o coñecemento da táboa de multiplicar e a división básica. Manéxanse números elebados difíciles de corresponder con realidades. 1. O xogo do PUM!!

Consiste en facer dous ou máis grupos, de maneira que se coloquen formando un círculo. Teñen que ir dicindo en voz alta números primos, empezando polo 1 e en orde dun nun (así: 1, 2 ,3 ,4) e cando alguén chegue ao 7 no canto de dicir ese número ten que dicir PUM e cámbiase de sentido, de tal xeito que o seguinte ten que seguir a cadea e mencionar o número 8. Cada vez que apareza un múltiplo de 7 ou ben calquera número composto que conteña un 7 débese de dicir PUM.

Se alguén se equivoca vólvese a comezar. O equipo que chegue antes ao 70 gana e impón un castigo ao outro equipo. Este tipo de exercicios axudan a que os nenos aprendan a táboa de multiplicar facilmente, de forma amena e divertida. 2. Completa con signos 3. Completa a táboa 4. Resolución de problemas varios Actividades e correspondencia cos obxectivos

As actividades do terceiro ciclo exixen o dominio de todas as operacións elementais e inversas e cubos, correspondente cos obxectivos do currículo referentes ás extratexias.
Full transcript