Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

A atmosfera

Resumo esquemático dos contidos sobre a atmosfera
by

David V.Docampo

on 21 September 2016

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of A atmosfera

A ATMOSFERA
É a capa de gas que rodea a Terra
IMPORTANCIA
Filtro protector contra as radiacións
Conter os gases necesarios para a vida
Regular a temperatura
Fenómenos meteorolóxicos
Protexer de meteoritos
Retén os prexudiciais raios X e gamma (nas capas altas), ademais da radiación ultravioleta (na capa de ozono), que do contrario producirían queimaduras e cancro de pel.
Contén o O , que respiran a maioría de seres vivos, e o CO , necesario para a fotosíntese.
Os corpos sólidos coma os meteoros desintégranse na atmosfera (principalmente na mesosfera) debido ao rozamento, polo que non chegan a impactar no chan.
Grazas ao efecto invernadoiro a temperatura media da Terra é duns 15ºC, unha temperatura moderada moi axeitada para os seres vivos, e bastante estable.
Os fenómenos meteorolóxicos afectan aos seres vivos e prodúcense na atmosfera, concretamente na súa capa máis baixa: a troposfera.
EVOLUCIÓN
A atmosfera primitiva non tiña O , e contiña moito máis CO e auga.
O arrefriamento do planeta provocou que as augas condensasen, desaparecendo da atmosfera e formando os océanos.
Os primeiros seres fotosintéticos liberaron gran cantidade de O , que hoxe supón o 21% dos gases atmosféricos.
O CO diminuiu enormemente, xa que foi e é utilizado para a fotosíntese.
2
2
2
2
COMPOSICIÓN
Gases: - N (78%)
- O (21%)
- Ar (0'9%)
- Outros (<0'1%)
Partículas: - Sólidas (pó, pole, microorganismos, esporas...)
- Líquidas (auga en suspensión nas nubes)
2
2
12 km
Termosfera: Grandes temperaturas.
Retén as radiacións X e gamma.
Fórmanse as auroras.
Mesosfera: O rozamento produce a desintegración
de meteoros (estrelas fugaces).
Estratosfera: Na capa de ozono a radiación ultravioleta
é retida.
Troposfera: Contén o 80% dos gases.
É a capa onde se desenvolve a vida.
Prodúcense os fenómenos meteorolóxicos.
A temperatura descende 0'65ºC cada 100m.
Exosfera: É a capa externa, onde case non hai materia
ESTRUTURA
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
É a forza que exerce a masa de aire da atmosfera sobre a superficie terrestre.
EXPERIMENTO DE TORRICELLI
Torricelli encheu un tubo de 1m de longo con mercurio (Hg) e deulle a volta sobre un recipiente tamén cheo de mercurio. O nivel do tubo descendía uns cm, pero arredor dos 76cm mantíñase estable.
Non baixaba máis debido á presión que exercía a atmosfera sobre a superficie do mercurio do recipiente.
A presión atmosférica media ao nivel do mar é de 760mmHg=1atmosfera=1013mb.


Varía dependendo de:
Altitude: Segundo ascendemos diminúe a presión, xa que hai menos aire por enriba.
Temperatura: Cando aumenta diminúe a presión, xa que ao quentarse o aire diminúe densidade.
As borrascas son áreas de baixas presións, nas que o aire cálido ascende, o que dá lugar á formación de nubes e a tempo inestable.
Os anticiclóns son áreas de altas presións, nas que o aire frío descende, o que causa un tempo despexado e estable.
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS
vento
Movemento horizontal de aire dende as zonas de maior presión (anticiclóns) cara ás de menor presión (borrascas).
brisas
Ventos suaves producidos nas zonas costeiras debidos ás diferenzas de temperatura e presión entre o mar e a terra.
Polo día a terra quence máis que o mar, polo que a brisa diurna vai dende o mar cara á terra.
Á noite o mar non enfría tanto como a terra, polo que as brisas nocturnas van dende a terra cara ao mar.
nubes
Son grandes masas formadas por pequenas pingas de auga ou cristais de xeo procedentes da condensación da humidade do aire.
Cirros: Nubes fibrosas que non xeran precipitacións.
Cúmulos: Nubes algodonosas que indican bo tempo.
Nimbos: Nubes densas e escuras que producen chuvias persistentes.
Cumulonimbos: Nubes altas en forma de cogomelo, propias de treboadas.
Estratos: Nubes laminares estreitas que poden orixinar orballo e chuvias finas.
precipi-
tacións

Líquidas: chuvia
Sólidas: neve e sarabia
a rentes
de chan

Resío:
precipitación líquida que se produce polo arrefriamento do aire húmido por riba dos 0ºC.
Xeada: Precipitación sólida da humidade do aire, producida por baixo dos 0ºC.
Fenómeno producido polo arrefriamento e condensación da humidade atmosférica en forma de pequenas pingas de auga sobre partículas en suspensión.
Ciencias da Natureza 1ºESO.
Feito por David V.Docampo
Néboa
2
2
TEMPO E CLIMA
- O tempo atmosférico é o conxunto de condicións e fenómenos atmosféricos que se dan nun lugar e momento determinado. Estúdao a Meteoroloxía.
- O clima é o conxunto de fenómenos meteorolóxicos que se presentan de forma habitual e a longo prazo nunha área determinada.
Estúdao a Climatoloxía.
VARIABLES METEOROLÓXICAS
TEMPERATURA
Utilízase o termómetro para medila.
As unidades empregadas son os graos Celsius (ºC).
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
O aparello empregado para medila é o barómetro.
Mídese en milímetros de mercurio (mmHg) ou milibares (mb).
HUMIDADE
Mídese grazas ao higrómetro.
A unidade usada é a porcentaxe de humidade relativa (%).
VENTO
A dirección do vento indícase pola procedencia xeográfica, grazas ao cataventos.
A velocidade do vento mídea o anemómetro en km/h ou m/s.
PRECIPITACIÓNS
Mídese co Pluviómetro.
Exprésase en litros por metro cadrado ou en milímetros de altura.
A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

DESTRUCIÓN DA CAPA DE OZONO
AUMENTO DO EFECTO INVERNADOIRO
CHUVIA ÁCIDA
O ozono (O ) é unha molécula que aínda que na troposfera pode resultar tóxica, na estratosfera forma unha capa importantísima, que nos protexe da radiación UV.
Os CFC (Compostos Fluorocarbonados) son unhas moléculas utilizadas en aerosois e refrixerantes, e cando se liberan á atmosfera soben até esta capa e destrúen o ozono. Unha soa molécula de CFC pode permanecer na atmosfera máis dun século e destruír máis de 100.000 partículas de ozono.
O uso destas substancias danou enormemente a capa de ozono, diminuíndo notablemente o seu papel protector.

Como xa vimos, o efecto invernadoiro prodúcese de maneira natural, xa que gases como o CO , CH e H O reteñen a radiación solar máis tempo na atmosfera, provocando un aumento da súa temperatura.
O problema vén de que o ser humano, por mor da queima de combustibles fósiles, está a liberar cantidades inmensas de gases de efecto invernadoiro a maiores dos que había na atmosfera. Isto provoca un aumento do mesmo e está a iniciar un cambio climático.
Os óxidos de Xofre (SOx) e de Nitróxeno (NOx) son liberados polaueima de combustibles fósiles e por moitos procesos industriais.
Estes compostos reaccionan químicamente na atmosfera coa auga presente nas nubes e forman substancias ácidas coma os ácidos nítrico e sulfúrico, que caen disoltas na chuvia.
Os efectos da chuvia ácida danan ecosistemas acuáticos, coma ríos e lagos; os bosques, queimando as plantas; e mesmo a saúde.
Full transcript