Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Copy of A MITOLOXIA

No description
by

Poseidon Maximus

on 18 April 2015

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Copy of A MITOLOXIA

A MITOLOXÍA
A palabra mitoloxía ven do grego mythos, que significa palabra ou historia.
Cada cultura humana crea historias sobre a creación do mundo, as orixes da humanidade e o significado da vida. Estas historias son mitos.
A humanidade creou mitos desde o inicio da historia. A mitoloxía existente máis antiga é a dos aboríxes australiáns, con historias do sagrado tempo dos soños, de hai 40.000 anos. Esta cronoloxía indica as datas aproximadas en que as sociedades comezaron a formar os seus mitos.
NACEMENTO DA MITOLOXÍA
Tempo atrás, o pobo de Grecia cría que o mundo estaba gobernado por unha serie de poderosos seres inmortais aos que chamaban “deuses”. As historias sobre ditos deuses ( Zeus, Atenea ou Poseidón), así como as dos famosos heroes e semideuses (Heracles, Jasón o Teseo) reciben o nome de “mitos”.
Na actualidade temos noticia deles a través dos escritos dos antigos gregos, entre os que se contan Hesíodo, Homero e Apolonio de Rodas.
MITOLOXÍA GREGA
QUE É A MITOLOXÍA?
Mitos na arte
Os antigos gregos adoitaban pintar representacións dos seus mitos nos seus traballos de alfarería. Así o xarrón que aparece debaixo representa a historia de Dionisio, deus do viño. Capturado por uns piratas, fixo xurdir por arte de maxia unhas parras que se enroscaron o redor do mastro do barco; os piratas, aterrados, remataron arroxándose ó mar. Conforme se foron mergullando, Dionisio converteunos en delfíns.
Mitos en ruinas
Hai uns dos mil anos, Grecia estaba chea de templos adicados ós deuses e decorados con estatuas e frisos que ilustraban temas mitolóxicos. Desgraciadamente, hoxe todos se atopan en ruínas, derruídos polo paso do tempo e as guerras.
Os olímpicos e o mundo
Para os seus habitantes, a antiga Grecia non era coñecida como tal, senón polo nome de Hellas. A súa visión do mundo baseábase no que coñecían do Mar Mediterráneo (Mare Nostrum) e dos territorios circundantes. E do mesmo xeito que tiñan explicacións mitolóxicas para calquera aspecto da vida cotiá, tamén dispoñían de detalladas descricións mitolóxicas do lugar onde crían que ían as almas despois da morte, así como historias sobre a orixe do sol, da lúa e das estrelas do ceo.
A creación dos deuses
Ao comezo dos tempos non había máis que o gran baleiro do Caos. De Caos xurdiu Gea, a Terra; Tártaro, a rexión máis profunda do mundo, e Eros, o deus do amor. De seguido, apareceron Nix, a Noite; Hémera, o Día; e Érebo, as tebras infernais. Gea xerou a Urano, o Ceo, as Montañas e o Mar. Uniuse logo a Urano, e desa unión xurdiron os Cíclopes, Os Titáns e os Hecatonquiros.
Os Titáns
Urano odiaba e temía os seus fillos os Titáns. Conforme foron nacendo, encerrounos no Tártaro para que nunca viran a luz do sol; pero a súa esposa, Gea, ansiaba liberalos. Fabricou unha fouce moi afiada de acero e entregoulla a Cronos, o máis xoven terrible dos Titáns, que preparou unha emboscada ao seu pai; Cronos derrotou a Urano. Cando o sangue de Urano caeu sobre a Terra fecundouna, e dela naceron os Xigantes, as Furias, as Ninfas e Afrodita.
Non pasou moito tempo antes de que Cronos empezase a comportarse tan despoticamente coma o seu tirano pai. Casouse con Rea, a súa irmá, e da súa unión xurdiron os deuses Hestia, Deméter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus. Pero Cronos tragábaos a todos nada máis nacer porque lle advertiran que tamén el estaba destinado a ser derrotado por un dos seus fillos. Rea, desesperada, cando naceu o máis xoven do seus fillos, Zeus, ocultouno no monte Dicte, en Creta. Despois, envolveu unha pedra nos pañales do neno e deuna a Cronos para que a devorase no lugar de a Zeus.
Monstros e bestias míticas
Os antigos gregos tamén crían en fabulosas criaturas e terribles monstros, a maior parte dos cales estaban emparentados cos deuses ou cos Titáns. Por exemplo, as Gorgonas eran tres irmás espantosas, tiñan ás de oro, serpes en lugar de cabelos, grandes cairos e mans de bronce. Só unha delas era mortal, Medusa, cuxa mirada era tan penetrante que petrificaba a todo aquel que a contemplase.
Moitos monstros da antiga Grecia parecían medio humanos. Por exemplo, os Cíclopes, que fabricaron os famosos raios de Zeus e tiñan o aspecto de xigantes humanos dotados dun só ollo. Os Centauros eran unhas criaturas con torso de home e corpo de cabalo.
Pocos monstros había tan intelixentes como a Esfinge. Con rostro de muller, corpo de león e ás de paxaro, aterrorizaba a cidade de Tebas estrangulando a todo aquel que non sabía resolver a súa adiviña.
OS ORÍXENES DA HUMANIDADE

Segundo a antiga mitoloxía grega os homes foron creados a imaxe e semellanza dos deuses, aínda que os mitos no coinciden en quen os creou, si foi o propio Zeus o un titán chamado Prometeo. De entre tódalas criaturas humanas decidiuse que os humanos caminaran erguidos para que poideran levantar a vista aos ceos, ó contrario do resto de animais, que sempre miran hacia abaixo.
OS DEUSES GREGOS
Zeus e Hera, soberanos dos deuses
En Olimpia, na zona occidental de Grecia, atópanse as ruínas do templo de Zeus. Preto de alí, celébranse cada catro anos os Xogos Olímpicos en honra ó deus.
Zeus, o deus dos ceos, era o xefe de tódolos olímpicos e gobernaba xunto á súa esposa, Hera.
O seu pazo estaba situado no monte Olimpo; o seu principal templo, en Olimpia. O seu fillo preferido era Heracles, que ó final chegou a sentarse entre os inmortais.
Na mitoloxía grega, cada uns dos deuses estaba asociado a determinados símbolos e tiña as súas propias plantas e animais. O símbolo máis visible de Zeus era o aguia. Como deus dos ceos que era, o seu símbolo principal era o raio. As súas árbores eran o carballo e a oliveira.
Hera, a reina de Zeus, era a deusa dos matrimonios e dos nacementos. O seu principal santuario na terra atópase na cidade de Argos, ubicada no Peloponeso.
Poseidón e o mar

Poseidón, deus do mar, era xunto a Atenea unha das principais divindades de Atenas e unha das máis importantes do Mediterráneo, onde boa parte do comercio e as viaxes trascorrían por mar. Poseidón podía manter as augas en calma o levantar tempestades capaces de afogar ó máis experto dos mariños.
Poseidón, era coñecido coma “o que fai tremer a terra” o deus dos terremotos. Era un deus vingativo. A Odisea conta como o heroe Odiseo foi perseguido pola furia do deus tras deixar cego a un dos seus fillos, o cíclope Polifemo. Pénsase que o terremoto que devastó a cidade de Esparta en 464 a. de C. foi provocado por Poseidón como vinganza porque os espartanos asasinasen algúns dos seus adoradores.
Hades e os infernos

Hades non só era o nome do deus dos infernos, seno tamén o do reino dos mortos. Ese territorio atopábase dividido en distintas rexións, incluídas as chairas. Asfódelos, lugar onde eran enviadas as almas dos que non foran ni bos nin malos; os Campos Elíseos, morada dos heroes e os virtuosos, e o Tártaro, onde os malvados eran castigados.
Había cinco ríos principais: o Aqueronte (a tristeza), o Cocito ( a lamentación), o Estigia (o odio), o Flegetonte (o lume) e o Lete ( o esquecemento).
Cando a xente morría, era enterrada cunha pequena moeda na boca para pagar a viaxe a Caronte, o barqueiro había de facelo cruzar o Estigia. Unha vez na outra beira, debían pasar ante Cerbero antes de entrar no reino de Hades para ser xulgados.
Deméter

Ao ser filla de Cronos e Rea, Deméter formaba parte das doce olímpicas. Tamén era deusa da fertilidade, e a miúdo era representada con flores, froitos e cereais. Dise que ensinou os gregos a arte da sementeira para que puidesen vivir dos campos.
Afrodita
A deusa do amor, era a esposa de Hefesto. A súa arma máxica era o seu cinto. Quen se o puxera, volvíase tan atractivo que a xente non podía evitar namorarse del.

Hefesto

Deus do lume, era irmán de Ares. Aínda que era coxo e feo, converteuse no esposo de Afrodita. Construíu numerosas armas máxicas para os deuses e os heroes, incluíndo o cinto da súa esposa, o casco e as sandalias de Hermes, a armadura de Aquiles, e o arco es as frechas de Eros.
Ares
O desapiadado deus da guerra, non era moi popular entre os deuses do Olimpo, salvo para Afrodita. A súa ave sagrada era o voitre, e case sempre, levaba un helmo e portaba unha lanza.

Hermes
Hermes, co seu gorro, as súas sandalias aladas e o seu bastón, era o mensaxeiro dos deuses e tamén o deus dos viaxeiros e os ladróns.

Atenea
Deusa da sabedoría. Atenea naceu da unión de Zeus cunha das súas moitas esposas, Metis, se ben a historia do seu alumeamento resulta do máis estraño. Cando Metis quedou embarazada, Zeus temeu que o seu novo fillo poidera deponelo, como fixera el co seu pai, e este co seu avó. Asi pois, tragou a Metis para evitar que iso sucedese e ao instante empezou a sufrir terribles dores de cabeza. Hefesto abriulle con coidado a cabeza cun machado, e Atenea saliu dela con armadura incluída.


Apolo
Apolo non só era o deus da música, a poesía e a curación, senón tamén dos oráculos. Os seus símbolos eran a lira e o arco.

Artemisa
Irmá de Apolo, era a deusa da caza. O seu templo de Éfeso era unha das sete marabillas do mundo antigo.

Hestia
Era a deusa do fogar e da familia. O seu templo máis importante atopábase en Delfos.

Eros
Deus do amor, dise que foi un dos primeiros deuses en nacer de Caos. Aínda que outros mitos aseguran que era compañeiro de Afrodita e que levaba un arco cuxas frechas disparaba ó corazón dos mortais para que se namorasen.

Os semideuses: medio mortais, medio inmortais
Os fillos de pais mortais e inmortais eran coñecidos co nome de “semideuses”. Heracles, o fillo de Zeus e da mortal Alemena, era célebre pola súa extraordinaria forza. Teseo e Belerofonte ( fillos de Poseidón e de nais mortais) e Perseo ( fillo de Zeus) demostraron tamén su ascendencia divina mediante actos heroicos.
HEROES GREGOS

Algúns dos mitos máis emocionantes da antigüidade son os que narran as aventuras de algúns semideuses e heroes. Así, por exemplo, temos a Lenda do Minotauro, Jason e as Gorgonas e Os doce traballos de Heracles.
MitoloxÍa romana
A antiga Grecia converteuse en parte da República de Roma no ano 146 a. de C. Os romanos, cos seus poderosos exércitos, conquistaron todo o Mediterráneo e adoptaron moitas das crenzas dos gregos no referente a súas deidades, ata o punto de que moitos deles fixéronse célebres grazas aos seus nomes romanos. Así Heracles é máis coñecido polo seu nome latino Hércules, o de Zeus é Xúpiter e o de Poseidón, Neptuno.
Xúpiter
O máis poderoso de todos, soberano de ceo e da terra. Posto que domina o raio e tódolos elementos. Teñe o seu templo sobre o Capitolio e, xunto a Juno e Minerva, forman a tríade capitolina, que é a que vela por Roma.
Juno
É a esposa de Xúpiter e a raiña dos ceos. Tamén se considera a protectora das mulleres, a deusa das esposas e a patroa das nais de familia, baixo o nome de Juno Matronalia.
Minerva
Representa as letras, as artes e a música, pero tamén a sabedoría e a intelixencia.
Venus
A deusa da beleza e do amor. Os romanos dedicáronlle o mes de abril, cando a natureza manifesta a renovación da vida.
Marte
O deus da guerra, pero tamén o é da forza e o vigor.
Plutón
O temido soberano dos infernos. Ofrécenselle en sacrificio animais de pelaxe escura, ovellas ou porcos negros, e tódolos condenados a morte están castigados baixo a súa terrible ira.
Neptuno
Na antigüidade latina, é o deus da humidade. Máis tarde se confundiría co deus grego do mar, Poseidón.
DEUSES ROMANOS ADOPTADOS DA MITOLOXÍA GREGA
DEUSES ROMANOS CHEGADOS DOUTROS POBOS
Os romanos, tamén adoptaron deuses procedentes doutros pobos, en especial, do pobo etrusco. Entre estes, atopamos:
Vulcano
, deus do lume.
Diana
, deusa da caza e da guerra.
Ceres
, a máis antiga divinidade da terra, a quen máis tarde se confundirá cos seus homólogos gregos Hefesto, Artemisa e Démeter.
De Frigia ( actual Turquía) vén
Cibeles
, a anciá que encarna o poder da natureza.
De Persia ( actual Irán) temos a
Mitra
, deus da luz e da verdade.

DEUSES DOMÉSTICOS
Creados polos mesmos romanos ou tomados prestados doutras culturas, o pobo romano veneraba a deuses
“domésticos”
. Estas divindades encargábanse de velar pola familia e os diversos estadios da vida. Entre elas:
Os lares:
quizais de orixe etrusco, protexen cada vivenda romana. Representados por unhas figuras, encarnan o alma dos mortos e dos fundadores da familia.
Os penates:
son os que velan polos alimentos.
Vesta:
é a divindade do fogar. Está representada polo lume.

Os Deuses
Zeus xuró vengarse do seu pai. Cando creceu fixo que Cronos regurxitara a tódolos seus irmáns e irmás. Logo conduciu a tódolos deuses na furiosa guerra que emprendeu contra os malvados Titáns.

Os deuses recibiron a axuda dos Hecatonquiros e dos Cíclopes dun só ollo. Ó fin, tras unha guerra que se prolongou dez anos, Zeus expulsou do ceo a Cronos e aos Titáns.

Os deuses convertíronse nos amos do universo e botaron a sortes o reparto dos seus dominios. A Poseidón tocoulle o mar. O seu irmán Hades recibiu o Tártaro, o tétrico inferno que se atopaba nas profundidades da terra. Ningún deus se convirtiu no señor da Terra, posto que era considerada patrimonio de todos.
Jason e as Gorgonas
A lenda do Minotauro
Os doce traballos de Heracles
HERA
ZEUS
A Lenda do Minotauro:
“Cando o rei Minos de Creta derrotou ó rei Egeo, de Atenas, esixiulle que os atenienses lle enviaran tódolos anos como tributo sete mozos e sete doncelas para sacrificalos a un monstro con corpo de home e cabeza de toro chamado Minotauro. O fillo de Egeo, Teseo, ofreceuse para ir voluntario co grupo de mozos e matar ó Minotauro, e dixo a seu pai que, cando regresase, cambiaría as velas negras do seu barco por outras brancas para facerle saber que tivera éxito. O Minotauro vivía nun conxunto de corredores e cámaras chamado Laberinto, obra do arquitecto Dédalo, do que ninguén podía escapar. Cando Teseo chegou a Creta, a filla do rei Minos, Ariadna, namorouse del e entregoulle un nobelo de fío para que poidera atopar o camiño de regreso a través do laberinto. Teseo entrou e foi desenrolando o nobelo ata que deu co monstro, matouno e liberou ós atenienses. Durante o seu regreso, esqueceuse de cambiar as velas do barco; e o seu pai, véndoas negras e crendo que o seu fillo morrera, se precipitou arroxándose ó mar, que desde entón se chama mar.
Full transcript