Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Modelos de Orientación Psicopedagóxica

No description
by

Alberto Martínez

on 31 December 2012

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Modelos de Orientación Psicopedagóxica

MODELOS DE
ORIENTACIÓN
PSICOPEDAGÓXICA
ACTIVIDADE 3 PRESENTACIÓN E ESTRUTURA
DA EXPOSICIÓN

1. Modelos de orientación

2. Eixos vertebradores da intervención

3. Modelo organizativo da orientación en Galicia

- Modelo

- Funcións dos servizos de orientación

> E.O.E. (servizo externo)

> D.O. (servizo interno)

> Titoría (servizo interno) Ideas previas

¿Que tipos de modelos
de orientación
coñecedes? 1. MODELOS DE ORIENTACIÓN
PSICOPEDAGÓXICA CONCEPTUALIZACIÓN

•Representación que reflicte o deseño, a estrutura e os compoñentes esenciais dun proceso de orientación.

•Son modelos que serven de guía para a acción; a súa función consiste en propór liñas de actuación práctica.

•Son necesarios procesos e procedementos concretos de actuación.

•A utilidade destes procedementos será validada empíricamente a través da investigación científica. TIPOLOXÍA


Modelos teóricos

Modelos de intervención
Básicos
Mixtos

Modelos organizativos.
Institucionais
Particulares •Definición: Son as formulacións elaboradas por teóricos de diversas correntes.

•Exemplos: modelo psicoanalítico, humanista, cognitivo, condutista... Definición: Son a unidade básica de intervención.

•Tipos:

Modelo clínico.
Modelo de programas.
Modelo de consulta. CLASIFICACIÓN DOS
MODELOS BÁSICOS DE
ORIENTACIÓN
PSICOPEDAGÓXICA MODELO CLÍNICO,
COUSELING
OU ATENCIÓN
INDIVIDUALIZADA

Concrétase na entrevista, como procedemento característico para afrontar a intervención directa e individualizada.

Céntrase en satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio- profesional do individuo, grazas á acción directa orientador- orientado. Trátase dunha intervención basicamente terapéutica, aínda que en ocasións tamén poida ter carácter preventivo e de desenvolvemento persoal. MODELO DE PROGRAMAS

Concepto de programa.

Fundamentación teórica: enfoques cognitivos.

Fases no seu desenvolvemento:

1. Análise de contexto para detectar as necesidades.
2. Formulación de obxectivos.
3. Planificación de actividades.
4. Realización de actividades.
5. Avaliación do programa. • CARACTERÍSTICAS E TENDENCIAS NESTE
MODELO:

- A tendencia actual diríxese cara aos programas de tipo comprensivo, os cales inclúen varias áreas interrelacionadas (carreira, aprendizaxe, diversidade…).

- Ás veces, estes programas aparecen integrados nun
programa máis xeral do centro (exemplo: sistemas de
programas integrados).

- Para a súa posta en marcha conta co persoal docente e o orientador, así como con todos os recursos materiais do centro. MODELO DE CONSULTA

Definición: Seguindo a Caplan (1970), a consulta é unha relación entre dous profesionais, polo xeral de distintos campos: un consultor/a (orientador/a, psicopedagogo/a) e un consultante (profesor/a, titor/a)

Metas:

Aumentar a competencia do consultante nas relacións cos alumnos, familias... pode ser unha única persoa (alumno/a) ou un grupo de persoas (todo un centro educativo)
 Desenvolver as habilidades do consultante para que sexa capaz de resolver nun futuro un problema similar
 Característica principal deste modelo: a natureza triádica da consulta (consultor/a, consultante, cliente). Trátase dunha forma de intervención indirecta.

Metas:

1.- Pártese dunha información e clarificación do problema.
2.- Deséñase un plan de acción.
3.- Execútase o plan e avalíase.
4.- Dánse suxestións ao consultante para que poida afrontar a función da consulta. MODELO DE CONSULTA COLABORATIVA

Variante do modelo de consulta: o/a consultor/a e o/a consultante asomen unha responsabilidade compartida en todos os aspectos do proceso de consulta.

Fases:

1.Ambos definen o problema conxuntamente.
2.Póñense de acordo nos obxectivos.
3.Desenvólvese un plan de acción e lévase á práctica de forma compartida
4.- Avalíase de forma conxunta.

Característica principal: o/a consultor/a proporciona un servizo directo, pois é parte integrante da colaboración. Definición: Son a combinación de modelos básicos. Cada modelo recibe un nome concreto, ten as súas propias características...

•Exemplos:

Modelo comprensivo de Gysbers.
Modelo socio - comunitario.
Modelo ecolóxico.
Modelo sistémico.
Modelo Psicopedagóxico.
...

 Modelo Psicopedagóxico.

Características: modelo mixto de intervención que ten como coordenadas nos eixos de referencia:

- Intervención prioritariamente indirecta (consulta). A función do/a orientador/a é indirecta, pois presta máis atención á consulta da institución e ao profesorado que á intervención directa na aula, que lle corresponde aos mediadores (titores), mediante o Plan de Acción titorial. Só en certas ocasións será necesaria a intervención directa do orientador.

- Intervención grupal, aínda que en certos momentos pódese utilizar unha atención individualizada (NEAE) Características:

- Intervención interna, pois os dinamizadores son os titores e orientadores do mesmo centro, implicando a todo o claustro.

- Intervención proactiva, enfocada á prevención e ao
desenvolvemento ( do estrés, da saúde, do consumo de drogas, do autoconcepto, da asertividade...) Trátase da base da intervención, aínda que é posible que en certos casos de necesidades especiais, sexa necesaria unha intervención correctiva ou de carácter terapéutico.

- Intervención mediante programas (modelo de programas) de carácter comprensivo, constituíndo sistemas de programas integrados (SPI) que son levados a cabo por parte do profesorado e dos titores. Definición:

Correspóndelle ás administracións públicas facer propostas para todo un territorio.

•Exemplos:

Modelo do MEC
Modelos das Comunidades Autónomas.
Modelos da Unión Europea
... Definición: están insertos dentro do marco
dun modelo institucional.

Inspíranse nun modelo teórico, que como práctica, pon a énfase nalgún dos modelos básicos.

Exemplos:

Centros educativos particulares.
Equipos sectoriais.
Gabinetes privados de orientación.
... APLICACIÓN PRÁCTICA TIPOLOXÍA (cc) image by anemoneprojectors on Flickr Modelos Teóricos Modelo Psicoanalítico; humanista; cognitivo;
conductista… Modelos de Intervención Básicos Mixtos
Modelos Organizativos
Institucionais
Particulares
Clínico; Programas; Consulta Modelo Psicopedagóxicos; Modelo Socio-
comunitario… MEC; Comunidades Autónomas; Países da
UE Centros educativos particulares, Equipos
sectoriais, Gabinetes privados de orientación… 2. EIXOS DE INTERVENCIÓN Aclaración de termos

• Intervención individual: é un tipo de intervención centrada nun único cliente, na cal o modo de actuación principal vai ser mediante a entrevista.

• Intervención grupal: desenvólvese cun grupo de persoas que pode ser de tamaño pequeño (3-6), tamaño medio (7-15) e gran grupo ou grupos asociativos (15- 30). • Intervención directa: xorde cando o orientador está
vis a vis co orientado ou grupo de orientados. Aquí o orientador vai centrar a súa acción no destinatario directo da intervención.

• Intervención indirecta:
O modelo máis característico é a través da consulta triádica, onde interveñen 3 axentes fundamentais:
Orientador (exerce a función de consultor)
Mediador (aquel que recolle as suxerencias do orientador para poñelas en práctica, que pode ser o mestre)
Orientado (quen recibe esa axuda do mediador). • Intervención interna: é desenvonvolvida polo
persoal do mesmo centro educativo (ex. acción titorial).

• Intervención externa: é levada a cabo por especialistas que non forman parte do equipo docente do centro (ex. equipos sectoriais). • Intervención reactiva: céntrase nas necesidades explícitas, de carácter principalmente correctivo ou remedial (ex. dificultades de aprendizaxe…).

• Intervención proactiva: céntrase na prevención é o desenvolvemento; é dicir, aquela intervención que comeza antes de que xurda calquera problema. SUPOSTOS PRÁCTICOS 3. Modelo organizativo actual de Galicia O modelo de organización da nosa comunidade autónoma enmárcase dentro dos:

Modelos ORGANIZATIVOS

E dentro destes, nos de tipo institucional. Lexislación que fundamenta este modelo organizativo de orientación: CARACTERÍSTICAS

Estrutúrase en tres grandes servizos:

Servizos Externos aos Centros :
EOE
Servizos Internos aos Centros:
Departamentos de Orientación
Titoría SUPOSTOS PRÁCTICOS 1. UN ALUMNO ACODE AO ORIENTADOR DO CENTRO PARA ASESORARSE SOBRE AS DIFERENTES TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS, QUE SE PODEN CURSAR DENTRO DA COMUNIDADE GALEGA, POSTO QUE EL DESEXA CONTINUAR COA SÚA FORMACIÓN. 2. UN IES DECIDE REALIZAR UNHAS XORNADAS DE CONCIENCIACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DO COMPAÑEIRISMO NOS CENTROS ESCOLARES E NA TOLERANCIA E IGUALDADE DE TODOS.

PARA ISO, UN MESTRE ACODE AO ORIENTADOR PARA EXPOÑERLLE TAL PROPOSTA, E ASESORARSE SOBRE DIFERENTES ACTIVIDADES QUE SE PODEN DESENVOLVER NO SEO DA COMUNIDADE EDUCATIVA PARA TRABALLAR ESES VALORES. 3. UN TITOR DE 2º DE ED. PRIMARIA IMPARTE CLASE A 25 ALUMNOS, DOS CALES 2 PRESENTAN UNHA SERIE DE DIFICULTADES QUE NON SABE MOI BEN COMO SOLUCIONAR:

O PRIMEIRO, ACODE SEMPRE MAL VESTIDO Á ESCOLA, SUCIO, POLO QUE CARECE DUNHAS NORMAS DE HIXIENE NO SEU FOGAR, E NUNCA TRAE AS TAREFAS FEITAS.

O SEGUNDO, NO MOMENTO DA LECTURA DIARIA ALTERA OS FONEMAS DAS PALABRAS CAMBIANDO O SIGNIFICADO DAS MESMAS OCASIONÁNDOLLE CON ISO UNHA MALA COMPRENSIÓN DA MESMA.

¿QUE DEBE FACER O TITOR?¿A QUEN PODE CONSULTARLLE ESTES PROBLEMAS? 4. NUNHA AULA DE 4º DA ESO DUN IES GALEGO DETECTOUSE, A TRAVÉS DUN ESTUDO, UN PREOCUPANTE INICIO NA ADICIÓN AO TABACO POR PARTE DOS NENOS E NENAS.

CO OBXECTIVO DE QUE ESTA PROBLEMÁTICA NON SE EXTENDA, ESTABLÉCESE DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN UN PROGRAMA A DESENVOLVER COAS CRIANZAS DESTE GRUPO DE IDADE POR PARTE DE TODOS OS AXENTES IMPLICADOS NA SÚA EDUCACIÓN DECRETO 120/1998
ORDE 24 XULLO 1998
DECRETO 374/1996
DECRETO 324/1996
CIRCULAR 8 /2009
CIRCULAR 10/2010 Nunha aula de primaria existe un problema de socialización, no que o grupo-clase illa a un compañeiro de etnia xitana. A un dos alumnos desagrádalle esta situación e decide buscar a axuda precisa.
A quen acudirá o alumno?
Quen lle axudará a resolver o problema? Un pai acode ó centro educativo do seu fillo ó final do trimestre para informarse do seu rendemento académico e da posibilidade de que este pase ó seguinte curso. Un alumno de segundo de bacharelato ten dúbidas á hora de tomar a seguinte decisión: cursar estudos universitarios ou decantarse pola formación profesional. Para decidirse precisa información sobre as saídas profesionais. A quen acudirá? Unha das familias da escola dirixe unha compañía de teatro, polo que ofrecen ó centro, de forma gratuíta un curso de expresión corporal, dramatización e técnicas de preparación vocal. A quen lle correspondería motivar e promover a participación neste curso? Nun CEIP hai un alumno de 5 anos con Síndrome de Down. Para que este alumno poida pasar a primaria necesita unha ACI, para a cal o orientador do centro
solicitará a colaboración dos especialistas oportunos. Quen participará neste proceso? Un alumno procedente de Ucraína demanda unha praza nun colexio de Galicia. Ante esta situación, óptase por realizar co neno unha avaliación psicopedagóxica que avalíe se o neno precisa acudir ou non a un grupo de linguas.
Quen se encargará disto? • Referentes teóricos: enfoques clásicos da orientación (trazos e factores, couseling non directivo).

• Fases no seu desenvolvemento:
1. Inicio e estruturación da relación de axuda
2. Exploración
3. Tratamento en función do diagnóstico
4. Seguimento e avaliación. - A intervención é de tipo individual e grupal,
ademais de presentar outros aspectos e actividades de tipo comunitario.

- Os recursos do centro e da comunidade son
amplios e eficaces.

- Na integración no curriculum de elementos da orientación poden xurdir dificultades por falta de coordinación.

- Son programas dirixidos a pais e alumnos, e
contan coa colaboración de pais, paraprofesionais, empresarios… Ideas previas

¿QUE LEXISLACIÓN COÑECEDES QUE REGULE A ORIENTACIÓN EN GALICIA? Definición:

Correspóndelle ás administracións públicas
facer propostas para todo un territorio.

•Exemplos:

Modelo do MEC
Modelos das Comunidades Autónomas.
Modelos da Unión Europea.
... Ideas previas

¿QUE TIPOS DE INTERVENCIÓN COÑECEDES? Grazas pola vosa atención José Pablo Franco López
Martín Outeiriño Santos
Alberto Martínez Antelo
Silvia Pérez Sampedro
Yasmina Souto Taboada
Damián Varela Sánchez Enlaces dos videos mostrados
Full transcript