Loading…
Transcript

ESPAÑA NO SECULO XIX

Fernando VII, que estivera preso durante a guerra, regresou a España en 1814. Foi recoñecido como rei grazas a elaboración da primeira constitución liberal de 1812.

REINADO FERNANDO VII

Favoreceu aos absolutistas que querían suprimir a Constitución de Cádiz e as reformas liberais.

A constitución só estuvo vixente entre 1820 e 1823 (trienio liberal), cando a rebelión ou pronunciamento do coronel Riego obrigou a Fernando VII a converterse en rei constitucional.

Durante o seu reinado, a maior parte das colonias americanas aproveitaron a debilidade da monarquía para independizarse grazas aos liberadores, como Simón Bólivar e José de San Martín.

Antes de morrer, Fernado VII derroguo a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres, para que a súa filla Isabel puidese sucederlle no trono.Os absolutistas non aceptaron este cambio e apoiaron a Carlos, irmán do rei, polo que se lles chamou Carlistas.

REINADO ISABEL II

Durante os primeiros dez anos de reinado de Isabel II exerceron a rexencia a súa nai, María Cristina, e o xeneral Espartero. Foi declarada maior de idade con trece anos e o seu reinado caracterizouse pola inestabilidade. Os carlistas subleváronse provocando a primeira (1833-1840) e a segunda guerra carlista (1846-1849). Os liberais que apoiaban a raíña dividíronse en moderados (conservadores partidarios de dar máis poder ao rei) e progresistas (partidarios de dar máis poder ás Cortes).

O descrédito e o partidismo da raiña, o autoritarismo dos gobernos moderados e unha grave crise economica provocaron en 1868 unha revolución coñécida como << A Gloriosa>>, que acabou coa renuncia de Isabel II ao trono.