Introducing 

Prezi AI.

Your new presentation assistant.

Refine, enhance, and tailor your content, source relevant images, and edit visuals quicker than ever before.

Loading…
Transcript

RUGBY

INTRODUCIÓN

REGULAMENTO

MELÉ E TOUCHE

MAUL E RUCK

Carlos Mariño Pego

CEIP de Olveira

http://maisqueximnasia.ga

O Rugby é o deporte de equipo por excelencia xa que un xogador/a, por moi hábil que sexa, non é quen de decantar o resultado dun partido.

Para facer tanto (ensaio) hai que pousar o balón nunha determinada zona do campo: zona de ensaio.

Participan un total de 15 xogadores/as por equipo, transportando, pateando ou pasando un balón ovalado.

Foto por lisadragon (flickr.com)

O Rugby é o deporte de equipo por excelencia xa que un xogador/a, por moi hábil que sexa, non é quen de decantar o resultado dun partido.

OS XOGADORES/AS

O CONTACTO

Foto por Alberto Ferrante (flickr.com)

Para facer tanto (ensaio) hai que pousar o balón nunha determinada zona do campo: zona de ensaio.

Participan un total de 15 xogadores/as por equipo, transportando, pateando ou pasando un balón ovalado.

O Rugby é un deporte de contacto, pero “limitado”. Só podemos tocar ao xogador/a que teña o balón.

Ademais, non se pode golpear “gratuitamente” a un contrario/a, o Rugby é o deporte insignia do “FAIR PLAY” (xogo limpo).

O AVANT

A regra máis importante é o “AVANT” que prohibe pasar o balón coas mans cara diante (cara o campo contrario).

Nos “AGRUPAMENTOS” (ruck e maul) pode haber contacto entre varios xogadores aínda que non teñan o balón.

É posible pasar o balón cara diante, pero só co pé. Neste caso só poderán xogar o balón aqueles/as que no momento da patada estaban por detrás do xogador que pateou.

O FORA DE XOGO

Si nunha xogada quedamos por diante do balón, temos que retroceder para poder entrar novamente no xogo.

Outra regra moi importante é a de “FORA DE XOGO”. O fora de xogo en Rugby márcao o balón, é dicir, os xogadores/as de un equipo teñen que estar nun lado do balón e os do outro equipo no outro.

Foto por Steve Corey (flickr.com)

O CAMPO

É algo máis grande que o do Fútbol Americano, co cal é complicado agarralo cunha soa man.

O Rugby practícase nun campo de herba coas medidas máximas (100 x 70 metros). O campo está dividido en varias zonas por liñas.

As zonas máis importantes son as “ZONAS DE ENSAIO” que se atopan nos fondos do campo.

O BALÓN

Como xa sinalamos con anterioridade, o balón de Rugby é ovalado. Isto fai que sexa máis doado transportalo coas mans que cos pés, xa que “bota mal”.

INSTALACIÓN

E MATERIAL

As liñas laterais chámanse “LIÑAS DE TOUCHE” e cando o balón sae por elas, temos que comezar o facendo unha “TOUCHE” (saque de banda de Rugby).

Ademais, durante o xogo si algún xogador/a acada un “DROP” (patea o balón entre os paus previo bote deste no chan), ou si transforma un “GOLPE DE CASTIGO” (falta grave) directamente entre os paus, suma 3 puntos.

Son dúas formas de agrupamentos que podemos ver nun partido de Rugby. Neles Cada xogador/a ten que estar no seu lado do campo para non cometer “fora de xogo”.

OS PAUS

O “MAUL” é un agrupamento onde tódolos xogadores/as do “paquete” están en pé.

Foto por lisadragon (flickr.com)

No Rugby non hai porterías, pero si “PAUS”. Serven para puntuar. Despois de cada ENSAIO (vale 5 puntos) o equipo que ensaiou ten a posibilidade de sumar 2 puntos máis si consegue pasar o balón por riba do traveseiro e entre os dous paus verticais, golpeándoo co pé.

Foto por lisadragon (flickr.com)

O “RUCK” é un agrupamento onde parte dos xogadores/as están no chan. É importante que cando un xogador/a cae ao chan co balón ten que soltalo “INMEDIATAMENTE”.

Foto por Steve Corey (flickr.com)

Foto por lisadragon (flickr.com)

MELÉ

É unha forma de poñer o balón en xogo despois dunha infracción.

Os dianteiros (os 8 dun equipo, e os 8 do outro), colocados dun xeito determinado.

O balón botarase de xeito imparcial ao medio do corredor.

TOUCHE

En función de quen cometera a infracción (avant,...) introducirá o balón na mesma un equipo ou o outro.

É a forma de poñer o balón en xogo cando sae pola banda (liña de touche). As dúas dianteiras colócanse en fila deixando un corredor polo medio.

Foto por Por Dhammika Heenpella / Images of Sri Lanka (flickr.com)

Learn more about creating dynamic, engaging presentations with Prezi