Introducing
Your new presentation assistant.
Refine, enhance, and tailor your content, source relevant images, and edit visuals quicker than ever before.
Trending searches
Isabel Mouzo
poñendo en común (todo o cole) as ideas previas que tiñamos acerca das posibles relacións entre música e animais.
E xurdiron non poucas cuestións, entre elas:
fan
A CANCIÓN MÁIS BONITA
DO MUNDO
A zoomusicoloxía é un campo dentro da zooloxía e a musicoloxía que estuda todo o referente á música dos animais NON humanos, os aspectos musicais do son ou da comunicación producida e recibida.
As baleas e cetáceos comunícanse entre si cuns sons que resultan relaxantes para os humanos, mesmo os investigadores atoparon patróns moi similares aos do noso canto.
O biólogo marino Philip Clapham describe o canto destas especies como probablemente o máis complexo do reino animal.
O canto ten diversas funcións, entre elas a ecolocalización e a selección sexual.
unha compañía de Telecomunicacións de Autralia, "Yes Optus", encargou ao compositor Bruce Heald unha peza para comunicarse coas baleas chepudas na súa mesma linguaxe. Fixeron un anuncio publicitario dirixido por David Denneen. ¿Queredes ver que pasou?
Algúns investigadores, coa intención de demostrar que a musicalidade é unha capacidade humana innata e non resultado da cultura, puxéronse a estudar as aves.
Atoparon habilidades moi parecidas ás humanas. Capacidade de recoñecer melodías, de moverse a ritmo, de imitar patróns....
no vídeo veredes o movemento rítmico e expresivo dunha cacatúa coa música que interpreta o seu dono
As danzas de cortexo das aves son, ademáis de complexas e inxeniosas, moi moi rítmicas. É por iso que ao compilador dos seguintes vídeos ocorréuselle editalos con músicas de fondo para demostralo. Son danzas de una beleza incrible.
Algunhas aves son expertas imitadoras de sons distintos ao canto da súa especie, aínda que as razóns polas que o fan son diferentes.
Entre elas atópanse o SINSONTE, a AVE LIRA, o PAXARO ÍNDIGO, a EUFONIA PIQUIGRUESA, o ZORZAL...
Son consideradas parlantes aquelas aves que poden imitar a fala humana. Teñen distintos graos de intelixencia e capacidade de comunicación. O corvo por exemplo é uha ave altamente intelixente que só pode imitar unhas poucas palabras ou frases, en cambio algúns periquitos teñen un vocabulario de case 2000 palabras. Atópanse entre elas o LORO ECLECTO, o LORO GRIS AFRICÁN, o LORO MONXE, o PERIQUITO, a CACATÚA...
O sinsonte pode aprender máis de 200 novas melodías ao longo da súa vida, contando con sons ambientais e cantos de outras especies. Hai investigadores que suxiren que as femias prefiren machos que tengan un repertorio máis amplo. Outros sinalan que aprenden os cantos doutras especies para mantelos afastados do niño.
É unha ave que habita únicamente en Australia e ten a capacidade de imitar calquera tipo de sons.
Ouve o que sucede ao seu redor e automáticamente (se así o desexa) reproduce os sons, que poden ser o canto doutros paxaros, sons de animais, o vento, pasos humanos e incluso outros tipos de ruidos artificiais como martillazos, serra eléctrica, cámaras fotográficas, video xogos, sons de instrumentos, e moito máis, prácticamente non hai son que non poida imitar.
É un paxaro neotropical cuxa femia, cando sente o seu niño ameazado, imita os sons de alarma de outras especies e consegue atraer a atención delas para atacar ao depredador.
Nome vulgar de varias aves paseriformes do mesmo xénero que o melro. Aprenden cancións distintas, imitando os ruidos do redor ou os trinos de outras especies salvaxes e domésticas (xílgaros, liñaceiros, galiñas, periquitos australiáns...) e dá a impresión de que o fan só polo pracer de cantar.
É un dos loros que viven en África. O seu aspecto é inconfundible; co seu negro pico, as plumas grises e a cola vermella. Caracterízase pola elevada capacidade de memorización.
O corvo é oportunista, imitador, xogador e sobre todo, moi curioso. A súa grande intelixencia permítelle imitar todo tipo de sons, incluída a voz humana.
No ano 1909 "The New York Times", publicou un artigo titulado “Os efectos da música sobre Animais do Zoo”, no que se falaba dos efectos da música en todo tipo de especies do Zoolóxico do Bronx.
En 2009, unha violoncelista estadounidense, xunto ao psicólogo Charles Snowden da Universidade de Wisconsin, realizaron un experimento no que se comprobou que outras especies animais son capaces de reaccionar emocionalmente ante estímulos musicais.
Na actualidade os biomusicólogos argumentan que a linguaxe musical é unha linguaxe que, dalgún xeito, compartimos tanto os humanos coma moitos outros animais .
aquí tedes dous exemplos de vacas que non parecen nada indiferentes ante a música, mesmo algunhas veñen dende lonxe a gozar do concerto. E outras atrévense a facer os coros!!!
Hai opinións diversas en canto o ouveo dos cans como resposta a música. Hainos que pensan que non lles disgusta, algúns veñen voluntariamente, dende lonxe ás veces, a acompañar o que está soando coa súa expresiva voz.
Aquí tedes dous exemplos
aquí veredes como reaccionan corporalmente uns elefantes ao escoitar música. De Bach no violín no primeiro vídeo e dunha frauta nativa indíxena americana no segundo.
No primeiro trimestre deste curso cada aula elixiu un animal que estudar en profundidade. Na aula de música interesámonos polos sons que produce, como utiliza a súa voz....
Os animais escollidos en Infantil foron o moucho, a xoaniña e o caracol.
Por moito que o intentamos non fomos quen de atopar o son que fan as xoaniñas nin os caracois. Vai no seu lugar un vídeo de sons de insectos variados.
Os mouchos si que teñen sons do máis diverso!!! Vai so un exemplo.
En 1ºA elixiron o GRILO. E teñen moita sorte!!!! Os que teñen na aula non paran de cantar.
En 1ºB elixiron o LAGARTO. Aquí tedes a súa voz.
En 2ºA elixiron a TARTARUGA. Non deixamos de sorprendernos coa súa voz.
En 2ºB elixiron o OURIZO. Ten unha voz moi bonita.
O morcego é o animal de 3ºA.
Escoitade que sons tan curiosos
O hámster é o animal de 3ºA.
Escoitade !!!
A vacaloura, animal escollido por 4ºA é bastante silandeiro...
A menos que se poña a voar.
Os berros do corzo, animal de 4ºB, semellan ladridos de can.
De feito, á súa fala chámanlle LADRA.
5ºA elixiu a miñoca e aínda que pensabamos que non atoparíamos ningún son deste animaliño tan pequeno, sorprendémonos!!!
Claro que co ruído que facemos os humanos non é doado escoitalas...
Que dicir da ra, elixida por 5ºB!!!
Son as cantantes por excelencia do reino animal e o seu son ten efectos relaxantes nos humanos.
Estes dous animais escollidos por 6ºA e 6ºB, respectivamente, son habitantes moi coñecidos na nosa contorna e en toda a xeografía galega.
Existen concursos de caza e batidas destes animais.
Os colectivos ecoloxistas, organizados baixo a plataforma Matar por Matar NON, responden a estes trofeos con concentracións no mesmo punto onde se reúnen os cazadores para intentar boicotea-lo evento mediante o uso de chifros, berros e megáfonos.
En occidente, na antigüidade, gregos e romanos crían que os animais, sobre todo os paxaros, eran os inventores da música. E que os humanos aprenderamos deles.
Noutras culturas indíxenas e orientais é frecuente dedicar danzas e cantos a determinados animais totémicos considerados portadores de sabedoría, protección e mensaxes directos dos deuses.
Na música popular de case todas as culturas, aparecen os animais como protagonistas da historia que se canta, as veces como simboloxía ou metáfora de certas cualidades.
Na música clásica a natureza e os seres que nela habitan foron fonte de inspiración para moitos compositores.
É unha sinfonía composta de 14 movementos, que o autor creou a modo de divertimento coa intención de ridiculizar a algúns colegas compositores e intérpretes da época.
Non permitiu a súa difusión logo da estrea mentres estivo vivo, excepto co CISNE.
Na Marcha real do león un quinteto de corda fretada e dous pianos fan o ritmo de marcha. As escalas ascendentes e descendentes do piano semellan ruxidos. Identifícase no león o patrón rítmico de "Os mestres cantores de Nuremberg" de Richard Wagner. Así que xa sabemos de quen se mofaba Saint Saëns.
En Galiñas e galo, o piano e os violíns imitan os cacarexos das galiñas e poliños.
Aparece o clarinete interpretando o galo e unha galiña con moita personalidade remata esta peza.
Os Hemiones son uns asnos salvaxes que viven no Tibet e caracterízanse pola grande velocidade á que corren.
Na peza de Saint Saëns dous pianos persíguense facendo escalas a grande velocidade sen alcanzarse nunca.
Unha sátira sobre os pianistas.
En Tartarugas a parodia consiste en coller un can can de Offenbach, baile moi veloz de mala reputación na época, e interpretalo coas cordas fretadas a unha velocidade lentísima.
Se na orquestra sinfónica hai un instrumento pesado, difícil de levar, cun son arrastrado....ese é o contrabaixo. E para parodiar ao colega compositor Berlioz colle un anaco da Danza das sílfides, de "A condena de Fausto". Xusto o que non pode ser nunca un elefante...
Dous pianos simulan dous canguros correndo e saltando, parando ás veces para contemplar a extensa planicie.
As notas longas dos instrumentos de corda e os arpexios do teclado transpórtannos á inmensidade dun mar de augas calmas (Tema A). Un debuxo melódico, transportado cada vez a un semitono máis grave (Tema B) parece mergullarnos nas profundidades mariñas. A celesta, que substitúe á armónica de cristal é a encargada ao final do fragmento de levarnos novamente á superficie.
Os dous violíns, por quendas, emiten orneos cada vez máis rápidos e intensos para logo volverse cada vez máis lentos. O compositor identifica nestes personaxes aos críticos musicais, aos que tamén se escoita na apoteose final. Son os últimos animais que "ornean".
O piano descríbenos o ambiente sosegado do bosque.
Da súa profundidade misteriosa emerxerá un clarinete que de forma intermitente e pausada vainos deixar escoitar o canto dun cuco, tocando un motivo de dous notas ao longo de toda a peza.
Na Paxarería os instrumentos da corda fretada recrean o movemento do aire e o bater de as dos paxaros. A frauta travesa recrea o canto virtuoso das aves.
No seu peculiar carnaval, o compositor preséntanos como pianistas a uns mamíferos “dixitígrados”. Identifica así aos que se gaban de ser grandes virtuosos do piano pola mera execución cotián de dixitalizacións técnicas repetitivas. Os dous pianistas intentan realizar estas de xeito conxunto, ignorándose mutuamente. O resultado será un castigo acústico para os oíntes.
O xilófono pretende imitar o bater de ósos de algún fósil, parodiando así o seu propio poema sinfónico A danza macabra (Tema A). O Tema B é unha sátira dos mestres de contrapunto, superpoñendo unha serie de cancións populares francesas, nas que se cola un clarinete interpretando un anaco da ópera máis popular naquela época,
O barbeiro de Sevilla, de Rossini.
O cisne foi a única que o compositor autorizó a interpretar en vida. Nela, dous pianos recran o vaivén calmo da auga e as gotas que caen na superficie onde nada o cisne, representado polo violoncelo.
O final evoca a introdución da obra e segue coa aparición da maioría dos animais que foron presentados nas distintas escenas.
O intenso despertar dos pianos, seguidos pola celesta anuncian que o final da obra chegou e con el tamén marcha o carnaval.
É unha peza afastada das ambiciosas partituras escritas por Prokofiev ata o momento do seu regreso a Rusia, e encaixaba á perfección coas ordes de Stalin de que a música debía ser sinxela e intelixible. Dende a estrea, Pedro e o lobo é a obra musical favorita nos concertos para nenos, porque é unha peza na que diferentes instrumentos da orquestra representan os personaxes do conto infantil introducindo aos cativos no coñecemento dos instrumentos da orquestra sinfónica .
É un Quinteto para piano e cordas escrito para un grupo pouco frecuente formado por piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo. Foi composto cando Schubert tiña só 22 años.
A frauta máxica é a última ópera de Mozart e foi composta no mesmo ano da morte do compositor. Din moitos críticos que poderían rastrexar nela influencias masónicas, xa que se cre que Mozart pertenceu á masonería e nos momentos políticos que se vivían para a estrea, esta organización era considerada como perigosa.
O primeiro cantante que interpretou a Papageno, o paxareiro ou home-paxaro, foi Schikaneder, seica irmán de loxia de Mozart. A ópera converteuse en parte importante do repertorio operístico e para moitos é a máis grande obra do xenio austriaco e unha das mellores óperas da historia.
É unha das obras mestras do ballet clásico tradicional. Estreouse no Teatro Bolshoi de Moscú e conta a historia do príncipe Sigfrido, quen é convidado polos seus amigos a unha cacería nun lago próximo, co propósito de distraerlo para que poida elixir consorte. Os cazadores chegan a un lago dominado por un bruxo de nome Von Rothbart, que ao verse perseguido por Odette convértea nun precioso cisne xunto coa súa corte.
Forma parte de O Zar Saltán, ópera baseada bna lenda rusa, onde unha princesa conta que o zar Saltán casa cunha moza cuxas envexosas irmás traman un plan para matala. Pero ela sobrevive co seu fillo, que remata sendo un príncipe famoso coa axuda dun cisne que ten a capacidade de concederlle os desexos que pida.
O "Duetto buffo di due gatti", é unha peza para dúas sopranos
(o rexistro máis agudo das mulleres) atribuída frecuentemente a G. Rossini.
En realidade non foi composta por el, senón por un tal
G. Berthold utilizando anacos da ópera Otello, de Rossini, no 1825.
Aquí tedes dúas marabillosas versións, nas que o MIAUUU é o único texto:
As culturas primitivas caracterízanse por ter un grande respecto pola nai terra. Debido a isto é que cando matan un animal para comer intentan darlle uso a todo o que sae del, como unha forma de recoñecemento, de renderlle homenaxe. Así é que os primeiros instrumentos foron feitos de ósos, pel, tripas....
A pesar da creación de novos materiais como o plástico, aínda hoxe hai instrumentos que teñen moi difícil a sustitución do elemento animal por estes materiais, como é o caso do arco do violín.
No noso folklore contamos coas cunchas, un instrumento que xa ven feito da natureza. Non hai nada que lles facer.
Ata hai ben pouco, as gaitas empregaban unha pel de cabrito enteira para o fol, sustituído primeiro por coiro de vaca cosido e actualmente por Goretex.
a buguina tamén xa ven feita do mar
As tarrañolas, actualmente de madeira, chámanse bones en Irlanda polo feito de que comezaron a construírse cun par de costelas de vaca ou porco.
Mesmo os membranófonos coma a pandeireta, pandeiro, tambor e bombo realízanse con pel de cabrito ou ovella
CAJA CHAYERA: membranófono coya feito con pel de cabra
CHARANGO:
cordófono coya feito coa cuncha dun armadillo
CHAS CHAS:
idiófono coya feito con unllas de cabra
GAITA COLOMBIANA: aerófono colombiano con embocadura feita de cera de abella e pluma de pato
QUEIXADA DE BURRO: idiófono utilizado sobre todo no Perú e Colombia
TAMBOR CHAMÁNICO: membranófono dos nativos norteamericanos feito con pel de cabra
BOMBO LEGÜERO: membranófono criollo feito con pel de vaca
AYOTL:
idiófono indíxena mexicano feito coa cuncha dun sapoconcho
WAKA WAQRA: aerófono andino feito con varios cornos vacúns
O SHOFAR é un aerófono xudeu: un corno de carneiro, cabra, antílope ou gacela que acompaña os textos sagrados. Nestes cornos atópase a orixe de todos os nosos instrumentos de boquilla.
Na familia da CORDA FRETADA, os arcos están feitos con crin de cabalo e moitas veces as cordas que se utilizan están feitas a partir de tripa de ovella.
Sen deixar de mencionar o marfil das teclas do piano e clave, as primeiras frautas de óso....
Este curso decidimos continuar cos biblioconcertos en
formato de baño sonoro, despois do éxito da experiencia
do curso pasado.
Mais se o curso pasado foron interpretados con instrumentos chamados "de poder", este ano estiveron inspirados en diferentes paisaxes sonoras onde os animais son ben característicos e constitúen pistas indiscutibles que nos levan a mergullarnos dentro da propia paisaxe.
Cada curso intérprete propuxo moitas opcións que se votaban unha primeira vez elixindo as que máis nos gustaban e logo decantándonos por unha das máis votadas nunha segunda votación única. Logo investigamos acerca dos sons animais e non animais da paisaxe escollida, experimentamos grupalmente maneiras de reproducir eses sons, establecemos unha "partitura",
repartimos "instrumentos", ensaiamos
e
VOILÀ
As instrucións para os asistentes son:
Escoitaredes auga, vento, grilos, ras, mouchos, curuxas, morcegos, un gato, as follas das árbores, lobos....
Claro que a experiencia en vivo e directo é insustituíble.
Escoitaredes as ondas do mar, gaivotas, aves mariñas, patos, o vento nas follas, aves do bosque hawaiiano, o ukulele e unha steel guitar.
Mais nada se compara con estar tumbad@ no chan...
A viaxe máis salvaxe...e difícil de reproducir!!!
Nela escoitaredes algúns animais da Sabana como paxaros, hienas, leóns, búfalos, monos, o ronroneo dun guepardo, elefantes, grilos, instrumentos africanos coma a kalimba e o balafón, e unha nana do Congo en lingala: "olelé"
Para facer este concerto miramos un documental chamado "Los sonidos de la Sabana", onde aparecen todos os sons ao longo dun día enteiro na Sabana.
A viaxe máis teatral...e coñecida por tod@s. Nela escoitaredes sons de fóra da casa: paxaros, gatos, galiñas, xogos de mans, o timbre da porta. Dentro: a porta abríndose, o teléfono, Súper Mario Bross na play, unha nai chamando a ducharse, a ducha, bater de ovos, a tixola, pota a ferver, cubertos, lavarse os dentes, o último pis antes de deitarse, a cisterna, caixiñas de música, o pasar as follas dun libro, o gato ronroneando, mouchos e cans fóra...
O silencio da noite.....un galo a cantar e o reloxo espertador.
Non vos podemos dicir nada desta viaxe, posto que a estrearemos neste I Congreso do Cole de Reboreda.
Só que @s asistentes escoitaredes algo semellante a isto:
Se tedes a sorte de asistir xa sabedes:
tumbádevos e gozade da viaxe!!!
Aquí atoparedes paisaxes sonoras reais, recollidas por etnomusicólogos expertos en bioacústica.
Gozade coa diversidade animal e os sons ambientais!!!