Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

A TERRA

No description
by

Pablo Liñayo Filgueira

on 18 June 2016

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of A TERRA

A TERRA E A SÚA EVOLUCIÓN
A orixe da terra
Os fósiles
É a etapa máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 millóns de anos e remata hai aproximadamente 570 millóns de anos. Durante este período xorden as primerias formas de vida no noso planeta.
O Precámbrico
O
Fanezoroico
é o eón máis curto; comezou hai só 570 millóns de anos. Por ser o máis próximo a nós, é a época da que temos máis información. Divídese en tres grandes eras:
Paleozoico
,
Mesozoico
e Cenozoico.
O Paleozoico
Orixe da Terra e do sistema solar
A Terra e todo o Sistema Solar formáronse a partir do gas e po cósmico dunha
nebulosa
.
Hai uns
4600 millóns de anos
, o gas e o po da nebula comezaron a contraerse debido á onda expansiva producida pola explosión dunha estrela.
Máis tarde, o material nebular condensouse e comezou a xirar, a nebulosa adoptou forma de disco. No centro deste disco xiratorio concentrouse a maior parte da masa da nebulosa. A materia que non formou parte da
estrela
permaneceu xirando arredor dela, atraída pola gravidade. Ao descender a temperatura , formáronse fragmentos sólidos do tamaño de grans de area . Este fragmentos uníronse formando corpos máis grandes denominados
planetesimais
.
Imaxe dunha nebulosa
A evolución do Planeta Terra
Durante moitos millóns de anos, despois da súa formación, a Terra seguiu recibindo impactos de meteoritos e continuou incrementando a súa masa.
Ao medrar, o planeta comezou a quentarse debido a tres efectos combinados:
-
A enerxía liberada polo impacto dos meteoritos.
- A contracción gravitatoria.
A desintegración radioactiva de elementos coma o uranio, o torio e o potasio
.
Chegou un momento en que a Terra se fundiu totalmente e comezou unha diferenciación en capas no seu interior:
-Elementos pesados, que se fundiron e formaron un
núcleo
.
-Materiais lixeiros, que formaron a
codio
e o
manto
.
-Materiais grosos que deron lugar a
atmosfera
.
Cráter provocado polo impacto dun meteorito na Lúa
Os
fósiles
son restos mineralizados de seres vivos, así como pegadas ou trazos da súa actividade vital sobre o substrato.
Tamén se consideran fósiles as
impresións
ou
calcos
marcados nas rochas por organismos de corpo brando (vermes), as
pisadas
ou
pegadas
deixadas ao desprazarse; os
tubos
ou
galerías
contruídos como vivenda, así como os
bolos alimenticios
e os
coprólitos
.

A fosilización
Os restos dos seres vivios que se atopan á interperie descompóñense rapidamente pola acción combinada dos axentes xeolóxicos externos e dos fungos e bacterias. Pero se estes restos orgánicos quedan cubertos por un material que os illa do conntacto atmosférico, poden fosilizar.
A
fosilización
consiste nunha serie de transformacions químicas nas que se vai sustituíndo a materia orgánica por inorgánica, o que permite que conserven exactamente a estructura e a forma do organismo orixinal

Nesta imaxe podemos apreciar un Trilobite.
Proceso de fosilización
A primeira codia continental
-A primeira codia continental formouse nun tempo comprendido entre os 3800 e 2800 millóns de anos.

-Os restos da codia continental antiga denomínanse
escudos
e forman o núcleo dos actuais continentes.

-Aínda que non se sabe co seguridade é probable que ao final do Precámbrico xa existise unha
dinámica de placas semellante á actual
.
No Precámbrico xorde a vida
A evidencia das primeiras formas de vida na Terra atopouse nunhas rochas de Groenlandia, de 3850 millóns de anos. Os primeiros organismos pluricelulares coñecidos corresponden á
fauna de Ediacara
.
A escaseza de fósiles precámbricos débese a dous factores:
-Practicamente a totalidade dos organismos debían de ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar .
- As rocas sedimentarias deste período foron metamorfizadas e os restos de organimos que puideron quedar englobados nelas, destruíronse.
Os fósiles máis abundantes do Precámbrico son os
estromatolitos.

Cambios ambientais durante o Precámbrico
Os océanos e a atmosfera sufriron cambios moi importantes:
-Aumentou a
concentración salina no mar.
-Formouse unha
atmosfera oxidante
.
Os científicos cren que a atmosfera primitiva era rica en hidróxeno, metano, vapor de auga e amoníaco, pero que non contiña osíxeno. Era unha
atmosfera redutora
moi diferente á actual.
Hai uns 3400 millóns de anos, apareceron as
cianobacterias
que producen osíxeno.

O Paleozoico
Os xeólogos determinaron que o
Paleozoico
comezou hai uns 570 millóns de anos, cando apareceron especies animais con cacho ou coiraza, partes do corpo duras que permitían unha fácil fosilización, e rematou hai aproximadamente 250 millóns de anos. Os fósiles máis representativos son os dos
trilobites
.
A vida no Paleozoico
Durante o Paleozoico produciuse unha grande explosión de vida. Ademais de
invertebrados
, apareceron os
vertebrados
e os
vexetais

arborescentes
.
Hai gran cantidade de restos fósiles de invertebrados paleozoicos, xa que nesta época apareceron esoecies animais con cachos ou coirazas. Os máis característicos foron os trilobites.
Hai uns 400 millóns de anos (no período Devónico) apareceron os primeiros
insectos
. Xurdiron tamén os
arácnidos
e os
miriápodos
.
O Mesozoico
O
Mesozoico
, ou era Secundaria, comezou hai uns 250 millóns de anos. Esta divídese en tres grandes períodos:
Triásico
,
Xurásico
e
Cretáceo
.
A Ruptura de Panxea
A comezos do Mesozoico, todas as terras emerxidas formaban o supercontinente Panxea.
Durante o Triásico, Panxea comezou a fragmentarse formando dous supercontinentes: ao Norte quedou Laurasia( formada por Norteamérica, Europa e Asia) e ao sur, Gondwana (formada por Sudamérica, África, India e Austria).
Máis adiante, comezou a abrirse o océano Atlántico, separando África de Sudamérica.
A Antártida e Australia desprazáronse cara ao Sur, e formouse o océano Índico e a India, desmembrada de África e da Antártida, comezou a súa migración cara ao Norte.
A vida no Mesozoico
-Os
moluscos
foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares mesozoicos. Entre eles, destacaron as
amonitas
, cefalópodos de cuncha en espiral.
-O trazo característico do Mesozoico foi a explosión evolutiva dos
réptiles
. Dominaron a terra firme e adaptáronse a todos os ambientes: os
ictiosauros
vivían no mar e tiñan unha forma semellante á dos peixes, e os
pterosauros
podían voar. Os réptiles máis abundantes desta era foron os
dinosauros
.
-Os
mamíferos
e as aves evolucionaron a partir de diferentes grupos de réptiles. Os mamíferos máis primitivos apareceron no Triásico; procedían dos réptiles terápsidos.
As
aves
apareceron no Xurásico e o fósil máis antigo que se coñece é o de
Archaeopteryx
que viviu hai uns 150 millóns de anos.

O final da era
O límite entre o Mesozoico e Terciario está marcado pola extinción simultánea de gran cantidade de especies animais e vexetais, especialmente os dinosauros. Tamén desapareceron, de maneira repentina e simltánea, moitos grupos de invertebrados mariños, comas as amonitas, algúns bivalvos e os organismos do plancto.
O Cenozoico
O
Cenozoico
comprende os últimos 65 millóns de anos. Divídese en dous períodos:
Terciario
e
Cuaternario
.
O Terciario
Ao comezo do Terciario, os continentes estaban separados. Durante este período acentuouse a expasión dos océanos e producíronse os últimos movementos dos continentes. A actividade tectónica foi moi intensa.
A vida no terciario
A fauna do período Terciario era moi diferente da do Mesozoico:
-Os
invertebrados
máis característicos deste período foron as
numulitas
. Tamén foron moi abundantes os moluscos gasterópodos.
-Os
mamíferos
conquistan a Terra. No Terciario, produciuse o grande éxito evolutivp dos mamíferos ao desaparecer gran parte dos réptiles ao final do Mesozoico.
-As
aves
perderon os dentes e conseguiron un esqueleto máis lixeiro.

O Cuaternario
O
Cuaternario
comeza hai uns 1,6 millóns de anos. A súa principal caractística é o descenso da temperatura media da Terra, o que deu lugar a grandes glaciacións. Durante todo o Cuaternario continúa o movemento das placas da litosfera.
No Cuaternario non aparecen formas novas de vida, aínda que as existentes evolucionaron cara ás que coñecemos na actualidade.
Durante ester período ten lugar a evolución da
especie

humana
, que tivo as súas orixes aproximadamente ao
final

do

Terciario
.
O desprazamento dos continentes
Ao comezo do Paleozoico, a Terra estaba constutuída por catro grandes masas continentais que constitíen o esqueleto dos continentes actuais.
Durante o Paleozoico, estas masas foron desprazándose, e ao final do Permiano bateron e formaron unha masa continental única, chamada
Panxea
.
Imaxe da Panxea.
Extinción dos dinosauros
Imaxe dunha numulita
Vocabulario tema 8

Codia - Crust
Manto-mantle
Nebulosa-nebula
Núcleo-core
Disco xiratorio- gravitory disc
Sistema Solar- solar system
Glaciación - glaciation
Gas-gas
Po cósmico- cosmic Pwoder
Material nebular-nebular materials
Onda expansiva-expansive wave
Procesos xeolóxico-geological processes
Dique-dam
Bolos alimenticios-food skittles
Pisadas-trodden
Excrementos-excrements
Fósiles-fossils
Restos mineralizados-mineralized remains
Dinámica de placas-dynamics of plates
Vexetais arborescentes- tree-shaped vegetables
Extinción-extinction
Cefalópodo-cephalopod
Masas contientais- continental masses

Vocabulario tema 9
Tectónica de placas- plate tectonics
Deriva contiental- continental drift
Capa de sedimentos-sediment layer
Dorsal oceánica-ocean ridge
Placas litoféricas-lithospheric plates
Actividade sísmica- seismic activity
Placas tectónicas-tectonic plates
Dinámica do manto-dynamic mantle
Límites neutros-neutral limits
Dorsais oceánicas-dorsales oceánicas
Límites diverxentes-divergent limits
Puntos quentes-hot spots
Subdución-subduction
Foxas-pits
Arcos illas-arches islands
Desprazamento lateral-sideshift
Fallas-failures
Dinámica terrestre-terrestrial dynamic
Teoría da deriva contiental-theory of continental drift
Vocabulario tema 10
Ondas sísmicas-seismic waves
Foco-focus
Hipocentro-hypocenter
Maremoto-seaquake
Sismogramas-seismograms
Movemento de masas-mass movement
Magma do subsolo-subsurface magma
Límites neutros-neutral limits
Límites destructivos -destructive limits
Zonas activas-hotspots
Cordilleiras-ridges
Pregamentos-foldings
Mantos de corremento-thrust nappes
Fallas-failures
Plano de falla-failure plane
Labios de falla-failure lips
Fallas normais -normal failures
Fallas inversas-reverse failures
Full transcript