Introducing 

Prezi AI.

Your new presentation assistant.

Refine, enhance, and tailor your content, source relevant images, and edit visuals quicker than ever before.

Loading…
Transcript

TEMA 10: Hialoplasma, citoesqueleto e estruturas non membranosas.

- As membranas que limitan o núcleo e os orgánulos favorecen a compartimentación da célula, o que permite a especialización funcional dos orgánulos.

- Hai 2 formas de compartimentación: Sistemas internos de membrana (RE e aparello de Golgi) e orgánulos membranosos ( núcleo, mitocondrias, plastidios, peroxisomas, lisosomas e vacúolos).

Membrana plasmática: Formada por lípidos (fosfolípidos, esfingolípidos e esterois), proteínas e glícidos (forman o glicocálix da cara externa). O modelo máis aceptado é o de mosaico fluído de Singer e Nicolson (1972).

FISIOLOXÍA: Ten permeabilidade selectiva. As substancias poden pasar a través de transporte activo (en contra de gradiente e facilitado por bombas), pasivo (difusión de moléculas a favor de gradiente, facilitada ou non por proteínas canal ou permeasas), endocitose, exocitose ou transcitose.

O Retículo Endoplasmático: Determina o espazo luminal e o citosólico. O RER leva acaroados ribosomas, ten sacos ou cisternas e sintentiza, almacena e glicosila proteínas. O REL é unha rede tubular interconectada que se continúa do RER e participa na síntese de lípidos, contracción muscular, destoxificación, liberación de glicosa e na maduración e control proteico.

Que estudamos no tema 9?

http://www.johnkyrk.com/er.esp.html

O aparello de Golgi: Formado polos dictiosomas e as vesículas asociadas. As funcións son o transporte de proteínas, modificación de lípidos ou proteínas, formación do septo telofásico nas células vexetais e formación dos lisosomas primarios.

Os lisosomas, peroxisomas e vacúolos, que son orgánulos rodeados de membrana que conteñen enzimas que interveñen en distintos procesos de dixestión (hidrólise, oxidación,...) e transporte.

As mitocondrias, formadas por dúas membranas, unha externa e outra interna que delimita o espazo intermenbrana e a matriz mitocondrial. Segundo as necesidades da célula así o condrioma será máis ou menos voluminoso. Funcións: nelas lévase a cabo o Ciclo de Krebs, a cadea respiratoria, a fosforilación oxidativa, a Beta-oxidación e a concentración de substancias. Os Cloroplastos, que son plastidios, en concreto cromoplastos con clorofila nos que se realiza a fotosíntese. Ten doble membrana e unhas estructuras interiores chamadas tilacoides.

MITOCONDRIA

CLOROPLASTO

- Que é? Unha solución acuosa. Contén entre un 70 e 80% de auga, entre un 20 e 30% de compoñentes de natureza proteica e unha pequena cantidade de ións e moléculas orgánicas de pequeno tamaño: aminácidos, glícidos e ATP.

- Ubicación? No medio intracelular.

- Estado físico? xel ou sol (consistencia máis fluída)

- Funcións? Regula o pH intracelular. Acolle a maioría das reaccións metabólicas. Contén proteínas de natureza enzimática que participan en procesos metabólicos como a glicoxenoxénese, glicoxenólise, biosíntese de aminoácidos, biosíntese de ácidos graxos.

O conxunto de citosol + orgánulos = citoplasma

A comunicación entre o nucleoplasma e o citosol é posible grazas aos poros da envoltura nuclear.

1. HIALOPLASMA OU CITOSOL

Que é? Un conxunto de filamentos proteicos e proteínas asociadas.

Localización? Situados no citosol.

Función? Contribúen á morfoloxía,organización interna e movemento celular.

Compoñentes? Os microfilamentes de actina, os microtúbulos e os filamentos intermedios.

2.CITOESQUELETO

Onde se atopan? Nas células eucariotas

Función? Movementos celulares

Como son? Estructuras alongadas cuxos extremos teñen diferente polariade e que se poden polimerizar e despolimerizar con facilidade. A actina pode atoparse de varias formas:

- Actina G: proteína globular de actina non polimerizada.

- Actina F ou actina polimerizada: dúas febras de actina G enroladas como unha hélice de dobre cadea. Estes microfilamentos conteñen proteínas asociadas (as ABP) que modifican as súas propiedades. Clasifícanse en proteínas estructurais ( que interveñen na unión dos filamentos de actina) e proteínas reguladoras (como a miosina, que xunto coa actina intervén na contracción muscular).

MICROFILAMENTOS DE ACTINA

Que son? Formacións cilíndricas que se atopan dispersas polo citoplasma ou formando parte dos cilios, dos flaxelos e dos centríolos. Trátase de estructuras dinámicas, que se poden formar ou destruír segundo as necesidades fisiolóxicas da célula.

De que están formados? Se os seccionamos trasnversalmente, aparecen constituídos por trece subunidades ou protofilamentos, cunha cavidade central. Dende un punto de vista químico, están compostos por unha proteína chamada tubulina. Existen dous tipos de tubulinas: -tubulina e a -tubulina, que se asocian formando dímeros que, á súa vez se polimerizan para formar cada un dos trece protofilamentos que forman os microtúbulos.

Función? Organizan o esqueleto celular e permiten a localización dos orgánulos no interior da célula. Forman o fuso mitótico que se encarga de organizar o movemento das cromátidas na mitose e dos cromosomas na meiose. Tramportan no interior da célula vesículas a través do citoplasma. Constitúen estructuras coma o centrosoma e os aparatos ciliar e flaxelar.

Microtúbulos

Que son? Estructuras formadas por proteínas fibrosas, moi resistentes, estables e que se atopan en todas as células eucariotas. Denomínanse "intermedios" porque o seu diámentro é intermedio entre o dos microtúbulos e o dos filamentes de actina.

Función? Estructural, contribuíndo xunto co resto do citoesqueleto, ao mantemento da forma celular.

Son os máis resistentes dos tres tipos.

Filamentos intermedios

3. CENTROSOMA

Que é? Estructura sen mebrana presente nas células animais.

Que estrutura ten? Dous centríolos rodeados polo material pericentriolar, electrónicamente denso e amorfo. Ao conxunto coñéceselle como centro organizador de microtúbulos (COMT).

Os centríolos dispóñenese perpendicularmente entre eles. Cada centríolo é unha estrutura cilíndrica, cuxas paredes constitúense de nove grupos de 3 microtúbulos ou tripletes, que forman a estrutura coñecida como 93+0.

Función? O centrosoma é o centro organizador dos microtúbulos. Del derivan todas aquelas estructuras que, coma os cilios ou os flaxelos, están constituídas por microtúbulos, entre elas o fuso mitótico. Nas células vexetais que carecen de cntrosoma, os microtúbulos xéranse a partir dunha zona difusa.

O microtúbulo A : Máis interno. 13 Protofilamentos.

O C: Máis externo. Imcompleto, 10 protofilamentos.

O B: O do medio. Imcompleto, 10 protofilamentos.

Os tripletes son unidos pola a nexina (proteína)

ESTRUCTURA "RODA DE CARRO"

Que son? Derivados centriolares que se manifestan como expansións citoplasmáticas móbiles, que se localizan na superficie libre dalgunhas células. Os cilios son curtos e moi numerosos, e os flaxelos son longos e escasos; xeralmente só existen un.

De que están formados? Ambos responden a un mesmo modelo estructural, constituído por:

1. Un talo ou axonema (que contén nove pares de microtúblos periféricos e un par de microtúbulos centrais, formando a estructura tipo 92+ 2. Os dous microtúbulo centrais están completos, cada un ten os seus 13 protofilamentos. A esamblaxe destes filamentos prodúcese por unha proteína fibrilar denominada tektina. O microtúbulo A ten dúas pequenas prolongacións laterais constituídas por dineína, que media no movemento dunhas parellas de microtúbulos, sobre os outros. As parellas de microtúbulos adxacentes están unidas a través da proteína nexina.

2. Zona de transición. É a base do cilio o do flaxelo. Nesta zona desaparecen o par de túbulos centrais e aparece a denominada placa basal que conecta coa membrana plamática. Estructura 92+0.

3. Corpúsculo basal. Presenta unha ultraestructura idéntica á do centríolo e responde ao modelo 93+0.

4. Raíces ciliares. Son uns microfilamentos estriados que saen do extremo inferior do corpúsculo basal.

Función? Vinculada co movemento, xa que permiten que unha célula se poida desprazar activamente a través dun medio líqudo.

4.CILIOS E FLAXELOS

Que son? Partículas sen membrana.

De que están formados? De ARNr e proteínas (ribonucleoproteínas) que se forman en lugares distintos. O ARNr sintetízase no nucléolo, e as proteínas no citoplasma. Están constituídos por dúas subunidades separadas por unha fendedura transversal. Cada unha posúe un coeficiente de sedimentación distinto: nas procariotas, os ribosomas son (70S) e nas eucariotas, (80S). As dúas subunidades saen ao citoplasma a través dos poros nucleares e ensámblase para crear o ribosoma completo cando atopan un ARNm durante a traducción.

Onde se atopan? En tódalas células, libres no citoplasma, adheridos á cara externa da membrana do RER ou á cara citoplasmática da membrana nuclear externa ou na matriz das mitocondrias e dos coloroplastos (plastirribosomoas) con características similares aos ribosomas procariotas.

Función? Interveñen na síntese de proteínas ao unir os aminoácidos nunha orde predeterminada.

5.RIBOSOMAS

Que son? Substancias inertes de natureza hidrófoba presentes no citoplasma celular. As máis comúns son de amidón (nas células vexetais) e as de glicóxeno (nas células animais). Tipos:

1. Inclusións cristalinas

Que son? Na maioría de casos son depósitos proteicos.

Onde se atopan? Na célula animal e na vexetal

2. Inclusións hidrófobas

Que son? Produtos sintetizados pola maioría das células (que resultan do metabolismo celular) ou ben substancias de refugallo.

Onde se atopan? Nas células vexetais adoitan estar no seo de grandes vacúolos, como o caso do amidón, das gotas de graxa das sementes das oleaxinosas ou do látex das células da árbore do caucho. Nas células animais os exemplos máis representativos son os do glicóxeno (moi frecuente nas células hepáticas e nas musculares que se consome durante a contracción muscular), os lípidos, os pigmentos como a melanina, lipofucsina e a hemosiderina.

6. AS INCLUSIÓNS CITOPLASMÁTICAS

7. PAREDE CELULAR 8. MATRIZ EXTRACELULAR

PAREDE CELULAR

Que é? Unha cuberta externa, grosa e ríxida que desenvolven as bacterias, as células vexetais, algas e fungos.

De que está formada? A das células eucaritoas principalmente de polisacáridos: nos fungos, quitina, na maioría de algas e plantas, celulosa e, unidas a esta última no seno dunha matriz proteica, a hemicelulosa e a pectina.

Cal é a súa estructura? A parede das células vexetais que se acaban de formar está constituída por dúas capas: lámina media e parede primaria. Cando a célula madura, prodúcese unha terceira capa, a parede secundaria. [...]

Función? Actúar a modo de exoesqueleto que protexe a célula, lle dá forma e lle confire resistencia, pero sen interferir con iso no seu crecemento. Intervén activamente na conservación da presión osmótica intracelular.

[...]

MATRIZ EXTRACELULAR

Que é? Nas cñelulas animais, é o medio natural onde se atopan as células que forman os tecidos.

Onde se atopa? Por fóra da membrana plasmática.

De que está formada? De compostos que segregan localmente as propias células: Proteínas fibrosas como o coláxeno e a elastina, que lle confíren á matriz extracelular resistencia fronte aos esforzos e certa elasticidade. Proteoglicanos (destacando a importancia do ácido hialurónico) e glicoproteínas estructurais.

Función? Manter unidas entre si as células que forman os tecidos, aos que dota de elasticidade e resistencia. Tamén server como vía de comunicación, permitindo a difusión de innumerables substancias e participa no crecemento e na diferenciación celular.

EXERCICIOS TEMA 10.

Learn more about creating dynamic, engaging presentations with Prezi