"O amor, non existe, por suposto.
Mais si existe unha nutrida serie de sentimentos aos que etiquetamos coa palabra "amor", que está a piques de se converter nun equívoco..."
Que situacións se deben dar para poder sentir amor?
Chegados a este punto, pensemos en ir ao supermercado e facer a compra.
Aínda que o amor require duns ingredientes un tanto especiais que ao mellor non atopará en calquer "Gadi", "Erosqui" ou "Compradona"...
Como sabe vostede que ama algo ou a alguén?
Afondemos agora un pouco máis nos ingredientes nomeados.
- Resulta lóxico pensar que para poder amar a unha persoa debemos coñecela, ter trato con ela, en dúas palabras: tela preto.
- Por ese motivo, moitas persoas non se namoran nunca, quizais porque non coñecen á súa "media mandarina".
2. Necesidades, desexos, proxectos
...e se todas as situacións anteriores
se dan...
2º ingrediente: Necesidades, desexos, proxectos
- Necesidades. Amar a outra persoa provoca a necesidade de ser amado, coma un neno que necesita sentirse querido.
- Desexos e proxectos. Cando o amor aparece, é común tamén que aparezan desexos comúns a ambas persoas e proxectos de futuro, tales como casar, mercar unha casa, formar unha familia...
3º ingrediente: Memoria persoal, expectativas básicas
3. Memoria persoal, expectativas básicas, crenzas
...se os dous individuos
están dispostos...
- No amor, entra en xogo tamén a nosa vida pasada, é dicir, se un neno non experimentou o cariño dos seus pais e actitudes amorosas entre eles, é difícil que xa na idade adulta poida manter relacións amorosas sen complicacións.
- Dependendo do que nós mesmos pensemos sobre o amor (que é efímero ou que pode durar para sempre) interpretaremos de distinta maneira as experiencias amorosas (por exemplo, ante unha discusión decidiremos rematar a relación ou, pola contra, non lle daremos a menor importancia).
- Segundo La Rochefoucauld: "Hai xente que xamais estaría namorada de non oír falar do amor"
"Cada un ama de acordo co que é." Aristóteles
- Ás veces, o que un é ou cre ser aparece como un impedimento insalvable para o amor.
- Un home que pense que non pode ser caritativo, nin amante, que nin sinte afecto pola súa propia nai sentirá dificultades para experimentar o amor plenamente, xa que logo, suporía para el esforzo e tensión.
Cando consigamos todos os ingredientes, poderemos facer un prato fabuloso.
O amor é iso, AMOR,
sentimentos,
nada máis e nada menos.
- O amor non é unha suma cun resultado concreto e exacto.
- Tampouco é unha oración pasiva perifrástica que deba posuír obrigatoriamente un suxeito paciente.
Probablemente, polo menos achégase a iso.
Mais o amor non segue unha lei universal, é díficil explicalo se nunca se sentiu...
Cre que os nosos monicreques sinten amor un polo outro?
Despois de ler
todo isto...
2. O interese ou atención
- O ser que ama presta unha atención anómala ao amado, se este ser a aproveita, pode darse o fenómeno do amor.
- Pero, a nosa atención pode ser absorbida por obsesións, preocupacións, fascinacións,... que poden confundirse co amor pero que, certamente, non o son.
- Concluímos, pois, que hai no amor un interese desmesurado polo obxecto amoroso, pero que non todo interese desmesurado é amor.
3. A intensidade
- O amor fai que a nosa vida sexa máis intensa. Cando a atención cara a unha persoa fai que sintamos a nosa vida cunha maior intensidade, é posible que sintamos amor.
- O problema que ten este punto é que a ruleta rusa, o asalto a bancos ou o xogo da bolsa tamén son factores que intensifican a nosa vida.
- Polo tanto, o amor procura unha experiencia intensa, pero non toda experiencia intensa é amor.
1.O desexo (éros)
Todos os corazóns que o rapaz recolle, serven como metáfora de intensidade.
A máis corazóns, maior intensidade.
Neste caso, a rapaza é o foco de atención do noso amigo.
- O amor é unha tendencia á posesión.
- Desexamos ao ser amado.
- Porén, para que haxa amor debe haber desexo, pero non todo tipo de desexo connota amor.
- Polo tanto, este concepto non é suficiente para saber se amamos.
4.A ausencia
5. Alegría co ser amado
- Neste punto, desviámonos un pouco dos demais aspectos que, digamos, beneficiaban ao ser que amaba, neste caso, o beneficiado será o amado:
- "amar é querer o ben para alguén"
- cando o amante chega a este punto, non desexa nada máis que a felicidade da outra persoa, necesitando esto tamén para poder ser feliz el
Neste caso, enfocarémonos no corazón da rapaza. Ela está feliz, alegre. Podémolo ver na súa expresión facial. O que o noso amigo non sabe é que el é o motivo da súa felicidade.
- Hai quen di que se quere a alguén cando a súa ausencia provoca tristeza.
- Porén, tamén podemos sentir tristeza ante a desaparación dun hábito, a perda dunha posesión, etc. e non por iso amamos ditos obxectos.
- Este último punto dificulta a concepción de "ausencia" como único factor delator do amor.
- Así, a tristeza pola ausencia é unha característica do amor, mais non toda tristeza motivada pola ausencia é amor.
Neste caso, o rapaz da foto sinte desexo pola persoa amada.
Neste caso, a bicicleta é o medio polo cal a rapaza se afasta do seu namorado, esta ausencia ou distancia provoca nel tristeza.
Un traballo realizado por Andrea Pereira Castro
Departamento de Filosofía
IES Ánxel Fole
Agradecementos recursos:
http://st.depositphotos.com/1010710/3400/i/450/depositphotos_34004557-Senior-couple-doing-food-shopping.jpg
http://www.femenino.info/wp-content/uploads/72797357bm6-282x300.jpg
http://www.viajerosinhuella.com/wp-content/uploads/2012/01/footsteps-in-the-sand1-490x326.jpg
Música: "Break of dawn" Eric Saade
Para afondar un pouco máis...
Enlace ao resumo do libro "El laberinto sentimental":
http://www.motricidadhumana.com/laberinto_sentimental_JA_Marina_resumen.pdf
"O maior don que os pais lle poden outorgar aos seus fillos é darlles a seguridade de que teñen dúas persoas que se aman."
J.A. Marina
"O amor, por suposto,
non existe"
baseado na obra "El laberinto sentimental" J. A. Marina
Andrea Pereira Castro