Introducing 

Prezi AI.

Your new presentation assistant.

Refine, enhance, and tailor your content, source relevant images, and edit visuals quicker than ever before.

Loading…
Transcript

Os Muíños de Auga

en Galicia

Autora: PALOMA OTERO LÓPEZ

Colexio: CEIP Campolongo (6º C)

Que son?

Os muíños de auga son pequenos edificios de pedra construídos nas beiras dos ríos, os cales contan no seu interior cuns mecanismos de rotación que, aproveitando a forza motriz da auga, moen os grans de distintos cereais (trigo, centeo, millo) para convertilos en fariña.

Estas edificacións forman parte intrínseca da paisaxe galega, sendo moitos os ríos da nosa comunidade nos que aínda se conservan muíños de auga.

Orixe e Evolución

dos Muíños en Galicia

Estes muíños aparecen en Galicia

na Idade Media (s.XII-XIII)

Tipos de

Muíños de Auga

Partes do Muíño

É unha parede construída con pedras grandes e pode ser utilizada por varios muíños.

No seu interior distínguense os seguintes elementos mecánicos:

A bruia ten maiores dimensións có rodicio e se fixa a un eixe horizontal.

Funcionamento do Muíño

O muíño sitúase á beira dun regato ou río, onde se fai unha presa para reter a auga.

Esta é levada dende a presa ao muíño por unha canle ou caneiro, e mediante unha pronunciada pendente entra a gran velocidade no edificio, batendo contra as penlas do rodicio e poñéndoo en movemento.

Dito movemento transmítese por medio do eixe á peza de moer.

O gran, colocado na moega, vai caendo no ollo da moa a través da quenlla.

A moa xira e esmiúza o gran contra o pé.

A Importancia Económica

dos Muíños

Ata mediados do século XX, o muíño gozaba dunha importancia crucial dentro da economía galega, pois era un elemento imprescindible na elaboración do pan, alimento base da mantenza no agro.

De feito, case todas as casas tiñan parte nun ou en varios muíños de herdeiros, aos que se acudía regularmente para moer os cereais cultivados para o autoconsumo, especialmente o millo.

O millo plantábase na práctica totalidade das herdades e o proceso destinado á obtención do pan ocupaba moito tempo na vida dos labregos galegos ao longo de todo o ano, pois del dependía en gran parte a supervivencia das familias, que non dispoñían doutros recursos para subsistir.

As construcións destinadas a gardar o millo chegaron a ser ata máis refinadas cas propias vivendas, converténdose este cereal nunha especie de moeda coa que pagar moitos servizos prestados.

Por outra banda, os muíños tamén contribuíron a dar pulo ao desenvolvemento económico das vilas, pois era nestas onde se comerciaba a maior escala co millo. Ademais, arredor destes núcleos xurdiron moitos muíños de maquía nos que se atendía aos particulares e se daba saída aos excedentes de cereal do agro.

Os Muíños e o Folclore

A pesar de que hoxe están practicamente en desuso debido aos adiantos tecnolóxicos, durante séculos os muíños foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas, pero, sobre todo, elementos fundamentais no folclore galego.

Nos muíños, mentres os veciños agardaban pola vez para moer, xurdiron cantigas, poemas, contos, lendas, refráns, adiviñas e ata unha danza: a muiñeira.

Epílogo

Podedes atopar máis información sobre este tema no blogue MILPRIMAVERAS (http://www.blogoteca.com/galefas), dentro da categoría Río Gafos.

Muíños Chairos

Consistían en dúas pedras, unha delas maior ca outra e coa parte superior lisa, de modo que o gran era moído ao fregalas entre si coas mans.

Os primeiros muíños atopados en Galicia datan do Neolítico.

Muíños Circulares

Tamén eran de man e constaban de dúas pedras (ao principio chans e, despois, cónicas), nas que a superior ou moa xiraba sobre a inferior ou pé, por medio dun movemento realizado cun pau cravado nela, ou ben, unido a outro pau máis longo, que era o que transmitía ese movemento.

Hoxe, moitos destes muínos atópanse cubertos por hedras e silvas, falándonos dun pasado que fuxe de nós a pasos axigantados, pero sen o cal, os galegos non seriamos quen somos.

Muíños de Rodicio:

Teñen a roda motriz horizontal. Son os máis antigos e abundantes en Galicia.

Muíños de Río

Estes muíños datan da época castrexa.

Son unha evolución do muíño circular que, ao aumentar de tamaño, necesitou da adición duns enxeños mecánicos elementais e, tamén, situalos dentro dunha construción.

Muíños de Bruia:

A roda motriz é vertical. Son os máis recentes e se coñecen tamén co nome de aceas.

Acaso non vale a pena que fagamos o esforzo de manter vivo o espírito daqueles muiñeiros e muiñeiras que, noutro tempo, axudaron a construír o país que nós herdamos?

segundo as características da súa roda

Grazas á Asociación Vaipolorío e aos profesores do CEIP Campolongo por permitirnos vivir a experiencia de ser muiñeiros por un día.

Este tipo de muíños son os máis numerosos e estendidos no noso territorio, de xeito que apenas existe un río galego que non teña algún.

Arquitecturas elementais cunha soa peza de moer.

Arquitecturas máis complexas e grandes que posúen de 2 a 5 pezas de moer.

Os alumnos e alumnas de 6º C do CEIP Campolongo, durante a nosa visita ao muíño de Cabanas, en Salcedo.

Pontevedra, Xaneiro 2012.

Arquitecturas para muíño-vivenda.

segundo o edificio que o acolle

segundo a forma na que a auga chega ao muíño

Muíños de Canle:

A auga transcorre por unha canle ata chegar ao rodicio. Son os máis empregados.

segundo o tipo de propiedade

Muíños de Pozo ou de Cubo:

Contan cun recipiente no que se almacena a auga e que serve para aumentar a presión desta cando o caudal do río ou regato é pequeno.

Muíños de Herdeiros:

Son muíños comunitarios. Neste caso, cada veciño dispón dunhas horas prefixadas para usalo.

Maquías:

Son muíños de propiedade particular. Reciben este nome por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer á xente que os aluga (a maquía son uns 600 g de fariña por cada 11 kg de moenda).

Presa, guiar ou ceña

Emprégase cando o muíño non se atopa no álveo natural do río e serve para levar a auga ata el.

Gavada, gavia ou loada

Rego feito na terra para conducir a auga dende a presa ata o muíño.

Edificio do Muíño

Canle

Serve para acubillar os mecanismos de trituración do gran, situándose un pouco por riba do nivel do río.

Depósito vertical onde se almacena a auga que vén da gavada. Serve para aumentar a presión da auga cando o caudal é pequeno.

Remata nunha peza especial chamada billote ou bofetón, que é un burato en madeira polo que sae a auga que vai facer xirar a roda.

O seu tamaño depende do número de pezas de moer que teña e de se o muíño funciona como vivenda ou non.

Roda

Inferno

Tremiñado

Cavidade que acubilla o rodicio. Nas súas paredes ten un oco para o billote e outro (ou outros) para dar saída á auga despois de mover a roda.

Elemento que pon en movemento a peza de moer. Se é horizontal chámase rodicio, mentres que se é vertical se denomina bruia.

Situado enriba do inferno, é o espazo onde se leva a cabo a moenda.

O rodicio é xeralmente de madeira ou de ferro e consta dunha serie de aspas en forma de culler dispostas radialmente, chamadas penlas.

Moega

Quenlla

Caixa de madeira en forma de pirámide invertida. Está aberta pola parte superior para poder botar o gran, e pola inferior, para que os cereais caian.

Canle de madeira na que caen de xeito regulado e dirixido os cereais procedentes da moega.

Tarabela ou tanxedoira

Peza dobrada en ángulo que ten a función de provocar un movemento continuo na quenlla para facilitar a caída dos grans da moega no ollo da moa.

Moa

Peza de pedra de forma circular, fixa e moi sólida, sobre a que se coloca a moa.

Pedra móbil de menor tamaño có pé. No seu centro ten un burato chamado ollo da moa, polo cal o cereal se mete entre a moa e o pé, desfacéndose ao xirar a moa.

Farneiro

Lugar onde cae a fariña que sae das xuntas da moa e do pé.

Learn more about creating dynamic, engaging presentations with Prezi