Loading…
Transcript

Cando empezou?

A prehistoria comezou cando naceron os primeiros humanos e rematou cando aparareceron os primeiros textos escritos

Un par de cousiñas máis que debemos saber

Nos primeiros tempos (paleolítico)

As obras de arte xa as comentamos en plástica e hai que sabelas, por suposto!

Nos primeiros tempos eran nómades, movendose dun lugar a outro como as aves, segundo pasaban as estacións.

Vivían en covas ou chozas o máis preto posible dos ríos.

Adicábanse á caza, a pesca e á recolección de froitos que crecían silvestres polo campo

A caza

Os homes e mulleres desta época non tiñan animais domésticos.

Precisaban cazar e logo dábanlle mil usos aos animáis que obtiñan: comían a súa carne, cubríanse coas súas peles, facian ferramentas e adornos cos seus osos e dentes, usaban os tendóns para coser...

Como vivían?

Nesta época as persoas agrupábanse en tribos para axudarse a sobrevivir. De tódolos xeitos case ninguén vivía máis de 20 anos.

Andaban dun lugar a outro. Ir a pé era a única opción porque non coñecían outros medios de transporte.

Un dos descubrimentos máis importantes que fixeron foi o lume porque así podían comer os alimentos cociñados

Fixeron tamén ferramentas moi rústicas utilizando paus e pedras. Primeiro de pedra tallada ou oso e logo de pedra pulida.

Tiñan cerámica de barro cocido, cestería e tecidos feitos con lá nos teares

No Neolítico (hai só 10.000 anos)

Esta foi unha época na que todo cambiou. OS seres humanos comezaron a gardar animais en curros ou valado e así lograron a Gandeiría.

Tamén comezaron a plantar e así obtiveron a Agricultura.

Como xa podían obter os seus propios alimentos fixéronse sedentarios e deixaron de andar dun lugar a outro sen parar.

Ademáis xa non vivían en covas ou chozas senón en cabañas formando aldeas

A gandaría

Os primeiros animais domésticos foron os cans, cabras, ovellas, cabalos e bois

A Agricultura

O primeiro que plantaron foron o trigo, arros e millo.

Ollo!!

Isto non quere dicir que deixaran de cazar ou de recolectar.

Inventos!!

A PREHISTORIA

Hai só 5.000 anos inventaron a roda e construiron carros tirados por animais.

Tamén inventaron barcos de vela movidos polo vento

Como xa lles empezaben a sobrar alimentos e ademáis xa os podían transportar naceu o Comercio.

A Prehistoria comeza cando apareceron as primeiras persoas e non acaba ata que aprenderon a escribir.

Foi un periodo moi longo que durou moitos millóns de anos conque temos moitos millóns de cousas que aprender sobre ela.

Adiante pois!!!!

Ollo!!!!

Compraban e vendían pero non usaban cartos, non me sexades brutos.

Facíano por trueque; cambiaban unhas cousas que lles sobraban por outras que lles gustasen