Loading…
Transcript

RODEIRO

Había un señor de Baroncelle (parroquia de Carboentes) que era arrieiro e transportaba viño e augardente, en mulas, a lugares moi alonxados. Un día chegou a un poboado da zona de Betanzos e ó enterarse unha paisana daquela parte que era de Baroncelle, falou con el para preguntarlle se coñecía o castro desta localidade. Ante a afirmación do arrieiro pediulle un favor, que consistía en levarlles tres bolas de pan a unhas mulleres que vivían no castro. Entregoulle as bolas metidas nun saco e díxolle que non debían ser espenicadas por ninguén. Tiñan que ser entregadas enteiras.

1º.- Buscar algo sobre

o que escribir

Chegou o arrieiro a súa casa e meteu as bolas na artesa, advertíndolle á súa muller que non as empezara; pero de noite a muller tivo fame e encetou unha bola. Ó día seguinte pola mañá cedo foi o arrieiro de cara ó castro para levarlles as bolas ás mulleres e saíronlle ó paso tres mozas que lle preguntaron se traía algún encargo para elas. O arrieiro entregoulles as bolas ás mouras, pero a que recibiu a encetada empezou a gritar e a dicir maldicións.

Os libros

As tres bolas de pan

(Castro de Baroncelle,

Carboentes)

2º.- Investigar sobre o que

quero escribir

3º.- Redactar o texto

e publicalo a través dunha editorial

Pasado un certo tempo voltou novamente o arrieiro á zona de Betanzos e atopouse coa muller que lle fixera o estrano encargo. Esta, en agradecemento polo traballo realizado entregoulle dous fermosos cintos ao arrieiro, un para que o puxera el e outro para a súa muller. Encargoulle que o cinto que levaba para a muller non o puxera el por equivocación.

TOPÓNIMOS

De regreso a Baroncelle, o arrieiro fixo unha parada no camiño para tomar un descanso e colgou o cinto da súa muller nunha pola dun carballo. Ó pouco incendiouse repentinamente o cinto, saltou o lume ó carballo e caeu cortada a pola para o chan. Isto é o que lle esperaba a súa muller se chegara a poñer aquel cinto de “alcatrán”, unha sustancia que arde como a pólvora. Era un cinto de castigo porque non cumprira co prometido.