Loading presentation...
Prezi is an interactive zooming presentation

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Siro, un ferrolán mitolóxico

No description
by

Sara González Veiga

on 30 August 2014

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Siro, un ferrolán mitolóxico

Siro, un ferrolán mitolóxico
2. Cree que é unha parte importante da nosa cultura?
Conclusión
Ferrol, 1943
ENTREVISTA
1. Porque decidiu facer unha serie de caricaturas sobre mitoloxía?
Quen é Siro López?
Debuxo e caricatura política (1970-2006)
La Voz De Galicia, xornalismo como medio de vida
Cuentos de la mitología griega - Edicións da Torre
I
"En los cielos y
en los infiernos"
II
"En la Tierra"
III
"En el mar"
IV
"En Troya"
V
"En el firmamento"
VI
"En los confines del mundo:
héroes contra monstruos"
(FONTE:
http://iriscc.es/index.php?id_product=145&controller=product&id_lang=1)
FONTE:
http://iriscc.es/index.php?id_product=365&controller=product&id_lang=1
FONTE:
http://iriscc.es/index.php?id_product=117&controller=product&id_lang=1
"As primeiras fíxenas no ano 1986 porque me parecían idóneas para practicar un estilo de debuxo, no que xogaba a deformar as figuras, incluído o corpo humano, e que o resultado fose un acerto estético. Ao ser os protagonistas dos mitos personaxes masculinos e femininos que aparecían espidos ou con pouca roupa, podía esaxerar as musculaturas, a partir dos debuxos renacentistas. En realidade facía unha recreación dos debuxos dos grandes mestres do Renacemento, axeitándoos a un estilo que xa tiña definido. Leveinos a unha exposición no Kiosco Alfonso, na Coruña, e, por casualidade, as autoras dos libros de mitoloxía que publicou Ediciones de la Torre ao longo de varios anos, estaban de vacacións en Galicia, viron a exposición, gustáronlles os debuxos dos mitos, e pediron ao editor que fose eu o ilustrador. E funo, de todos os libros que fixeron, que deben de ser seis, se mal non recordo."
"A cultura clásica é importantísima para a formación intelectual dos rapaces; e os mitos, en concreto, gústanlles pola fantasía que hai en todos eles. Cando eu tiña quince anos era o encargado de manter a aula en silencio os días que faltaba algún profesor, e para conseguilo poñíame a falar de Eco e Narciso, de Orfeo e Eurídice, de Aquiles e Héctor…, e ninguén abría a boca máis que para preguntar, porque todos estagan engaiolados con aquelas historias extraordinarias."
3. Opina que a xuventude debería saber máis sobre mitoloxía?
"A xuventude debería saber máis de todo o que arrequece o espírito, que é, as máis das veces, o que a xente pragmática considera “un saber inútil”. Evidentemente, saber disfrutar dun concerto, dunha obra de arte plástica, dun poema, dunha fantasía marabillosa como a da mitoloxía grega e romana, non vale para gañar cartos, non fai máis rico a ninguén, dende o punto de vista económico; pero a riqueza intelectual que ese saber produce só a coñecen quen a posúen e a disfrutan. Hai moitos anos expoñíase no “Reina Sofía”, en Madrid, un lenzo de Gauguin valorado en moitísimos millóns de pts., e fun velo cun amigo, ao que a pintura non lle interesaba nada, pero tiña curiosidade por ver aquel lenzo tan valioso. O cadro formaba parte dunha mostra colectiva, así que fomos e vimos todas as obras expostas, detivémonos ante o Gauguin, eu comentei que era unha marabilla, e marchamos. Xa estabamos na rúa cando di o meu amigo: -¡¡Pero non vimos o cadros tan valioso!” Expliqueille que si o viramos, que era aquel no que nos detiveramos e eu eloxiara. Puxo unha cara de desagrado e fixo un xesto, como dicindo, “Esto é de tolos”; despois olloume e díxome: -“¿Podes explicarme por que ese cadro vale tantos millóns?”. Eu respondinlle que “non”. E aclaro que eu non estou dacordo con que por unha obra de arte se paguen tantos millóns, como non estou dacordo en que se paguen por contratar un futbolista. Paréceme unha tolería e unha inmoralidade; pero o problema estaba en que eu non podía explicarlle a meu amigo “por que o cadro de Gauguin era unha extraordinaria obra de arte”. E non podía explicarllo porque el non coñecía a historia da Arte, os movementos artísticos, as aportacións de creadores tan orixinais como Gauguin… Non era un problema de falta de sensibilidade, senón dunha sensibilidade sen educar. O coñecemento da cultura clásica en xeral, e da mitoloxía, en encreto, é unha boa forma de educar a sensibilidade que todos, ou a maioría, temos."
4. Pensa que o mundo clásico tanto o grego como o romano tiña que estudarse máis, xa que a nosa sociedade está formada polo seu legado?
"Eu son maior e non sei como é hoxe o ensino. Podería falar de cómo era cando eu estudaba bacharelato, pero supoño e desexo que hoxe todo sexa mellor. Pero levo visto cousas incribeis no ensino cando a miña filla estaba en EXB, como os varios cursos que adicaron a estudiar en matemáticas a “teoría de conxuntos”, que foi a maior perda de tempo escolar, da que gardo memoria. Podo estar mal informado, pero paréceme que tamén hoxe hai moitas cousas que deberían estudiarse mellor. Por exemplo os idiomas modernos. Non se comprende que despois de pasar varios anos estudiando inglés, os rapaces que saen do instituto non poidan ir ao mundo anglosaxón e entenderse. E non se entenden porque adicaron o máis do tempo á gramática e pouquísimo a falar en inglés. Outro exemplo: a música medieval, renacentista ou barroca. Non se entende que despois de estudiar un libro de texto, os rapaces saiban onde naceu e morreu determinado compositor, pero non o identifiquen pola súa música. É que habería que adicar a maior parte do tempo a escoitar a obra e despois entrar na biografía. E co mundo clásico penso que pasa o mesmo. Hai que botar man da tecnoloxía actual para “viaxar” ao século de Pericles e coñecer a organización social, as bases da economía, a personaxes como Sócrates, Fidias e Aristófanes; ao século IV do Imperio Romano para ver como coa crise do Imperio, o Cristianismo pasa de ser unha relixión perseguida a ser a oficial, e, por suposto, poñer toda a atención nas consecuencias. Quizais todo esto xa se fai hoxe, e, se é así, alegrareime moito porque penso que coñecer o mundo clásico é importantísimo para entender o mundo actual, en todos os campos: dende a política á arte. Só quen coñeza o que foi o Imperio Romano poderá emocionarse ante as murallas de lugo, a ponte de Ourense e as vías que aínda sulcan o país galego."
5. Ve adecuado a retirada das materias de latín e de grego da ensinanza secundaria, e que pensa do regreso ao obligatoriedade do latín?
"Non coñezo o que se determinou ao respecto. Dende logo se supuxo privar aos rapaces que desexan orientar a súa educación no mundo das letras e, concretamente, na cultura clásica, paréceme absurdo. Pero outra vez topamos co “pragmatismo” dos que desprezan “os saberes inutis”. Tamén hai que dicir que eu estudei latín no bacharelato, e aínda recordo as declinacións e as conxugacións dalgún verbo; pero eso non me serviu para nada. Foi un coñecemento tan inútil como o de aprender de memoria os afluentes dos ríos españoles, que tamén os sei, e tampouco me valeron. En troques, cando lin, de rapaz, “El lazarillo de Tormes”, e memoricei o comezo do libro: “Pues sepa vuesa merced ante todas coas que a mí llaman Lázaro de Tormes…”, ao chegar, meses despois, a Salamanca, e vern ante min o río Tormes, sentín que un calafrío me percorría o espiñazo. Como mo percorrería ler unha lápida grega ou romana, se soubese grego e latín. Estou completamente certo de que se soubese latín, faría unha tradución ao galego dos epigramas de Marcial máis humorística que as que coñezo en castelán. En definitiva, creo na conveniencia de manter o grego e o latín para os estudiantes que lles interesen as letras."
6. Recibe vostede influencia das “musas” mentras traballa?
"Sí, sí, e falo con elas; ás veces para agraderlles a súa axuda, e outras para aldraxalas
porque non veñen a inspirarme"
7. Esta pregunta é un pouco máis persoal: con que criatura ou deus da antiga Roma e Grecia se compararía e por que?
"Tería que compararme con Apeles porque aos dous nos atrae a pintura; pero ...
... con quen me identifico máis é con Prometeo, que era escultor, ou polo menos sabía modelar. Ten que ser marabilloso crear algo e darlle vida, como el fixo. Pero eu non quixera ter o seu poder, nin sequera o do doutor Frankenstein. Confórmome con moito menos, e cando falo de dar vida a unha obra, penso, simplemente, en poder crear algo que siga interesando, gustando, despois que eu morra"
8. Pensa que os xornalistas ou os medios en sí mesmos teñen que promocionarar estes idiomas, tratados agora como “linguas mortas” no sentido máis puro da palabra?
"Os xornalistas temos abondo con aprender a falar e escribir ben as nosas linguas vivas, porque dicimos e escribimos auténticas burradas. O idioma español, por exemplo, está sendo agredido e degradado diariamente polos xornalistas, que ademais contamos coa inestimable colaboración da Real Academia de la Lengua Española, que leva anos autorizando disparates como “pienso de que”, “la oposición urge al Gobierno…”, etc. Non nos metas a defender o latín e o grego, porque daquela si que morren de vez"
R. Xuvia
Artista importantísimo de Ferrol
Defensa letras e mitoloxía
Full transcript