Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

A infancia ao longo da historia

No description
by

Xesús Fortes Gómez

on 14 October 2015

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of A infancia ao longo da historia

A infancia ao longo da historia
Abandono
No século XIV aparece en Valencia a Institución do Pai de Orfos.
En 1567 fúndase en Madrid a Inclusa ou Casa de Expósitos
Ata o s. XVIII o neno medio de pais acomodados pasaba os primeiros anos na casa dunha ama de cría.
A modalidade de abandono máis extrema era a venda.
A entrega dos fillos e fillas a outras persoas para que os educaran era frecuente ata o século XIX.
Os dereitos das nenas e dos nenos
Fontes
Documentais
Autores
A infancia na Post-Revolución industrial:

Escrita
Pintura
Cine e fotografía
Transmisión oral
Philippe Ariès (1914-1984) foi un dos máis grandes historiadores europeos, e un representante de excepción da corrente denominada `nova historia´.
Demógrafo de formación.
Foi un reaccionario que apoiou ao réxime de Vichy
Estudou a vida privada, concentrándose sobre todo na infancia e na morte.
Expón que non existía a infancia como tal e que os nenos e nenas eran máis felices que agora que están metidos no gheto illado da infancia.
Lloyd deMause (19 de septiembre de 1931) é un pensador social estadounidense, coñecido polo seu traballo no campo da psicohistoria.
Pertence a unha corrente psicanalítica que fundamenta a historia da relación das persoas adultas coa infancia en función de tres reaccións:
Utilizar a/o nena/o como vehículo para a proxección dos contidos do seu propio inconsciente: reacción proxectiva.
Utilizar a/o nena/o como sustituta/o dunha figura adulta importante na súa propia infancia: reacción de inversión.
Experimentar empatía respecto ás necesidades da/o nena/o e actuar para satisfacelas: reacción empática.
Burguesa
: vive normalmente no interior da familia, que a coida e a controla, limitando a súa autonomía.
Proletaria
: vive de diverso xeito, pero case sempre ao límite da supervivencia. Son nenos que se converten en adultos desde moi pronto.
Labrega
: vive tamén nunha situación de adiantamento das condicións de vida adulta, sen embargo son menos marxinados e participan dun xeito máis directo da vida comunitaria, formando parte de diferentes manifestacións colectivas.
Infanticidio
En Exipto tiñan por costume, anualmente, afogar a unha rapariga no Nilo co obxecto de que o río fertilizase as terras.
En Tiro e Sidón sacrificábanse nenos e nenas para aplacar a cólera dos deuses.
Na China era normal que pola da noite se sacaran ás nenas ás portas do pobo ou da vila para que serviran de alimento a lobos e outros animais famentos.

Saturno devorando a seus fillos
(Rubens)
Abraham e Isaac. Rembrandt
A matanza dos inocentes
Cornelis van Haarlem
Cartago
Plutarco describe o sacrificio dos nenos entre os cartaxineses: “... con pleno coñecemento e intención, ofrecían aos seus propios fillos e fillas e os que non os/as tiñan mercábannos/as e degolábanos/as coma se fosen outras tantas ovellas ou aves; namentres, a nai asistía á escena sen unha bagoa nin xemido; pero se unha deixaba escapar un só xemido ou derramaba unha soa bagoa perdía a suma de diñeiro acordada e o seu fillo era sacrificado de todos os xeitos...”

Esparta
En Esparta os nenos que non eran considerados aptos pola Asemblea de Anciáns eran despenados polo monte Taijeto.

Cemiterio de Tofet
Roma
Nalgúns períodos da historia de Roma era tradicional que o neonato fose levado diante do pater familias, o patriarca familiar, quen debía decidir se o neno ía mantenerse e criarse, ou se sería deixado a morrer por expósito.
As Doce Táboas da lei romana obrigaban a matar ao neno que nacese deforme.
O infanticidio chegou a ser un crimen capital na lei romana en 374 EC, mais aos ofensores raramente eran perseguidos.
Lactancia
Xa desde o ano 2000 a.d.C. coñécense biberóns de todo tipo, estes preparábanse con leite de vaca ou de cabra, non sendo raro que se lle fixese mamar ao/á neno/a directamente da ubre do animal.
As papas facíanse con fariña, pan e auga ou leite. O resto das comidas mastigábaas previamente a ama.
Co obxecto de calmar aos nenos e nenas era normal darlles opiáceos e licores.
A alimentación era escasa nos nenos independentemente da clase social e da época.

Coidados físicos
Aínda que a mediados do século XIX apareceu o cloroformo o parto seguiu sendo un trance doloroso e perigoso.
Ao longo do século XIX mudou o costume de enviar aos/ás nenos/as ao campo ao coidado dunha ama de cría, polo coidado, pola ama de cría, dentro do fogar familiar.
A hixiene era escasa, e considerábanse perigosos para os nenos: o aire, a luz do sol e o xabón.
O coidado dos nenos e nenas no seo da familia impulsou a utilización de biberóns.

Enfaixamento
Envolver o/a neno/a nos primeiros anos era un feito fundamental para evitar que se autolesionara e andara a catro patas.
Quedaba totalmente inmobilizado polas envolturas, nun proceso que levaba ata dúas horas facelo.
O enfaixamento dos nenos e nenas, dependendo dos países, aínda se seguiu utilizando ata finais do século XIX.
Problemas asociados:
pasividade
poden aparecer problemas de circulación
choran menos e dormen moito máis.

Control de esfínteres
Aínda que desde a antigüidade se coñecen os ouriñais (cadeiras cun recipiente debaixo), estes non estaban asociados coa crianza dos nenos.
Até o século XVIII, o edema e a purga e non o ouriñal eran os medios principais de control de esfínteres.
Xa no s. XIX polo xeral os pais/nais iniciaban a educación hixiénica dos nenos e nenas nos primeiros meses.

Disciplina
Antes do s. XVIII o castigo corporal era considerado o método normal na educación.
É no Renacemento onde se empeza a aconsellar moderación no castigo para evitar a morte do/a neno/a durante o mesmo.
Lloyd de Mause destaca entre os instrumentos utilizados para o castigo: látegos de todo tipo, palas, bastóns, varas de ferro e de madeira, feixes de varas...

Sexualidade
En Grecia e Roma era frecuente a utilización dos nenos e nenas como obxecto sexual dos adultos.
Era relativamente normal a súa castración para utilizalos en bordeis, o que foi prohibido por Domiciano.
No s. XVIII, aparece o castigo por tocarse os xenitais.
Xorden mitos como que a masturbación daba orixe á tolemia, á epilepsia, a cegueira e causaba a morte.
No s. XIX os nenos son ameazados con cortarlle os xenitais, como castigo.
Aínda en 1900 había persoas que pensaban que as enfermidades venéreas se podían curar por medio de relacións sexuais con menores.

Coidados da infancia ao longo da historia
1923
1924
1959
1989
Declaración de Xenebra (1923)
Pola presente Declaración dos Dereitos do Neno, os homes e mulleres de todas as nacións, recoñecendo que a humanidade debe outorgar ao neno o mellor que poida darlle, afirman así os seus dereitos, descartando toda consideración de raza, nacionalidade e de crenzas:
O neno debe poder desenvolverse dun xeito normal, material e espiritualmente.
O neno que ten fame debe ser alimentado; o neno enfermo debe ser curado; o neno atrasado debe ser estimulado; o neno desviado debe ser atraído, e o orfo e o abandonado deben ser recollidos e atendidos.
O neno debe ser o primeiro en recibir auxilio nos momentos de catástrofe.
O neno debe ser posto en condicións de gañarse a vida, e debe ser protexido contra calquera explotación.
O neno debe ser educado no sentimento de que deberá por as súas mellores calidades ó servicio dos seus irmáns.
Carta dos dereitos da infancia (1924)
A Liga das Nacións aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno.
Declaración Universal de Dereitos do neno (1959)
Versión expandida da Declaración de 1924, aprobada polas Nacións Unidas.
Nela recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a uhna nacionalidade. Tamén consagra específicamente os dereitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial.
Foi aprobada o día 20 de novembro que é a data na que se conmemora o Día Internacional da infancia.
Convención sobre os dereitos da infancia (1989)
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas apoba unanimemente a Convención sobre os Dereitos do Neno, que entra en vigor ao ano seguinte.
Eglantyne_Jebb
Relacións paterno filiais
Seguindo a Lloyd de Mause, tendo en conta que se podían presentar diferentes modelos, podemos facer a seguinte periodización das principais formas de relación paternofiliais ao longo da historia. :
Antigüidade-s.IV Infanticidio: Con moita frecuencia e por diversos motivos os pais/nais desfanse dos seus fillos e/ou fillas matándoos/as.
s. IV- s. XIII Abandono: Producíase de diversas maneiras, entregándollo/a a unha ama de cría, internándoo nun mosteiro ou nun convento, cedéndollo a outras familias en adopción, poñéndoo/a a servir desde idades temperás.
s. XIV- s. XVII Ambivalencia: Co aumento do nº de manuais de instrución infantil e a expansión do culto á Virxe e ao neno, vívese un moldeamento do neno principalmente por medio do castigo físico.
s. XVIII Intrusión: O neno é aleitado pola nai, non leva faixas, non se lle poñen lavativas, comeza pronto a súa educación hixiénica. Nace a Pediatría e redúcese a mortalida-de infantil. Non se xoga co neno.
s. XIX- ½ do s. XX Socialización: O pai/nai comeza a interesarse polo/a neno/a non so de xeito ocasional.
Full transcript