Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

ANIMAIS

No description
by

YellowLaura .

on 5 May 2014

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of ANIMAIS

Os animais.
SUBREINOS ANIMAIS
O reino animal clasifícase en dous subreinos segundo o nivel de organización e o tipo de simetría. Estes subreinos son: os parazoos e os eumetazoos.
VERTEBRADOS
CARACTERISTICAS XERAIS
Os animais ou metazoos son organismos eucariotas, pluricelulares, heterótrofos e diploides (a maioría). Os animais, como o resto de seres vivos, realizan as tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución).
Case todos os animais dixiren o alimento nunha cavidade interna, ben con unha soa abertura ou ben con dúas aberturas (boca e ano). Os excedentes son almacenados como reserva enerxética.
A nutrición
Todos os animais levan a cabo algún tipo de locomoción e a súas principais funcións son a busca de alimento, a reprodución e a defensa. Para o seu movemento desenvolven estruturas específicas.
A relación
Case todos os animais son diploides con reprodución sexual (todos) e reprodución asexual (algúns). A fecundación tanto pode ser interna ou externa.
A reprodución.
PARAZOOS
Son animais que teñen un nivel de organización celular que non supera os tecidos, polo tanto, non posúen órganos; non manteñen unha forma definida; e son asimétricos; o seu desenvolvemento embrionario é atípico, sen as capas celulares características do resto dos animais.

Inclúe dous filos:
OS PLACOZOOS
OS PORÍFEROS
EUMETAZOOS
Son animais que teñen un nivel de organización celular complexo, xa que forman tecidos, órganos e sistemas.
Criterios para clasificar os eumetazoos:
Eumetazoos diblásticos con simetría radial:

Filo cnidarios: posúen tecidos e, algúns, órganos pouco complexos. Todos son tentaculados e posúen células urticantes (cnidoblastos) cun aguillón capaz de inxectarlles un líquido tóxico as súas presas ou atacantes. Poden ser de dous tipos: pólipos (fixos, bentónicos e formadores de colonias) ou medusas (móviles, peláxicos e solitarios).

Celomados
Filo moluscos: posúen un corpo blando sen segmentacións nin articulacións. Neles diferéncianse unha cabeza (con boca e receptores sensoriais), un pé musculoso para a locomoción e unha masa viseceral rodeada polo manto. Case todos son acuáticos, aínda que hai algúns terrestres (como os caracois).

Hai tres clases principais:
Filo anélidos: son vermes co corpo cilíndrico segmentado en aneis ou metámeros (a segmentación tamén é interna) e conta cunha organización complexa.

Hai tres clases:
Os poliquetos. Teñen unha serie de fibras quitinosas que saen duns apéndices situados aos lados dos metámeros. Soen respirar por unhas branquias que se localizan nalgúns metámeros. O son os Nereis.
Os oligoquetos. Carecen de apéndices e teñen poucas quetas. Son hermafroditas. O son as miñocas.
Os hirudíneos. Non posúen quetas, pero si dúas ventosas que son empregadas para fixarse. Son parasitos externos que se nutren da hemolinfa dalgúns artrópodos ou do sangue dos vertebrados. O son as sambesugas.
Celomados
Celomados
Filo artrópodos: constitúen o grupo de animais máis numeroso da biosfera, xa que colonizou todos os ambientes. O seu corpo, ao igual que os anélidos, presentan metamería, a diferenza con estes está en que os metámeros non son todos iguais e agrúpanse en tres rexións que son a cabeza, o tórax e o abdome.

Hai dous subfilos:
Os quelicerados: inclúen a clase meróstomos e a clase arácnidos.
Os mandibulados: inclúe a clase miriápodos, a clase crustáceos e a clase insectos.
Os crustáceos. O seu corpo está dividido en cefalotórax e abdome. Teñen dous pares de antenas, cinco pares de patas, ollos pedunculados. O seu exoesqueleto está impregnado de sales de calcio e pode estar moi engrosado. O son os cangrexos de río e a
Penilia avirostris
.
Os insectos. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome. Teñen un par de antenas, unha boca, un aparato mastigador e ocelos na cabeza, tres pares de patas e, a maioría un ou dous pares de alas. O son a mantis relixiosa ou as abellas.
Os arácnidos. O seu corpo está dividido en cefalotórax e abdome. Teñen un par de quelíceros (as arañas velenosas) e un par de pedipalpos, catro pares de patas e, as arañas, glándulas que secretan seda. Respiran por tráqueas ou filobranquias, e a excreción o fan a través dos tubos de Malpighi. O son as garrapatas ou as arañas.
Os miriápodos. Son animais mandibulados terrestres con apéndices locomotores, un par de antenas e grupos de ocelos.
Tipos
Filo equinodermos: son animais que posúen endoesqueleto debaixo da epiderme formado por placas clacarias con ou sen espiñas. O corpo non está segmentado e non posúen unha cabeza diferenciada. As larvas posúen simetría bilateral que de maneira secundaria os adultos a adquiren en simetría radial. Algo propio do filo é o sistema ambulacral. Este, ademais comprende animais mariños que viven fixos, como os lirios de mar, ou animais que se moven lentamente, como son as holoturias.
Celomados
Celomados
Filo cordados: presentan un eixe esquelético dorsal (a notocorda) que nos adultos pode ser substutuído pola columna vertebral. Por riba da notocorda posúen un cordón nervioso tubular. O extremo anterior ensánchase e dá lugar ao encéfalo (nos vertebrados). Ademais, teñen fendeduras branquiais que aparecen nos animais mariños e na fase embrionaria dos terrestres. Adoitan presentar cola postanal e corazón en posición ventral.

Hai tres subfilos:
Os urocordados. Poden ser solitarios ou coloniais e sésiles ou de vida libre. Os adúltos presentan unha túnica de celulosa. O son as patatas de mar.
Os cefalocordados. Son pisciformes de escasas lonxitudes. Manteñen a notocorda e as fendiduras branquiais toda a vida.
Os vertebrados.
Son o grupo de cordados máis evolucionado. O corpo divídese en cabeza, tronco e cola. Os seus apéndices locomotores son de tipo cola ou aleta. Posúen endoesqueleto con pezas particulares, cun eixe que é a columna vertebral. Teñen cefalización pronunciada. Algúns son ectotermos (peixes, anfibios e réptiles) e outros son endotermos (aves e mamíferos).

Hai dous grupos de vertebrados:
A superclase agnatos. Son acuáticos sen mandíbulas e esqueleto cartilaxinoso. Comprende a clase ciclóstomos, como as lampreas.
A superclase gnatostomados. Teñen mandíbulas.

Outras clases menos destacadas son os ostracodermos, os acantodios e os placodermos.
Que son?
Teñen mandíbulas. Comprende varias clases de gnatostomados:
A clase condrictios. A súa pel cúbrese de escamas e o seu esquelo é cartilaxinoso, teñen boca ventral e fendas branquiais independentes. Todos son mariños. O son as quenllas ou as raias.
A clase osteíctios. A súa pel cúbrese de escamas e seu esqueleto é óseo, as fendas branquiais teñen opérculos, e algúns teñen vexiga natatoria. Todos son acuáticos. O son a sardiña ou o bonito.

A superclase gnatostomados
Son os primeiros vertebrados terrestres. Teñen o cráneo aplanado e articulado coa primeira vértebra, ósos mandibulares con dentes e a pel desnuda e sempre húmida. Depende da auga para reproducirse. O son as rás (anuros) ou as píntegas (urodelos).
A clase anfibios
Son tetrápodos homeotermos e ovíparos adaptados ao voo. Son capaces de regular a súa temperatura corporal. O son as avestruces, os pingüíns ou as rapaces.
A clase aves
ANIMAIS
BIBLIOGRAFÍA
Laura Casas:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Plaza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- La enciclopedia de los animales. Edicion 2008, Editorial Bonalletra Alcompas. Autores: Fahey, Grosvenpr, Adamson, Hoffman, Hernandez, Payne y Fierce.
- www.wikipedia.org
- www.centros.edu.xunta.es
- www.apuntes.infonotas.com
Noelia Itoiz:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Plaza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- Gran Enciclopedia Sapiens Temática Ciencias de la vida I da trama do equipo editorial. Editorial Sapiens, ano 2002.
- www.apuntes.infonotas.com
- www.waste.ideal.es/fauna.htm
Rosalía Lojo:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Plaza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- www.wikipedia.org
- www.asturnatura.com
- www.apuntes.infonotas.com
Ana Martínez:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Plaza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- La enciclopedia de los animales de Fahey, Grosvenpr, Adamson, Hoffman, Hernandez, Payne y Fierce. Editorial Bonalletra Alcompas. Edicion 2008.
- www.campus.belgrano.ort.edu.com
- www.reinoanimalmyblog.blogspot.com.es
María Rouco:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Pl
- La enciclopedia de los animales. Edicion 2008, Editorial Bonalletra Alcompas. Autores: Fahey, Grosvenpr, Adamson, Hoffman, Hernandez, Payne y Fierce. aza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- www.encina.pntic.mec.es
- www.wikipedia.org
- www.euroresidentes.com
Gonzalo Soto:
- O libro de texto Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato de Concepción Plaza, Xesús Hernández, Carmelo Casamayor, Xoan Xosé Martínez-Aedo e Francisco Xavier Medina. Editorial Anaya, ano 2008.
- La enciclopedia de los animales de Fahey, Grosvenpr, Adamson, Hoffman, Hernandez, Payne y Fierce. Editorial Bonalletra Alcompas. Edicion 2008.
- www.wikipedia.org
- www.asturnatura.com
Os rasgos comúns son a mandíbula inferior formada por un só óseo, a presencia de tres osiños no oído medio e o coidado e amamantamento das crías (son vivíparos). A maioría deles teñen catro extremidades terminadas en estruturas pentadáctiles, homeotermia, corpo cuberto de pelo e gran desenvoltura do cerebro. O son as baleas, os cans ou os seres humanos.
A clase mamíferos
A clase réptiles
GNATOSTOMADOS
- CONDRICITOS
- OSTEICITOS
- ANFIBIOS (Anuros e Urodelos)
- REPTILES (Ofidios, Quelonios e Crocodilianos)
- AVES
- MAMIFEROS
AGNATOS
- CICLOSTOMOS
O leopardo das neves é un mamífero carnívoro propio das montañas de Asia Central. Adoitan vivir en montañas remotas a altitudes de ata 600 metros. O seu pelo é gris, suave e, excepcionalmente, denso. A súa cola é tamén moi densa e enrólaa arredor do corpo para abrigarse. Caza de día e ataca a todo tipo de animais salvaxes, así como ao gando. Son considerados adultos aos dous anos.

Ás veces mátanos pola súa pel. Descoñécese a cantidade de exemplares que quedan en estado salvaxe, aínda que se estíma que hai apenas uns 5000, polo que trátase dunha especie en perigo de extinción. O período de xestación é de, aproximadamente, 100 días.
É considerada a araña de maior tamaño, xa que pode alcanzar os 28 ou 30 centímetros. Pesa máis de 100 gramos. Ten o corpo peludo, os seus pelos son irritantes e adoitan actúar de defensa. As femias tardan uns 3 anos en madurar e poden vivir ata 14 anos.

Son agresivas e emiten un ruído silbante (denominado estridulación) cando se aproximan a algún posible inimigo potencial.


É o nome común dos moluscos gasterópodos provistos dunha cuncha espiral. Hai caracoles mariños, doceacuícolas e terrestres. Son moi apreciados polo home, tanto con fines gastronómicos como coleccionistas.

Os caracois móvense por medio dunha serie de contraccións musculares ondulatorias que percorren a parte inferior do pé.
Pertencen aos equinodermos, que son un tipo de invertebrados. O nome do grupo, Echinoidea, que reune a 950 especies, significa ''semellantes aos ourizos'', isto fai referencia ás púas que recobren o seu corpo.

A súa principal característica, en canto ao seu aspecto físico é a ausencia de brazos, polo que teñen forma globosa máis ou menos aplanada no seu eixe oral-aboral. Miden entre 3 e 18 centímetros e a cor do caparazón vai dende negra ata a violácea-verdosa, dependendo da especie á que pertenzan. Poden ter forma oval, esférica ou plana.

En canto a súa anatomía: a boca dos ourizos de mar está situada na cara inferior e o ano na superior. Os ourizos desprázanse de forma lenta grazas á acción do sistema ambulacral e das espiñas móviles. Os pés ambulacrais tamén cumpren unha función respiratoria.

Teñen reprodución sexual e a fecundación é externa. Estes animais alcanzan a súa madurez sexual ao cabo de 5 anos.
A súa pel está cuberta con escamas ou placas córneas, despránzanse reptando. Son réptiles os dinosauros. O son os lagartos (sauros), as serpes (os ofidios), as tartarugas (os quelonios ) e os crocodilos (os crocodilianos).
Caracol
Tarántula xigante
Ourizos de mar
Leopardo das neves
Eumetazoos triblásticos con simetría bilateral:
Principais filos de eumetazoos
O tipo de simetría
Asimétricos
Simétricos radiais
Simétricos bilaterais
O número de capas embrionarias
Diblásticos
Triblásticos
A presenza ou ausencia dunha cavidade interna
Acelomados
Celomados
Pseudocelomados
Outras clases menos destacadas son os monoplacóforos, os poliplacóforos, os solenogastros e os escafópodos.
A cabeza e o pé soen estar moi desenvolvidos e, aínda que manteñen unha simetría bilateral, a masa visceral, o manto e a cuncha preséntanse en forma de espiral. O son as babosas ou os caracois.
Os gasterópodos
A súa cuncha está formada por dúas valvas e teñen a cabeza atrofiada, xa que a maioría das terminacións sensitivas localízanse nos bordes do manto. O son as ameixas ou os mexillóns.
Os bivalvos
O seus pés transfórmanse nuns brazos tentaculados. Ao redor da cabeza e poden posuír cuncha interna ou mesmo non posuír cuncha. O son as luras ou os polbos.
Os cefalópodos
(Helix aspersa)
Filo platihelmintos: son vermes de corpo aplanado dorsiventralmente e son mariños ben de vida libre (as planarias) ou ben parasitos internos (as tenias).
Acelomados
Filo nematodos: son vermes cilíndricos con corpo alongado sen cilios e son ben de vida libre ou ben parasitos internos (as lombrigas intestinais, a triquina, etc.).
Pseudocelomados
(Theraphosa blondi)
(Paracentrotus lividus)
(Uncia uncia)
Full transcript