Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

A biodiversidade

Unha ollada polos seis reinos da vida.
by

David V.Docampo

on 3 June 2017

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of A biodiversidade

Seres Acelulares
Eubacterias
Arqueobacterias
Protistas
Fungos
Animais
Plantas
CORDADOS
Algúns Invertebrados
Protozoos
Algas
Son organismos eucariotas, pluricelulares e heterótrofos.
Inclúen moitos grupos de animais, moi diferentes entre si. Non son unha verdadeira categoría.
PORÍFEROS
Son animais acuáticos tamén chamados esponxas, sésiles, cun corpo perforado por multitude de poros.
Poden formar colonias ou vivir en solitario.
CNIDARIOS
Son animais acuáticos coa boca rodeada de tentáculos e con células urticantes.
Segundo a súa forma clasifícanse en pólipos (como anémonas e corais) e medusas.
ANÉLIDOS
Son animais con forma de verme e o corpo dividido en segmentos semellantes a aneis.
MOLUSCOS
Animais de corpo mol (brando) e que adoitan ter cuncha e un pé muscular que pode estar modificado.
GASTERÓPODOS
CEFALÓPODOS
BIVALVOS
EQUINODERMOS
Son animais mariños cun esqueleto formado por placas con espiñas e o corpo dividido en 5 radios.
ESTRELAS DE MAR
OFIURAS
OURIZOS DE MAR
COGOMBROS DE MAR
ARTRÓPODOS
Son animais co corpo dividido en segmentos, apéndices articulados e cun esqueleto externo ríxido ou exoesqueleto.
ARÁCNIDOS
MIRIÁPODOS
CRUSTÁCEOS
INSECTOS
PEIXES
Son vertebrados acuáticos, co corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas.
CARTILAXINOSOS
ÓSEOS
ANFIBIOS
RÉPTILES
AVES
MAMÍFEROS
Son vertebrados terrestres, pero teñen que vivir preto da auga para poder respirar e reproducirse. Teñen a pel lisa.
Primeiros vertebrados totalmente terrestres, que se desprazan arrastrándose preto do chan.
Teñen a pel cuberta de escamas.
Vertebrados con peteiro e ás, recubertos de plumas.
Vertebrados que alimentan ás súas crías con leite producido nunhas glándulas mamarias.
Son organismos eucariotas, pluricelulares e autótrofos, que fan a fotosíntese e teñen verdadeiros tecidos.
- BRIÓFITAS
- CORMÓFITAS
* PTERIDÓFITAS
* ESPERMATÓFITAS
+ XIMNOSPERMAS
+ ANXIOSPERMAS
Carecen de tecidos condutores de zume. Reprodúcense por esporas.
Posúen tecidos condutores do zume.
Non teñen flores nin sementes. Reprodúcense por esporas.
Posúen flores e sementes.
Óvulo espido e sen froito verdadeiro.
Óvulo protexido nun ovario e semente protexida nun froito.
Son as carrizas.
Son os fentos.
Inclúe ás coníferas, ademais do xinkgo e outros.
Dicotiledóneas
Monocotiledóneas
Son seres acelulares que empregan células doutros organismos para facer copias de si mesmos, matando a estas células.
Só teñen material xenético rodeado dunha cápsida de proteínas, polo que non se consideran seres vivos, xa que non están formados por células nin realizan as funcións vitais.
Moitos provocan enfermidades a humanos como a gripe, a hepatite, a sida,... e deben ser tratados con antivirais ou retrovirais, xa que os antibióticos non lles afectan.
Tamén poden empregarse vacinas para previr as enfermidades que causan.
FORMAS DAS BACTERIAS
Son organismos procariotas, unicelulares, autótrofos ou heterótrofos, e posúen todas as formas de metabolismo coñecidas.
Son as bacterias máis abundantes, e poden provocar enfermidades en humanos (úsanse os antibióticos para combatelas). Non obstante tamén participan en procesos beneficiosos como as fermentacións de iogures, queixos e vinagre, e axudan á dixestión e defensa do noso corpo (Ademais de ser imprescindibles para os ecosistemas). A meirande parte deles non teñen ningún efecto sobre nós.
Son bacterias, por tanto tamén procariotas unicelulares e tanto heterótrofas como autótrofas.
As arqueobacterias viven en ambientes extremos como fontes termais, volcáns, augas xeadas, ácidas ou moi salgadas, e tamén no estómago dos ruminantes.
Son organismos eucariotas, unicelulares ou pluricelulares talófitos (sen tecidos), autótrofos ou heterótrofos.
Son eucariotas unicelulares e heterótrofos.
Adoitan alimentarse por fagocitose
Para reproducirse empregan sobre todo a reprodución asexual: as súas células divídense por:
Bipartición
Xemación
Esporulación
FLAXELADOS
CILIADOS
Móvense mediante cilios, apéndices curtos e numerosos.
RIZÓPODOS
Móvense grazas a pseudópodos, prolongamentos da membrana que lles serven para se desprazar ou se alimentar.
ESPOROZOOS
Protozoos inmóbiles, parasitos obrigados.
Móvense por flaxelos, apéndices longos e escasos.
Son organismos eucariotas, autótrofos e unicelulares ou pluricelulares talófitos, é dicir, que non teñen tecidos verdadeiros.
ALGAS PARDO
-DOURADAS
ALGAS VERMELLAS
ALGAS VERDES
Son eucariotas, heterótrofos e unicelulares ou pluricelulares talófitos.
A meirande parte dos fungos son saprófitos, aínda que moitos son parasitos ou realizan simbioses.
A asociación simbiótica dun fungo e unha alga forma un lique.
Algúns fungos poden producir infeccións chamadas micoses.
Non obstante son moi importantes no ciclo natural da materia. Ademais realizan fermentacións beneficiosas como as que se empregan para fabricar pan, viño ou cervexa; producen substancias que utilizamos como medicamentos, como a penicilina; e algúns son comestibles.
MOFOS OU BALORES
Fungos pluricelulares filamentosos, que medran sobre restos orgánicos e os descompoñen.
SETAS OU
COGOMELOS
Fungos que producen unhas estruturas reprodutoras chamadas cogomelos ou setas.
FERMENTOS OU LÉVEDOS
Fungos unicelulares que se multiplican por xemación e levan ao cabo fermentacións.
Paramecio
Ameba
Soros
RATITES
CARENADAS
Son animais de simetría bilateral que, nalgún momento posúen notocorda ou corda espiñal.
-Virus
-Viroides
-Prións
Son seres acelulares constiuídos unicamente por material xenético (ARN) infeccioso.
Provocan enfermidades en plantas.
Son proteínas infecciosas. É dicir, están defectuosas e ocasionan que outras proteínas ben formadas tamén se volvan defectuosas e sigan a cadea de infección.
Algunhas enfermidades que producen en humanos son o kuru e o mal das vacas tolas, sen que exista ningunha vacina ou curación actualmente.
Algúns deles poden producir enfermidades, como a malaria ou a enfermidade do sono.
- Son moi importantes para o planeta, pois son os principais produtores nos ecosistemas mariños.
- Teñen importancia alimentaria.
- Utilízanse na industria farmacéutica, cosmética e alimentaria.

* Os soros son avultamentos no envés das follas, nos cales se producen as esporas.
Inclúen a vertebrados e a urocordados.
Os urocordados só teñen notocorda cando son larvas.
Un exemplo de urocordados son as ascidias ou mexóns.
ANURO (sen cola)
URODELOS (con cola)
CÁGADO
Full transcript