Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Industria en España

No description
by

xosea

on 9 February 2015

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Industria en España

Panorámica da industria en España
España conta con case un cuarto de millón de empresas industriais
A importancia da industria é comparativamente maior nas empresas medianas e grandes.
A participación da industria no VEB da economía española descende continuadamente, en beneficio do incremento do sector servizos
Un 10% das empresas industriais da UE localízanse en España
Alemania ocupa o primeiro lugar da UE en 11 das 17 ramas de actividade
Cataluña, Madrid, Andalucía,
País Vasco e Comunitat Valenciana supoñen as 2/3 partes do negocio industrial do Estado
As industrias lixeiras
proporcionan,
globalmente,
moito máis emprego.
A rúbrica de pagos
salariais é sempre
a máis importante
neste tipo de empresas.
A distribución do emprego industrial revela a importancia dos grandes núcleos urbanos, xunto coas áreas primitivamente máis industrializadas e acentúa a importancia do eixo mediterráneo-País Vasco, enlazado co Val do Ebro (o espazo do "Y" máis
próximo a Europa), xunto con Madrid.
Outros eixos significativos son o val do Guadalquivir e o eixo atlántico galego.
Fontes: publicación homónima do INE (2010)
e "España en cifras" (2014)

A teoría da localización industrial
de Weber (1909) exponse no "triángulo locacional", que tiña en conta os custes da man de obra, os do transporte e os das materias primas.
A partir de ahí, e segundo o custe de cada factor, Weber indica que a
localización dunha determinada industria (P) estará entre o centro de consumo (C) e os centros de aprovisionamento de materias primas e enerxía (M1 e M2).
Xa que os custes de transporte se
incrementan coa distancia neste espazo isotrópico, trazou unha serie de"isodapanas" concéntricas desde o punto P que indicarían o aumento do prezo de transporte. A partir dunha "isodapana crítica", a instalación dunha empresa industrial non sería rendible
economicamente.
Aínda que as hipóteses de Weber non se dean na realidade (os espazos xeográficos non son isotrópicos), a teoría ten o valor de formular o papel esencial de algúns
dos factores tradicionais da localización industrial
(materias primas, man de obra, mercado e

fontes de enerxía).
As ZUR foron
creadas a raíz da
Lei de Reconversión
Industrial de 1984, para tratar de fomentar a
recuperación industrial en áreas de forte desemprego e deterioro industrial.
Anos 20
Desarrollismo
Crise do petróleo
Reconversión industrial
A meirande parte da produción destínase ao consumo interno, se ben hai sectores manifestamente exportadores
A Rioxa, Navarra,
País Vasco, Cataluña
e Aragón son as CCAA con maior % de emprego ndustrial.
Cando falamos dos
custes de persoal,
a meirande parte
corresponde aos
salarios (3/4 partes),
e o resto a custes
sociais e indemnizacións.
Intensividade
en capital
Intensividade
en man de obra
A relación entre salarios
e tamaño da empresa soe
ser directamente proporcional.
A dependencia tradicional do petróleo exterior fai que sexa esta industria a que máis merca no mercado foráneo.
A puxanza da nosa industria automobilística leva a orientar a meirande parte da producióncara ao exterior.
A industria aragonesa, a vasca e a cántabra son as que
maior orientación cara ao mercado exterior teñen no Estado.
A insularidade xustifica
a orientación da produción
industrial balear e canaria.
A produtividade media
por hora traballada na industria
española é superior á media da
economía nacional.
... se ben a produtividade
da industria española está
por debaixo da dos países
nórdicos e noroccidentais.
Os sectores
enerxéticos (gas,
petróleo,
electricidade) son
os máis produtivos
da nosa industria.
O investimento material
por persoa ocupada increméntase
a medida que medra a empresa.
As actividades con meirande
grao de concentración son a industria
do tabaco, o sector de aparatos de recepción, gravación e reprodución
de son e imaxe; e a industria do
petróleo, gas natural e combustibles
nucleares.
A electricidade supón case a metade do consumo
enerxético das empresas industriais (48%). O gas (28%) e os produtos petrolíferos (18%) son os outros dous componentes, dos que o consumo é máis relevante no conxunto da industria.
A deslocalización industrial adopta variadas formas, entre as cales:
a) deslocalización en función de costes;
b) zonas francas;
c) creación de filiais;
d)
outsourcing
: contratación de servizos a empresas estranxeiras;
e) joint-ventures: asociación con empresas locais.
A industria española tamén se ve afectada pola deslocalización
"En España tamén temos esas imaxes desoladoras [
as de Detroit -ver imaxes á esquerda-
]. Os polígonos chineses de Cobo Calleja (Madrid), Badalona (Barcelona) ou Quart de Poblet (Valencia) evidencian unha brusca transformación. Hai uns anos, centos de persoas gañaban a súa vida nesas naves traballando para pequenas e medianas empresas que fabricaban todo tipo de produtos. Hoxe só albergan almacéns baixo rótulos chineses onde se amorean mercadorías, case nengunha producida en España. (...) E a meirande parte delas nen sequera foron gravadas con aranceis, mercede aos tratados de libre comercio.
O fenómeno non só afecta a España, é unha epidemia europea que se acelerou coa recesión. O Observatorio de Reestruturacións Europeas, un organismo da UE, detectou que entre o segundo trimestre de 2008 e o segundo trimestre de 2010 houbo 5.400 grandes reestruturacións, nas que se destruiron 1,8 millóns de empregos.
A España, sen embargo, afectoulle especialmente. En 1976, había 3,5 millóns de obreiros nas fábricas. En 1993, a industria ocupaba a 2.506.753 traballadores. En 2010, case 20 anos despois, só tiñan un emprego industrial 2.133.618 persoas [en xaneiro de 2015, 2.015.000 persoas afiliadas á SS]. Se se ten en conta que nese período a poboación activa pasou de 16 millóns a 23 millóns, o resultado non pode ser máis desalentador: só o 9,2 % da poboación activa se emprega na industria, fronte ao 15,6% que o facía hai dúas décadas (Enquisa Industrial de Empresas do INE)."

Ramón Muñoz:
"España, destino Terceiro Mundo"
.
Fotografías da serie
"The Ruins of Detroit"
,
de Romain Meffre e Yves Marchand
"Inditex, o grupo de Zara, é un bo exemplo de como renunciamos a calquera actividade que soe remotamente a ruido de motores ou cheire a graxa de máquinas, aínda que sexa de teares. A empresa de Amancio Ortega emprega en todo o mundo a 109.512 persoas, das que só un 1% traballa directamente en fábricas (Informe Anual Inditex 2011). O groso desa enorme plantilla -o 86,4%- emprégase nas tendas e o resto son traballos loxísticos e administrativos. ¿E quen confecciona os millóns de prendas da marca española máis internacional?
Chámanos "
clústers
de proveedores" e Inditex defíneos como "espazos de cooperación integrados por proveedores, fabricantes, sindicatos, asociacións emperresariais e compradores internacionais co obxectivo común de promover un entorno produtivo sostible nunha área xeográfica estratéxica para o desennvolvemento do modelo de negocio de Inditex e dentro dun marco baseado no cumprimento de dereitos laborais fundamentais. " Se lles digo que os
clústers
principais están en Bangladesh, India, China, Turquía, Marrocos, Brasil e Portugal seguro que o entenden mellor. Exactamente iso, obradoiros externos con man de obra barata. O 87% da produción total de Inditex sae destes clústers, onde traballan máis de medio millón de obreiros.
(...) Inditex non é unha empresa que favoreza a explotación como moitas veces se le.(...) Simplemente, a empresa de Ortega aprovéitase da globalización. Fabrica en países con soldos baratos e vende os seus produtos aos traballadores de lugares que aínda manteñen o soldo alto. Capitalismo elemental."

Ramón Muñoz:
"España, destino Terceiro Mundo"
.
Full transcript