Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

ARISTÓTELES Ética e Política

No description
by

Pilar Lado

on 23 November 2015

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of ARISTÓTELES Ética e Política

ÉTICA E POLÍTICA
A ética aristotélica é teleolóxica. Toda acción humana busca un fin (telos) ou ben. Se o fin do arqueiro é dar na diana, entón o fin do ser humano e acadala felicidade.
A FELICIDADE
A ARETÉ
"O bien é certamente dexesable cando interesa a un so individuo; pero se reviste dun carácter máis belo e máis divino cando interesa a un pobo e a un Estado enteiro"
(Etica Nic. I, 2.)
Buscando diverxencias...
"PASO" DA POLÍTICA
O "Vive escondido" de Epicuro reduce as pretensións de atopar a fecidade ao ámbito ético ou individual nun tempo en crise onde o ser humano na súa condición de súbdito non pode participar na vida política.
Tipos de virtudes

Virtudes éticas
ou propias da vontade.
Como se adquiren?
As
virtudes éticas
adquírense mediante o hábito, a costume ou prática. Ou sexa, dependen da vontade. Necesitan como premisas certa predisposición natural e o coñecemento ou aprendizaxe pero para ser virtuosos necesitamos práctica.
ARISTÓTELES
Supremacía da política sobre a ética

Ciencias prácticas

Lacan e a Felicidade na película "la vida de David Gale"
2.- Pois si existe algún fin dos nosos actos que queiramos por el mesmo, e os demais por causa del, e se nada do que eliximos depende doutra cousa –pois así chegaríase ó infinito e dese xeito o desexo sería baldeiro e inútil-, ese fin evidentemente sería o bo e o mellor. Daquela, non é certo que o coñecemento del terá un peso grande na nosa vida e que, o mesmo ca os arqueiros que apuntan a un branco, acadaremos mellor o que debemos acadar? De ser así, hai que intentar comprender en líneas xerais cal é e a cal das ciencias ou facultades corresponde. Podería parecer que será o da principal e máis eminente. E evidentemente esta é a política. Pois ela dispón qué ciencias se precisan nas cidades e cáles ten que aprender cada un e ata que punto. Vemos tamén que as facultades máis estimadas dependen dela, como a estratexia, a economía, a retórica. E xa que a política se vale das demais ciencias prácticas e ademais lexisla qué cómpre facer e de qué se hai que arredar, daquela o fin dela abarcará o fin das outras ciencias, de xeito que constutiría o ben do home. Pois aínda sendo o mesmo o fin do individuo e o da cidade, evidentemente será máis grande e máis perfecto acadar e gardar o da cidade, porque é estimable procuralo para un individuo, pero é moito máis fermoso e divino facelo para un pobo e para cidades. Esta é a nosa investigación, que é unha disciplina política. (...)
Ética a Nicómaco
Texto
Ocúpanse da
acción
humana individual ou social en canto se dirixe a conseguir algún fin.
Aristóteles engloba a ética dentro da ciencia política. A ciencia da política en xeral divídese na ética que é social xa que o ser humano individual é esencialmente membro dunha sociedade. E a política que é ética, xa que a virtude do estado depende da virtude dos seus cidadáns.
Que é a felicidade?

Hoxe como no tempo de Aristóteles temos varias posibilidades:

• A felicidade, para algúns, reside en gozar e disfrutar, en buscar o pracer. Sair de copas, viaxar ou comer ben non teñen outra finalidade que o pracer.
• A felicidade pode estar no recoñecemento, ou prestixio social, na fama ou no éxito.
• “A felicidade está na riqueza” é una identificación que fai moita xente.

http://www.edu.xunta.es/centros/ies12outubro/aulavirtual/file.php/14/Aristotelesfelicidade.htm
Agora ti...
Aristóteles e a Felicidade
A felicidade consiste no perfecionamento do ser humano, na actividade que distingue ao home do resto de cousas, a
actividade racional
.
A
actividade racional
ten doble dimensión:
- A actividade teorética ou contemplativa que coincide ca
Sabedoría
de Platón.
- A actividade práctica ou
Prudencia
que orienta a nosa acción mediante a deliberación do que é bo para nós.

Virtudes dianoéticas
Pero... Aristóteles sabe que o ser humano non soamente é razón. Unha vida dedicada por completo á vida contemplativa só sería posible se o home non tivese necesidades corporais, problemas económicos, nterferencias sociais.
A felicidade humana (limitada) esixe a actividade da razón (propio do home), a posesión de certos bens corporais (saúde), e exteriores (medios económicos) e, moi especialmente, a posesión das
virtudes morais
.
Buscando diverxencias...
www.elortiva.org/lacanbio.html

Ampliando...
LACAN
Analizando...

"Ser enteramente humano significa esforzarte por vivir de acuerdo con ideas e ideales y no evaluar tu vida por lo que hayas obtenido en cuanto a tus deseos sino por aquellos breves momentos de interioridad, de compasión, de racionalidad includo de abnegación. Porque a la larga la única manera de valorar la relevancia de nuestra vida es valorando la vida de otros".
Busca contrastar con Aristóteles
... e ti que pensas?
http://www.labutaca.net/53berlinale/lavidadedavidgale.htm
Ficha película

O eclecticismo na súa concepción da felicidade e o empirismo moral aristotélico que considera que a ética ten que partir dos feitos diverxe do idealismo platónico que de forma univoca identifica felicidade e vida contemplativa
DEFINICIÓN
A
areté
ou virtude é unha disposición da alma, unha capacidade e aptitude permanente e preferencial para comportarse dun modo determinado. Son as cualidades internas que definen ao individuo
Algúns traducen o termo arete por virtude, pero outros, prefiren o termo excelencia, que por estar máis relacionado ca busca da perfección dun mesmo e máis fiel ao sentido orixinal e evita o sentido cristián
Bucando diverxencias...
A virtude sen ser razón participa da razón e require vontade. Non chega o coñecemento da virtude para ser virtuoso. Necesitamos práctica, hábito e costume.. O
intelectualismo ético
de Sócrates e Platón empeza a facer aguas... Fago o ben porque coñezo o ben. Para Aristóteles fago o ben porque teño certa predisposición natural cara o ben, porque coñezo o ben e, sobre todo, porque practico o ben.
Jaco Pastorius
Un guitarrista virtuoso adquire a súa virtude practicando

A excelencia de carácter ou virtude é o
termo medio
entre o vicio que pode ser por defecto ou por exceso. Un é bo dun único modo pero malo de diversas maneiras. A valentía é unha vía intermedia entre a cobardía e a temeridade.
Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de “costume”. Deste feito resulta evidente que ningunha das virtudes éticas se da en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai cara abaixo, no se afaría a ir cara arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces cara arriba, ni o lume se afaría a ir cara abaixo, nin ninguna outra cousa que é de certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as non se producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que facer despois de aprendelo, apréndemolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, temén, practicando a xustiza facémonos xustos, moderados practicando a moderación e forte practicando a fortaleza. Proba disto é o que sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns aprendéndolle certos costumes, e isa é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso se distingue un bo réxime dun mal réxime.
Texto
Virtudes dianoéticas
ou propias do intelecto

http://www.edu.xunta.es/centros/ies12outubro/aulavirtual/file.php/14/Aristoteleseoutros.htm
Agora ti...
Elaborando composición textual
"caminante no hay camino se hace camino al andar" Antonio Machado
http://www.paginasobrefilosofia.com/html/teoriaseticas/eticaaristoteles/Cuestionarios/Aristoteles/Aristo1.htm
http://www.webdianoia.com/tests/aristo/completa_1.htm
"O ser humano como animal político"
As xa explicadas
Sabedoría
e
Pruencia
As
virtudes dianoéticas
ou intelectuais adquírense mediante o coñecemento ou o aprendizaxe e a experiencia e o tempo.
XUSTIZA
As virtudes morais son adquiridas a través do costume ou o hábito e consisten, fundamentalmente, no dominio da parte irracional da alma (sensitiva). As virtudes éticas máis importantes son: a fortaleza, a temperanza, a xustiza e a xenerosidade.
Consiste na xusta medida segundo o cal distribúese os bens, as vantaxes e as ganancias, e os seus contrarios.
Aristóteles seguindo a Platón, considera a xustiza como
xustiza xeral
e consiste na virtude integral do ser humano que posúe todas as virtudes. Esta xustiza xeral é denominada
xustiza legal
en tanto nos leva ao cumprimento das leis.
Existe tamén, unha xustiza como
virtude particular
, que regula as relacións interpersoais impoñendo un trato equitativo, de modo que a cada un se lle dá o que lle corresponde:
A
xustiza xeométrica
que reparte en función aos méritos e rexe a distribución social de honras e premios.
A
xustiza aritmética
esixe que aos implicados se lles dea exactamente o mesmo: é a xustiza contractual e rexe os intercambios.
Buscando diverxencias...

- No
cristianismo
a xustiza á desbordada pola
caridade
e misericordia. Trátase dun amor desinteresado que xorde polo mero desexo de darse aos demais sen pretender nada a cambio.
- Desde a
Revolución francesa
, a xustiza identificase máis ca
igualdade
que ca orde. Nas teorías modernas trátase da distribución equitativa xa sexa de bens materias ou non materiais (culturais).
A liberdade guiando ao pobo. Delacroix
- Como é posible que Aristóteles realice esta afirmación? Por un lado, está claro que nesta época hai moitas persoas que son excluídas da política e por outro, está claro que non a todo o mundo lle interesa a política, máis ben só a uns poucos que a converteron no seu sistema de vida.
- É posible que o termo animal político che soe un pouco forte, xa que hoxe en día, cando utilizamos este termo, nos referimos ás persoas que se dedican á actividade política. Pero entenderalo mellor se utilizamos o termo "sociable", que é o que se utiliza na tradución dos textos citados. - Tamén é certo, que para Aristóteles, existe unha restrición de quen e como pode participar nos asuntos públicos.
A política ocúpase da tarefa máis importante da filosofía práctica, o ben común. Que é máis importante que o ben individual. Como xa vimos no capítulo referido á Ética, o ben supremo é a felicidade, pero este non pode alcanzarse fóra dunha orde social axeitada. Á Política (filosofía política) correspóndelle investigar cal debe ser a orde axeitada.
A Orixe do Estado
Para Aristóteles, o Estado é unha forma de sociedade natural, o mesmo que as formas máis primitivas de sociedade o son, xa que é o Estado é o fin destas formas máis primitivas. Polo tanto, o Estado é unha creación da natureza e o home é por natureza un animal político.
Posto que o
Estado é unha creación da natureza e non existe por convención
, hai que consideralo como un medio que permite a realización do ser humano, e polo tanto, non como unha restrición da liberdade. (Podemos ver nisto unha crítica aos sofistas que consideraban ao Estado como un produto convencional que restrinxe a liberdade humana en prol dunha maior protección dos individuos e unha crítica aos cínicos que consideraban que o home se abonda así mesmo e debe ser cidadán do mundo e non dun Estado).
A tendencia natural a asociarse nos seres humanos, vén determinada por dous instintos: o instinto de reprodución e o de conservación. Que levan as persoas a constituír diferentes asociacións:
- A
familia
é a asociación mínima establecida por natureza, para solucionar as necesidades cotiás.
- A
aldea
é a asociación natural formada por familias, para solucionar outras necesidades máis variadas e como unha protección mais completa fronte a outros home e animais.
- O
Estado
naceu pola mesma razón que a aldea, pero ademais satisfai outro desexo, o de vivir ben.
O estado é a comunidade suprema que aspira ao supremo ben.
FORMAS DE GOBERNO
ARISTÓTELES – Política I
I. Como vemos que toda cidade (pólis) é unha comunidade, e toda comunidade está constituída pra algún ben -pois todos fan todo polo que parece ser bo-, é evidente que todas apuntan a algún ben e, sobre todo, apunta ó ben máis importante a comunidade máis importante de todas e que abrangue tódalas outras: esta é a chamada cidade (pólis), e cidadá (politiké) a comunidade.
II. (…) A comunidade perfecta de varias aldeas é xa a cidade, con, por así dici, pero é político cando, de acordo cos principios da súa cienlo, a perfección de toda suficiencia (autárkeia), e nacida pra vivir, pero existente pra vivir ben. Por eso toda cidade o é por natureza, se tamén o son as comunidades previas, xa que ela é fin destas e a natureza é fin. Porque o que cada ser é, despois de rematada a súa xénese, é o que dicimos que é a súa natureza, por exemplo, a do home, do cabalo, da casa. Ademais a causa e o fin son o mellor, e a suficiencia é fin e o mellor.
De todo eso resulta que a cidade é das realidades naturais e que o home é un animal social (zôon politikón), e que o asocial por natureza e non por acaso ou é inferior ou superior ó home, coma o censurado por Homero coma home sen tribo, sen leis, sen fogar pois quen é tal por natureza tamén e desexoso de guerra, por ser como unha peza solta no xogo das damas.

POLÍTICA
Aristóteles mantense fiel ao esquema da pequena cidade-Estado, considerando como absurdo o ideal cínico do "estado natural" ou o universalismo imperialista de Alejandro.
Tres clases de réximes políticos
:
Monarquía
(un o que goberna),
Aristocracia
(goberno dos mellores)
Democracia ou Politeia
(goberno de todos)
En principio, calquera destas formas políticas pode considerarse correcta cando o poder se exerce xustamente.
Tres clases de réximes políticos dexenerados

:
Por o demais, as tres formas de goberno poden dexenerar cando o poder non se orienta á realización da xustiza, senón ao proveito do que goberna.
Tiranía
Oligarquía

Democracia dexenerada
(
demagoxia
), que Aristóteles denomina simplemente democracia.


Para responder a esta pregunta habería que diferenciar entre o ideal e o máis axeitado ás circunstancias, polo que non podemos decidir cal é o mellor goberno para o pobo sen tomar en conta a natureza especial dese pobo.
A
monarquía
será a mellor forma de goberno nun pobo onde un home ou unha familia supera en virtude a todos os demais. A
aristocracia
será o mellor goberno nun pobo de homes que poden ser gobernados como homes libres por outros homes que, pola súa virtude, son aptos para exercer a autoridade política. A
politeia
será a mellor forma de goberno nun pobo onde existe unha multitude guerreira apta para dirixir e obedecer á súa quenda, conforme a unha lei que atribúe as funcións públicas aos ricos en razón do seu mérito.
Cal é a mellor forma de goberno?
POLÍTICA?

Saber máis...
http://translate.google.com/translate?depth=1&hl=es&prev=/search%3Fq%3Dxtec%26hl%3Des%26biw%3D1366%26bih%3D667%26prmd%3Dimvns&rurl=translate.google.es&sl=ca&u=http://www.xtec.cat/~lvallmaj/edupolis.htm
AGORA TI...
http://www.boulesis.com/didactica/textos/?a=366
Comparativa de Aristóteles e o manga de Maquiavelo
... da democracia
http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_tablon_w.php?id_actividad=108139&id_pagina=1
Web Quest sobre a democracia: problemas e solucións
Composición textual
Buscando diverxencias...
Todas as imaxes e vídeos teñen un uso educativo.
Reflexionando...
As reflexións de Aristóteles acerca do estado están dirixidas ao bo vivir. Neste sentido, a diferenza dos sofistas que consideraban o estado unha creación convencional, o estagirita está convencido de que o ordenamento estatal responde ao seu carácter de sociedade natural.

A natureza social ou política dos seres humanos é evidente por si mesma. Ao respecto escribe Aristóteles na súa Política: «O que é incapaz de vivir en sociedade ou o que ningunha necesidade ten diso por abondarse a si mesmo, ese ha de ser ou unha besta ou un deus».
http://filosofiayciudadaniaparacavernicolas.blogspot.com.es/2013/06/nadie-es-malo-el-intelectualismo-moral_17.html
Full transcript