Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

No description
by

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

on 10 September 2013

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

As visitas guiadas son gratuítas previo concerto

A finalidade da visita é a creación dun espazo de reflexión e debate sobre o mundo das letras, da cultura e da sociedade. O persoal responsable incidirá naqueles aspectos coa profundidade que demanden a idade e as características da visita.

A Casa-Museo dispón de dúas modalidades de visita guiada adaptadas ás peculiaridades e ao ritmo do grupo.

1.Visita á Casa-Museo, cunha duración aproximada de 30-45 minutos.
A través do percorrido polas distintas salas, analízase a figura de Emilia Pardo Bazán.

2. Introdución ao coñecemento da Real Academia Galega. Desenvolverase principalmente no Nobre Salón de Actos da Real Academia Galega. Coñecerase a historia da institución, o seu funcionamento, a súa situación actual, os personaxes da intelectualidade galega que estiveron vinculados á institución, así como os feitos históticos
máis relevantes na nosa cultura relacionados coa RAG.
Realizarase tamén unha visita á Casa-Museo. Duración aproximada de 1 hora e 15 minutos.

Ademais da visita guiada de contidos xerais, poñeremos en práctica para os escolares, tres unidades didácticas cun contido adaptado ao nivel, idade, e peculiaridades específicas do alumnado.

“Aprendendo a Ver”
Unidade didáctica dirixida aos máis pequenos, para que, ao tempo que xogan e se divirten, poidan asimilar información sobre algún aspecto histórico ou literario. Os obxectivos didácticos perseguidos están centrados no uso apropiado da lingua, na adquisición de destrezas para desenvolverse con autonomía en calquera museo, na mellora da utilización dos medios de expresión artística e no coñecemento das características do medio físico, social e cultural. Os nenos deberán atopar pola Casa-Museo pequenos detalles e obxectos clasificados en distintos bloques temáticos (animais, mans, fotografías e imaxes de Emilia Pardo Bazán).
“Abrindo fronteiras ás palabras”
Unidade didáctica dirixida a rapaces que cursan o segundo ciclo de primaria. A partir dos contidos da Casa-Museo e de textos seleccionados para tal fin, traballarán os diferentes códigos de comunicación (visual, xestual e sonoro). Farase fincapé nos diferentes tipos de texto, nas diferenzas entre textos literarios e non literarios, analizaranse as características que permitan a súa diferenciación e traballaranse as características dos xéneros literarios a través da lectura en voz alta de textos poéticos, contos, fragmentos de novela, teatro,.... escritos por Emilia Pardo Bazán.
“Unha muller na historia”
Unidade didáctica dirixida a estudantes de segundo ciclo de primaria, secundaria e bacharelato. Na actividade reflexionarán sobre a situación da muller na súa faceta social:e serán “eles” os que sexan tratados de xeito “diferente”, e analizarán a situación da muller no plano cultural. Ofreceráselles unha breve visión das características principais das épocas e movementos literarios como o o romanticismo, realismo, naturalismo e modernismo.
"Casa-Museo Emilia Pardo Bazán"
As nosas visitas guiadas. Modalidades e ofertas didácticas
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Rúa Tabernas número 11
A Coruña
15001
casamuseoepb@realacademiagalega.org
Full transcript