Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

bio

description
by

Xurxo Gago

on 14 December 2009

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of bio

Bioindicadores e
propagacion de
contaminantes
nas covas Xurxo Gago Ecosistema:
É un bioma formado por unha comunidade natural que se estructura cos componhentes bioticos e componhentes abioticos (o ambiente físico). Ten en conta as complexas interaccions entre os organismos e os fluxos de enerxía e materiais que atravesan este bioma.

Sol=Fonte de enerxía Bioespeleoloxía Adícase ao estudio de todolos medios subterraneos que poidan proporcionar un habitat aos organismos vivos.
A primeira descripcion científica dun “habitante das covas” foi realizada por Alexander von Humboldt na sua expedicion a Venezuela en 1799. El Guacharo Steatornis caripensis, ave de habitos nocturnos que forma grandes colonias nas covas.
Comparativamente nas covas a entrada e o fluxo de enerxía resulta ínfimo, e principalmente entra pola entrada en forma de materia organica . Establecense delicadas e moi sensibles relacions entre os organismos que viven neste medio e o seu entorno

Singularidade e exclusividade medioambiental

Endemismos unicos

GRAN INTERÉS Comparativamente co exterior e un medio mais estable…

Pero esa estabilidade e relativa… existen oscilacions anuais de temperatura, rexime hídrico que e afectado pola pluviometría exterior…
A característica mais estable e a oscuridade, os animais íntegramente cavernícolas non lles afectan os ritmos circadianos, fotoperíodo, estacions…
-Elevado pH
-En covas calizas (altas concentracions de carbonatos)
-Baixa concentracion de materia organica (e relacionados coma os amonios)
-Oxigenacion das augas (depende do aporte externo e/ou saltos de auga e a respiracion dos organismos acuaticos)
Medio acuatico Repudiado socialmente -Complexidade para o seu estudio
-Ignorancia e desconhecemento (falta de divulgacion…)
-Medo e inseguridade, pola escuridade e misterio,
fonte de lendas populares nada agradables
-Medioambientalmente moi esquecida polas entidades ecoloxistas
e a administracion con competencias ambientais

-Escasa valoracion da sua importancia (medioambiental,
biodiversidade, valor economico…ECONOMICO??)

=GRAN PROBLEMA
O karst: economia e medioambiente Cumbre das Nacions Unidas, Johannesburgo 2002. Auga. -3.500 millons de persoas no mundo non tenhen acceso a un saneamento adecuado da auga.
-70% da superficie do mundo e auga.
Tan so un 2.5% da auga e doce.
Desa porcentaxe o 70% esta conxelada (de momento) nos casquetes polares
A maior parte do resto e humidade superficial (non vale para uso) ou presentase en acuíferos subterraneos (en moitos casos de difícil acceso)
A poboacion mundial incrementarase considerablemente nos proximos anos e claro, necesitarase mais auga non contaminada (potable),
Canto custa isto??
Imaxinade que se tiveran que facer depuradoras…
Ameazas -Cambios nos niveis e a calidade das augas (alteraciones do reximen hídrico pola realizacion de infraestructuras…)

-Polucion

-Destruccion total

-Utilizacion industrial ou agrícola do karst (verquidos de fertilizantes, augas contaminadas por metais pesados…)

Contaminacion das augas (augas sen ningun proceso de depuracion)

Alteraciones antropicas (física da cova,microambiente, destruccion de espeleotemas…

Guidelines for cave and karst protection, WCPA-IUCN, 1997.
Contaminantes Contaminante: sustancia, axente ou forma de enerxía que en cantidade suficiente pode causar un desequilibrio no medio inicial. Penetran no karst con facilidade a traves do rexime hídrico, fendas, poros...
Clasificanse segun as suas características:
-Compostos solubles en auga (organicos e inorganicos) coma os nitratos, cianuros, fenoles...

-Compostos organicos solubles (menos densos co auga) como os hidrocarburos, gasoleos, petroleo…

-Compostos organicos solubles (mais densos ca auga), organoclorados como cloroformos, metanoclorados, DDT´s… que se depositan no fondo dos acuíferos.
Estos dous ultimos a sua movilidade e altamente dependente dos fluxos hídricos.

-Patoxenos (fungos, bacterias e virus), que se moven pola auga a traves do rexime hidroloxico e que poden permanecer durante tempos prolongados en formas latentes.

-Metais pesados (Cr, Ni, Cd, Zn, Fe…) habitualmente precipitan en pH neutros formando hidroxidos

-Basura

Vesper et al., 2003 Bioindicadores As covas son lugares especiais e unicos:
Polo tanto para a sua proteccion e seguemento medioambiental e recomendable a caracterizacion multidisciplinar da sua heteroxeneidade no espacio e no tempo.
(Calaforra et al., 2000)
Bioindicador: Especie que debido a sua bioloxía podese utilizar para determinar un impacto ou agresion medioambiental. De caracter cualitativo: Presencia/Ausencia.

Biomonitor: Especie que debido a su biología se puede utilizar para determinar un impacto o agresion medioambiental, neste caso, de caracter cuantitativo. Podense realizar diferentes medicions.

Hai que conhecer a sua bioloxía en profundidade, as suas características, necesidades, condicionantes… e logo sí, podense utilizar coma indicadores ou monitores do estado do ambiente. Fauna cavernícola Clasificacion de Chapman
-Estigobios (animais de vida libre que viven en habitats oscuros)
-Estigoxenos (animais que realizan visitas a habitats oscuros)
Un exemplo practico, o sistema pseudocarstico de "O Folon" Fagamos unha visita virtual a Folon e outras cavidades
para conhecer in situ un pouco sobre os bioindicadores Clube espeleoloxico Mauxo As covas son ecosistemas moi sensibles…
Alteracions antropicas directas
Respiracion (covas visitables aumento dos niveis de CO2)
Desgaste e compactacion do chan (destrucion
do habitat de entomofauna troglodita)
Destruccion por vandalismo de espeleotemas e outras formacions
A propia presencia humana
(stress para certos animais que utilizan as covas como refuxio e lugar de cría)
Patrick Cabrol, Protection of Speleothems. Cave Minerals in the World

Guidelines for cave and karst protection, WCPA-IUCN, 1997.
Nas covas poderiamos destacar a presencia duns estranos aracnidos cazadores: os opilions ou tamen as aranhas con pinzas,
sendo comuns nas partes mais externas onde se alimentan de pequenos insectos e outros artropodos. Tamen resulta tipica
a presenza dos isopodos que se alimentan de materia organica en descomposicion.
Tamen resulta moi interesante no medio acuatico a presenza de macroinvertebrados de auga doce coma posibles indicadores
da calidade das augas, aínda que o seu uso para a auga das covas pode resultar problematico sen unha precisa caracterizacion
das poboacions. No auga existen uns organismos típicos que permiten establecer os grados de contaminacion.
Os organismos saprobios (aqueles que se alimentan de materia organica morta) viven en condicions
de maior ou menor contaminacion organica, por elo, son apropiados para determinar a calidade do auga.
O exceso de materia organica produce augas putrefactas, cheirentas e sen osíxeno, so poden vivir nelas
organismos anaerobios que producen diferentes tipos de fermentacions. Nestes casos principalmente
bacterias.

Clasificacion das augas
Clase I, zona oligosaprobia. Augas limpas, escasez de microorganismos. Osíxenadas.
Clase II, zona B-mesosaprobia. Augas con presencia de algas e animais. Podense potabilizar. Plancton abundante, tamen dinoflagelados, rotíferos...
Clase III, zona A-mesosaprobia. A presencia de algas e animais resulta escasa. Potabilizacion difícil. Diatomeas, ciliados...
Clase IV, zona polisaprobia. Augas moi contaminadas. Pouco osíxeno. Practicamente so poden sobrevivir bacterias. Alguns ciliados e flagelados que se alimentan delas. Como seres pluricelulares aparecen algun oligoqueto que se alimenta de bacterias.

ATLAS DE LOS MICROORGANISMOS DE AGUA DULCE
de STREBLE, HEINZ e KRAUTER DIETER. Anfibi Quiropter Micr Invertebrados. Artropodos. Os morcegos son un dos habitantes
mais típicos das covas,
por que? Necesitan oscuridade

Refuxio seguro sen depredadores

Temperaturas e humidade bastante constantes o longo de todo o ano, influencia non significativa das condicions climatoloxicas externas

NON son cavernícolas

Na Península Iberica existen unhas 25 especies de morcegos, pero so uns poucos son tipicos das cavidades...
Que implicacions tenhen estas caracteristicas? Os morcegos son animais nocturnos que lles molesta a luz, a sua forma de vision e mediante unha especie de sonar bioloxico. Emiten ultrasons de altísima frecuencia que rebotan contra os obxectos do ambiente, estes rebotes son captados polos suas grandes e sensibles orellas para interpretar o seu entorno.

En Galicia as especies mais tipicas das covas son: Rinolofo maior de ferradura
Rinolophus ferrumequineum

5-6.5 cm
envergadura 35 cm
protuberancia nasal prominente
pelaxe oscura Rinolofo menor de ferradura
Rinolophus hipposideros

3.5-4.5 cm
envergadura 20 cm
protuberancia nasal prominente
pelaxe gris, inferior claro RMorcego comun
PPipistrellus pipistrellus

3-3.5 cm
envergadura 20 cm
pelaxe parda ou amarela, cor variable
cara e membranas de cor grisacea Morcego rateiro
Myotis myotis

6.5-8 cm
envergadura 40 cm
pelaxe pardusco amarelenta
cara cor clara algunha diferencia? Os morcegos tenhen diferentes costumes para a sua hibernacion
-Colgarse nun lugar tranquilo e seguro
(Típico do xenero Rinolophus)
-Agocharse nunha fenda ou nun furado
(O resto dos morcegos, xeneros Pipistrellus, Myotis…)
Isto implica de por sí diferencias de sensibilidade as molestias,
os rinolofos estan mais expostos... o que nos pode indicar posibles
perturbacions antropicas
Momentos delicados, hibernacion e cria Dende mediados de primavera e todo o veran, as femias desplazanse as zonas mais afastadas e tranquilas das covas. Son os lugares de cría.
Nelas as femias establecen relacions sociais moi fortes (as “pinhocas”) que lles axudaran a criar os meninhos todos xuntos, todas se ocupan de todos. Coma unha gardería.

Os machos son afastados desta zona agresivamente.
A cria A hibernacion producese cando chega o inverno e escasez de alimentos acentuase.
Así logran entrar nun estado de somnolencia-latencia na que minimizan o uso das suas reservas.
En animais tan pequenos as suas reservas son moi xustas, as molestias que os espertan da hibernacion poden ter consecuencias fatais.
A hibernacion O uso dos bioindicadores cunha boa toma de datos que tenha en conta:
numero de especies,
numero de individuos,
das localizacions para a hibernacion
localizacions de cría, etc...
e a sua bioloxia e outras características de interese.
Se se realiza de xeito periodico e nas diferentes partes das cavidades podese ser unha informacion esencial para a caracterizacion de cada cavidade.

O que o converte nunha ferramenta util para xestionar e monitorizar diferentes impactos ambientais: contaminacion por usos agricolas, actividades industriais, uso das covas por parte do home, por exemplo en covas turísticas ou aquelas moi visitadas. En resumo desta charla... Clube Espeleoloxico Mauxo Características mais importantes do grupo
Os primeiros vertebrados que conquistaron o medio terrestre
Son animais ectotermos (non regulan a sua temperatura, dependen da temperatura do medio)
Aínda que algunhas especies son completamente terrestres, sempre estan íntima e inexorablemente vinculadas a auga. A posta dos ovos e o desenvolvemento das larvas (respiracion branquial) ata estado adulto (metamorfose) producese en fase acuatica.
Existen especies COMPLETAMENTE cavernícolas
s Estamos ante a sexta extincion masiva? Moitos científicos creen que podemos estar inmersos neste terrible feito.
Os anfibios son o grupo de mais risco, con mais dun tercio das suas especies
seriamente ameazadas (6.300). A destruccion dos seus habitats, o cambio climatico,
a contaminacion e unha nova enfermidade chamada o fungo asasino, a chytridiomycosis,
estan decimando as suas pobobacions por todo o mundo.
Por que cren os cientificos
que son tan vulnerables? Polas mesmas razons polas que poden ser bioindicadores!
Necesitan diferentes tipos de habitats para o seu desenvolvemento tanto dende ovo, coma
pasando por larva ata adulto tendo que cumprir unha serie de características esenciais.
E son moi sensibles aos cambios, fronte os que non tenhen unha capacidade grande de
desprazamento.

Are we in the midst of the sixth mass extinction? A view from the world amphibians. Wake D. B. and Vredenburg V. T. 2008. National Academy of Sciences of the USA. http://www.pnas.org
s O uso dos anfibios
coma bioindicadores En 1998 Welsh e Stream utilizaron anfibios para poder monitorizar o stress provocado polas obras dunha autopista que verqueron moreas de sedimentos nun río de augas cristalinas do Parque Nacional Redwood.
Compararon cauces contaminados con cauces non contaminados e atoparon que efectivamente onde existía contaminacion as densidades de individuos de tres especies diferentes diminuían significativamente.
Recomendan a utilizacion de anfibios de vida moi ligada ao auga coma bioindicadores xa que soen permanecer sempre na mesma area e son de vida longa en comparacion con macroinvertebrados e peixes. Lambert en 1996 relatou o efecto dun verquido pesado pola rotura dunha bomba dunha fabrica de pesticidas sobre os anfibios e os reptís locais en Somaliland (noroeste de Somalia). Os pesticidas eran sobretodo ORGANOCLORINAS e ORGANOFOSFATOS (compostos organicos solubles mais densos ca auga). Os efectos foron devastadores, alí onde habían concentracions altas de insecticidas os anfibios desaparecían completamente, e tan so alguns reptiles conseguían sobrevivir con altos contenidos destes toxicos no seu metabolismo. Os anfibios resultaron ser moi importantes para detectar tamen os toxicos no caso de que entraran na cadea trofica. Somentes se atoparon ras sen anormalidades naquelas zonas que quedaran libres do verquido.
Os anfibios son mais sensibles aos toxicos en comparacion con aves e mamíferos xa que o seu modo ectotermo de escasa tasa metabolica e un relativamente simple sistema enzimatico reducen considerablemente de detoxificar aqueles pesticidas absorbidos ou inhalados. Os anfibios son especialmente sensitivos aos contaminantes químicos coma estes xa que os absorben a traves da sua fina pel (tanto nos adultos coma nas larvas) e tamen a traves de presas contaminadas.
Hai que ter en conta tamen a sua posicion intermedia na cadea alimentaria, entre as presas formadas por invertebrados e os depredadores superiores (reptiles coma cobras, aves e mamíferos). Todo isto fai deles uns bioindicadores moi interesantes.
Os anfibios do Folon Triton verde, Triturus marmoratus

O triton mais grande da Peninsula Iberica
Cor verde e negro no dorso moi chamativos
Cresta dorsal moi acentuada no estadío reproductivo
Esporadico, accidental nas covas
Sapo comun Bufo bufo
Cor moi variable que pode tomar dende
tonalidades ocres, amarelentas, verdes,
oscuras..
Pupila horizontal
Glandulas parotidas ben desenvolveitas
Distribuido ampliamente por multitude de habitats
Esporadico/accidental en covas
Resistente a comntaminacion (adulto) Saramaganta Chioglossa lusitanica
Endemismo do noroeste da península iberica. Area de distribucion restrinxida a Galicia, oeste asturiano, noroeste leones e norte de Portugal-.
Unica no mundo
So existe unha especie parecida nos Urales
A suas costumes son discretisimas (non se conhece moito)
A sua respiracion e completamente cutanea
Moi moi dependente de augas limpas e ben osíxenadas (correntes)
Moi cavernícola
Salamandra comun, Salamandra salamandra
Cor moi variable pero con fondo negro, as pintas poden
ter tonalidades amarelas, laranxas, vermellas e
en maior ou menor cantidade.
Os adultos son pulmonados (afogan na auga)
Glandulas parotidas ben desenvolveitas (gran cantidade
de toxinas como proteccion contra a depredacion)
Larvas con branquias de cor pardo-verdoso, cunha cabeza
moi ancha (coma duas veces o corpo), cola acabada
en redondo.
Posue tendencias cavernícolas
Resistente a contaminacion (adulto)
Fonte: Atlas de Histología Vegetal y Animal. Universidade de Vigo. E un tecido especializado no almacenamento de lípidos gracias a unhas celulas capaces de conter no seu citoplasma grandes gotas de graxa: os adipocitos. Estas celulas agrupanse estreitamente en gran numero para formar o tecido adiposo.

Hai dous tipos de tecido adiposo: o formado pola graxa branca (ou unilocular), cuxos adipocitos presentan unha gran gota de lípidos, e o formado por graxa parda (ou multilocular), con adipocitos formados por numerosas gotas de lípidos. El primero esta presente en todolos animais mentras que o segundo e frecuente nos animais hibernantes e nos fetos dos mamíferos. Clube Espeleoloxico Mauxo Opalo bioxenico: E un mineral de orixe bioloxico que se formou pola actividade de diferentes microorganismos. Químicamente, o opalo bioxenico (BSi) e sílice hidratado (SiO2•nH2O). Principalmente as diatomeas tanto en auga doce coma en salgada extraen o sílice da auga para usalo coma componhente das suas paredes celulares. Igual ca elas, outros organismos coma os protozoos (Radiolaria), algunhas esponxas, e algunhas prantas utilizan o silice (os pelos das ortigas que son tan urticantes, tamen algunhas orugas...) coma material estructural. Así que o BSi e silice orixinado da producion de silice disolto. BSi pode ser acumulado "directamente" en sedimentos marinhos (via export) o ser transferido de volta na coma disolucion na columna de auga.

Fonte: www.wikipedia.org rganism s O Proteus, o anfibio cavernícola O Proteus anguinus e un anfibio completamente cavernícola
que se atopa no karst do sureste europeo,
principalmente a antiga Yugoslavia. O corpo e moi alargada
(ata 40 cm)
de seccion cilindrica Son case cegos, aínda que
posuen quimio,mecano e
electrorreceptores na cabeza A cabeza e moi longa
e as branquias son externas,
coma nas larvas Fonte: http://www.wikipedia.org Bulog et al. 2002 estudiaron
diferentes contaminantes nos
tecidos dos Proteus e no medio,
para conhecer a sua sensibilidade. Son invertebrados que posuen un exoesqueleto, un corpo segmentado, e extremidades articuladas chamadas apendices. Incluen insectos, aracnidos, crustaceos, miriapodos... Os artropodos constituen filo mais numeroso e diverso do reino animal (Animalia). Hai mais dun millon de especies descritas, insectos na sua maioría, que representan a lo menos o 80% de todas as especies animais conhecidas. Ec l xia subterranea As prantas son os
productores primarios Os depredadores ocupan a cuspide
da piramide trofica Fonte: Clube Espeleoloxico Mauxo Saramaganta, Chioglossa lusitanica. Acumulo de guano, excrementos de Rinolophus. Rinolophos Coral vermello/Pigotita Triton Verde Opalo bioxenico Fonte: Clube Espeleoloxico Mauxo Imaxinade que colleramos unhas mostras de diferentes augas e as levaramos ao microscopio:
A serie Micronaturaleza polo blogger Juan Perez Moitas gracias
Full transcript