Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

TIC

No description
by

angel meijon sanchez

on 28 October 2014

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of TIC

UNIDADE 1
AS TIC: FONTES DE INFORMACIÓN

designed by Péter Puklus for Prezi
INTRODUCCIÓN
Pero, cal é a función da información?????
Neste contexto a nosa forma de vida caracterízase pola influencia dos medios da comunicación.

Ante o creciente poder mediático sería necesario a creación dun código ético, unha serie de normas responsables e profesionais que os medios de comunicación deberían seguir para protexer a dignidade e a libertade de opinión dos ciudadanos.
ANÁLISE DA INFORMACIÓN:
Actividade de investigación:
Atopa algunhas novas nos diferentes xornais dixitais, revistas, cadeas de tv, emisoras de radio... analizando o punto de vista que ofrece cada un deles da mesma nova. Que conclusión sacas?. Fai o exercicio a través dunha presentación a desenvolver nunha sesión Pecha Kucha na aula. O tempo para a súa realización é de 3 sesións.
As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) comprenden todos aqueles medios electrónicos que almacenan, crean, recuperan e transmiten información en grandes cantidades e a gran velocidade.



QUE É A INFORMACIÓN
En sentido xeral, a información é un conxunto organizado de datos procesados, que constitúen unha mensaxe sobre un determinado ente ou fenómeno.


Así pois:
Á hora de resolver un problema ou tomar unha decisión:
1. empregamos diversas fontes de información
2. construímos un coñecemento (información organizada)
A información procesa e xera o coñecemento.
1. Aumentar o coñecemento do usuario.
2. Proporcionar a materia prima fundamental para o desenvolvemento de solucións e a elección axeitada a través dunha serie de regras de avaliación e decisión.
E cales son as súas características????
1. Significado (semántica): Que quere dicir?
2 . Importancia (relativa ao receptor): Trata sobre algunha cuestión importante?
3. Vixencia (na dimensión espazo-tempo): É actual ou desfasada?
4. Validez (relativa ao emisor): O emisor é fiable ou pode proporcionar información non válida (falsa)?
5. Valor: Como de útil resulta para o destinatario?
Os datos son tan abundantes que con frecuencia se nos presentan dispersos e se infrautilizan informacións interesantes que se atopan rodeadas de un gran número de noticias carentes de interese e sen importancia.

Así pois, hai que salientar os diferentes instrumentos que nos permiten clasificar e almacenar a información de forma ordenada, permitíndonos unha recuperación da mesma de xeito inmediato e eficaz.
Coa aparición da TV esa influencia potenciouse enormemente.
Na actualidade outros medios de comunicación (como Internet) están facendo a competencia á TV na influencia e importancia. E aínda están por chegar novas invencións que desenvolverán medios de comunicación baseados en tecnoloxías tan novedosas como a realidade virtual ou a holografía.
FONTES E MEDIOS DE INFORMACIÓN


Dende o punto de vista dos recursos informativos defínense as fontes de información como tódolos documentos que dunha forma ou outra difunden os coñecementos propios dunha área (educación, saude, artes...).

As fontes de información divídense en: primarias, secundarias... e, dende o punto de vista das TIC, en electrónicas.
As primarias conteñen artigos ou informes que expoñen por primeira vez descubrimentos científicos, observacións orixinais ou os resultados da investigación experimental ou de campo. A función das fontes primarias é difundir o coñecemento novo, permitindo a súa avaliación na comunidade xeral.

ANÁLISE DA INFORMACIÓN
É unha capacidade que consiste en:
1. Localizar, discriminar e seleccionar entre distintas fontes a información que pode sernos útil.
2. Ler, entender, comparar e avaliar a información seleccionada para verificar a súa coherencia, imparcialidade, suficiencia e claridade na exposición da mesma.
3. Expresar conclusións ou respostas á necesidade da información que se pretendía resolver.
Fonte: http://ponce.inter.edu/cai/manuales/FUENTES-PRIMARIA.pdf
As secundarias son documentos que compilan e reseñan a información publicada nas fontes primarias. En xeral, os obxectivos das fontes secundarias se poden dividir en:

As electrónicas: son as que se obteñen a través de fontes electrónicas. Existe unha grande variedade destacando as revistas electrónicas, monografías, tutoriais, libros electrónicos e Internet en xeral.
-REVISTAS: publicacións periódicas formadas por un coxunto ordenado de artigos, formalizados e publicados en forma seriada baixo a responsabilidade dunha institución ou técnica a través de redes teleinformáticas.
Electrónicas
http://www.revista.unam.mx/
-LIBROS ELECTRÓNICOS: tamén chamado eBook é un libro en formato dixital que se pode transmitir, almacenar ou ler nun dispositivo con pantalla e controles tipo computadora.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/td1-enciclopedia/1797676/

-INTERNET: é unha rede de redes, que enlaza uns computadores con outros mediante o protocolo TCP/IP. Cada un destos pon en marcha un software que suministra a información e/ou permite acceder e mirar esta información. Internet é o vehículo para transportar a información almacenada en arquivos ou documentos que están noutro computador.
BASES DO DESENVOLVEMENTO DAS TICS
Nos últimos anos houbo unha espectacular expansión das tics, sendo as bases deste desenvolvemento as seguintes:
A evolución dos ordenadores.
A aparición do módem.
O emprego dos ordenadores en tódolos ámbitos.
O avance das telecomunicacións.
O uso da tecnoloxía multimedia.
A aparición das autopistas da información.
A aparición das novas tecnoloxías para teléfonos móbiles.
ACTIVIDADE
INVESTIGA ACERCA DA EVOLUCIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN DENDE O INICIO ATA A ACTUALIDADE. O TRABALLO REALIZARASE A TRAVÉS DUNHA LIÑA DO TEMPO (IMPORTANTE A CAPACIDADE DE SÍNTESE - 2 SESIÓNS)
NOVOS DESENVOLVEMENTOS DAS TICS
Os elementos que intervienen nas telecomunicacións sufriron un desenvolvemento espectacular nos últimos anos debido, en gran parte, ao emprego de novas tecnoloxías. Destacan as seguintes.
-FIBRA ÓPTICA: formada por finísimos fíos de vidro, capaces de transmitir ondas electromagnéticas nunha amplia gama de frecuencias, sin distorsións. É capaz de transmitir entre 30000 e 40000 conversacións telefónicas sen problemas.
CARACTERÍSTICAS
* Reducido grosor e gran efectividade.
* Nun cable collen moitas fibras ópticas sen perda de calidade.
* O medio de transmisión dos datos é a luz, o que implica gran velocidade.
* Sen alteracións electromagnéticas
-CONEXIÓN VÍA SATÉLITE: permite enviar e recibir información a altas velocidades empregando satélites de comunicación.


-CONEXIÓN POR ONDAS RADIOELÉCTRICAS: permite eliminar o emprego dos cables.
O MATERIAL DO FUTURO: O GRAFENO

O grafeno é unha alotropía do carbono que presenta unha serie importante de propiedades que o fan fundamental no desenvolvemento das futuras tecnoloxías: alta conductividade térmica e eléctrica, alta elasticidade e dureza, grande resistencia (200 veces maior que o aceiro), pode reaccionar químicamente con outras substancias para formar compostos con diferentes propiedades o que o dota de gran potencial de desenvolvemento...
INTELIXENCIA ARTIFICIAL E NANOTECNOLOXÍA

Ambos conceptos atópanse ligados á chamada 5ª xeración de ordenadores e teñen por obxectivo dotar aos ordenadores de funcións que son características dos humanos: simular a visión humana, recoñecer e imitar a voz humana, analizar datos e extraer conclusións deles...

Ademais se están levando a cabo importantes avances na investigación dos transistores orgánicos, logrando aillar unha molécula orgánica e a través dela transferir unha sinal eléctrica. A idea e empregar moléculas orgánicas como transistores de microprocesadores que serían empregados para imitar as funcións das neuronas: facer que os ordenadores pensen e aprendan igual que os seres humáns (biochips).
A DOMÓTICA

O termo domótica xurde como a unión de 2 palabras: domus + informática e fai referencia a todos aqueles sistemas informatizados que nos permiten controlar e xestionar unha vivenda. As súas aplicacións permitiranos mellorar a calidade de vida en aqueles aspectos como sistemas de control térmico dos fogares, aforro enerxético, control da iluminación, planificación de ocio doméstico con sistemas multimedia...
http://www.consumer.es/web/es/tecnologia/hardware/2008/05/18/176991.php
http://www.consumer.es/web/es/tecnologia/hardware/2005/07/15/143752.php
POSIBILIDADES E RISCOS DAS TICS

O desenvolvemento espectacular das tics nos últimos anos afectou ao propio individuo no seu comportamento e hábitos sociais, traendo consigo numerosas vantaxes pero tendo coidado coas posibles desvantaxes.
VANTAXES:
Eliminación das barreiras xeográficas, xa que calquera persoa, esté onde esté, pode acceder á información cando a precise.

As investigacións atopan unha rápida difusión e se enriquecen con novas ideas, posibilitando a colaboración entre investigadores separados a moitos kms.

Sistemas de teleensinanza permitindo estudar carreiras, cursos... a través de internet e aplicacións á mediciña.

Calquera persoa con acceso a internet pode pasar de ser un mero receptor da información a convertirse tamén nun emisor: blogs, wikis, youtube...

INCONVENIENTES:
Dispoñer dos medios necesarios e saber manexalos.

Posibilidade de aillamento.

A informatización de tarefas en todos os aspectos da vida cotiá fainos depender das máquinas.

Ás veces a información pode estar pouco seleccionada e contrastada.
Problemas de seguridade.
INFORMÁTICA DISTRIBUIDA (GRID)

A idea é a de traballar empregando os ordenadores conectados entre sí para aproveitar o procesamento de todos os ordenadores conectados para crear un superordenador virtual, de xeito que poidan realizarse grandes cantidades de procesamento. Trátase de aproveitar o alto porcentaxe de procesamento que queda libre na maioría dos microprocesadores dos ordenadores.

As tecnoloxías grid traen consigo o concepto: organización virtual, que agrupan entidades que poidan estar interesadas nun mesmo proxecto ou actividade comercial e desenvolven plataformas capaces de compartir todo tipo de recursos.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2000/05/18/36523.shtml
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/12/13/3290073.shtml
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/06/13/0003_6901493.htm
Fonte: http://www.totemguard.com/aulatotem/2012/06/del-caos-al-orden-encontrar-filtrar-y-coleccionar-contenido-educativo/
Inclúen o emprego conxunto de ordenadores, microelectrónica e telecomunicacións como instrumentos para obter, almacenar, distribuír, producir, manipular, procesar e transmitir a información de forma cada vez máis rápido, segura e económica.
Por exemplo: cando tomamos datos dun deporte onde incluimos regras, xogadores, campo de xogo... e logo escribimos un artigo incluindo e procesando os datos traballados, diremos que ese artigo constitue información sobre ese deporte.
CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN
NA SOCIEDADE ACTUAL:
Na actualidade prodúcese diariamente multitude de información (dato: xerouse máis información nova nos últimos 30 anos que nos 5000 anteriores).



http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/exceso-informacion-webs-medicas-puede-angustiar-enfermos/1057616/
Agora ben, o exceso de información, de non ser previamente seleccionada, pode manter máis desinformado a quen a recibe que cando estes datos viñan de forma máis dosificada e se axeitaban á capacidade receptora do oínte, vidente ou lector.
Dende a súa aparición, os medios de comunicación sociais foron gañando en influencia e en capacidade de crear opinión convertíndose en instrumentos para facer da información unha fonte de poder e de ingresos económicos.
Cada un destes documentos da orixen ás fontes primarias de información e éstos, a súa vez, dan lugar a novos documentos que conforman as fontes secundarias e terciarias.
1. Proporcionar aos lectores unha síntese da información que existe nos documentos primarios sobre temas de interese.

2. Remitir aos usuarios aos documentos con contidos que poidan axudar a solucionar as súas necesidades de información.
Agradecementos a tódolos propietarios das páxinas consultadas e das imaxes empregadas, sempre con fins educativos e sen ánimo de lucro.
Nun satélite de comunicacións as antenas receptoras do satélite recollen as sinais transmitidas polas estacións da terra filtrándose, cambiando a súa frecuencia e se amplifican. Despois se distribúen de volta á Terra a través das antenas transmisoras.
As sinais as levan as ondas portadoras, que se modulan mediante frecuencia, amplitude ou outros métodos. Cada sinal posúe a súa propia frecuencia e ancho de banda (a maior ancho de banda, mais información pode transportar a sinal).


O primeiro satélite de comunicacións (1962): Telstar
ACTIVIDADE:
A través dunha presentación adaptada de Pecha Kucha (10 diapositivas) investiga sobre o grafeno: características, propiedades, potencial... .
Realización en grupos de 2 durante 3 sesións.
Unha das posibles definicións de AI é:
"disciplina científico-técnica que trata de crear sistemas artificiais capaces de comportamentos que, de ser realizados por seres humanos, diríase que requiren intelixencia" .
http://computerhoy.com/noticias/hardware/hombre-vuelve-ver-despues-30-anos-gracias-ojo-bionico-19579?utm_content=buffera4f8d&utm_medium=social&utm_source=twitter.com&utm_campaign=buffer

A nanotecnoloxía atópase moi vinculada á A.I.. Trátase do estudo de sistemas en escala nanométrica.
Nesta escala obsérvanse propiedades e fenómenos novos rexidos baixo as leis da Mecánica Cuántica. Estas novas propiedades son as que os científicos aproveitan para crear novos materiais (nanomateriais) ou dispositivos nanotecnolóxicos, podendo atopar solucións a múltiples problemas que enfrenta actualmente a humanidade.
http://www.nanotecnologia.cl/que-es-nanotecnologia/
Full transcript