Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

A Hidrosfera

A Hidrosfera: A molécula de auga e as súas propiedades, a distribución da auga no planeta.
by

David V.Docampo

on 9 March 2013

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of A Hidrosfera

A HIDROSFERA A molécula
de auga H O 2 Os hidróxenos comparten o seu electrón (en azul) co osíxeno Así o osíxeno gaña dúas cargas negativas e os hidróxenos fican con só un protón. O osíxeno, ao ter máis electróns,
fica con carga negativa mentres os
hidróxenos manteñen a carga positiva
do seu protón. Como a molécula de auga ten unha zona con carga positiva (hidróxenos) e outra con carga negativa (osíxeno) dise que é unha molécula dipolar (con dous polos). Os hidróxenos dunhas moléculas de
auga son atraídos polos osíxenos doutras, formándose unións chamadas "ligazóns de hidróxeno" que manteñen unidas todas as moléculas de auga. Propiedades
da auga Altos puntos de fusión
e ebulición O xeo funde a 0ºC
A auga entra en ebulición a 100ºC
Son temperaturas moi altas!! Para facérmonos unha idea, o punto de ebulición da auga está aquí,

pero se fose unha substancia normal debería estar aquí. ℃ A auga precisa de moita calor para cambiar de estado porque as súas moléculas están moi unidas entre si grazas ás ligazóns de hidróxeno.
Por iso a auga é líquida a temperatura ambiente e pode existir a vida!! Capilaridade Débese a que as cargas eléctricas da molécula de auga permiten que as devanditas moléculas se adhiran ás paredes do vaso e suban por el. Este fenómeno é o que fai que suba a auga polos pantalóns nun día de chuvia, que se molle un terrón de azucre só con poñer unha esquina no café ou que ascenda a auga dende as raíces das plantas. Alta tensión
superficial Todas as moléculas de auga se atraen as unhas ás outras, pero na superficie esta atracción é maior, así que se forma unha lámina ou película superficial na que as moléculas son máis difíciles de separar. Por isto as pingas teñen forma redondeada e en determinadas condicións a tensión é máis forte que a gravidade. A tensión superficial é importante para algúns organismos que poden vivir na superficie da auga. Densidade anómala Alta calor
específica Baixa
compresibilidade Bo disolvente Augas Líquidas Continentais Mariñas Superficiais Subterráneas Augas
Sólidas (criosfera) Vapor de auga É a capacidade da auga que lle permite ascender sen axuda a través de columnas ou tubos finos chamados capilares. As substancias adoitan dilatar (aumentar o volume) coa calor e contraerse co frío.
Isto fai que a súa densidade vaia aumentando a medida que arrefrían. Coa auga sucede tamén así por riba dos 4ºC,sendo esta a temperatura á cal é máis densa.
Cando a auga baixa dos 4ºC a densidade tamén diminúe, xa que as ligazóns de hidróxeno a baixas temperaturas se fan máis estables e as moléculas "colócanse" de forma ordenada. Deste xeito a auga en estado sólido (xeo) é menos densa e flota sobre a auga líquida.
Isto é moi estraño!! Pero ademais de estraño este feito é básico para a vida, pois permite que cando vai frío conxele a superficie da auga mentres a vida segue a existir por debaixo. A calor específica é a cantidade de calor que se precisa para subir 1ºC a temperatura dunha substancia.

A calor específica da auga é moi alta, polo que é un bo illante térmico e a súa temperatura mantense moi estable. Os seres vivos están compostos en gran parte de auga, isto axuda a que a súa temperatura se manteña constante. O volume da auga mantense case constante cando se lle aplica unha forza, aínda que sexa moi grande. Moitos organismos manteñen a súa forma corporal grazas a isto, que é no que se basea por exemplo o esqueleto hidrostático das medusas. Case todas as substancias disólvense ben na auga, debido á súa polaridade. Isto permite que os seres vivos usen a auga para transportar substancias disoltas nela
(coma o noso sangue ou o zume dos vexetais). A auga da Terra atópase na súa maior parte en estado líquido, principalmente formando os océanos.
As augas doces só representan o 2'5% do total do planeta, e a maioría están distribuídas na criosfera e nas augas subterráneas. As augas líquidas poden ser doces, salobres ou salgadas.

Dise que son doces cando a súa salinidade (concentración de sales disoltas) é baixa, xa que case todas as augas líquidas adoitan ter certa cantidade de sales.

Cando a salinidade é intermedia fálase de augas salobres. A auga dos mares e océanos supón máis do 97% do total que existe na Terra. Composición:
Os principais elementos que se atopan disoltos nas augas mariñas son o Cloro (Cl) e o Sodio (Na) (Sal común: NaCl); pero tamén hai cantidades importantes doutros elementos coma o Magnesio (Mg) ou compostos de Xofre (S). A temperatura dos mares é moi diferente duns lugares a outros. Estes contrastes son maiores nas capas superficiais e especialmente nos puntos achegados ás costas.

A uns metros de profundidade as temperaturas van dos 12ºC aos 30ºC.

Por debaixo dos 500m de profundidade as temperaturas baixan bruscamente, e nos fondos, por baixo dos 1500m roldan sempre os 5ºC. Os mares e océanos son medios moi dinámicos, nos que existen multitude de movementos e fenómenos como:

- Mareas: Cambios periódicos do nivel do mar debido ao efecto da lúa e, en menor medida, do sol.

- Ondas: movementos ondulatorios da superficie da auga, principalmente producidos polos ventos.

- Correntes oceánicas: Movementos horizontais de grandes masas de auga a través de mares e océanos. Proceden da infiltración da auga de chuvias a través dos materiais porosos do solo.

Os depósitos subterráneos de auga denomínanse acuíferos.

O nivel que acadan as augas subterráneas nun momento concreto denomínase nivel freático. Os pozos son perforacións na terra que acadan o nivel freático e son construídos para extraer auga.

Se a boca dun pozo está por baixo da altura do nivel freático a auga fluirá ao exterior sen axuda. fálase entón de pozos artesianos.

Os mananciais ou fontes son fendas do terreo a través das cales sae a auga dun acuífero de maneira natural. O pozo artesiano máis grande de Europa atópase en Cella (Teruel). É o conxunto de augas, en calquera dos seus tres estados, que existe na Terra. Son as augas que circulan ou están encoradas na superficie da codia terrestre.
Na súa meirande parte son augas doces. Ríos: correntes permanentes de auga doce, que desembocan no mar, en lagos ou noutros ríos. Río Sil Lagos: Grandes volumes de auga acumulada, que se alimentan de auga de chuvias ou ríos.
Poden ser de auga doce, salobre e salgada. Mar Morto Lagoa da Serpe
(Pena Trevinca) Brañas: Lugares onde se acumula auga a escasa profundidade, xeralmente procedente de augas subterráneas. Táboas de Daimiel Albufeiras: Lagoas de auga salobre que quedan fechadas por unha barra de area preto da costa. Albufeira de
Valencia Lagoa de Doniños Delta: Formación que ás veces se produce na desembocadura dun río, na cal os sedimentos van acumulándose invadindo a costa, e que causan que o cauce do río se vaia dividindo. Delta do
Nilo Delta do
Ebro Esteiro: Desembocadura dun río, influída polo réxime de mareas, e na cal se mesturan augas doces e salgadas. Esteiro do río das Mestas
(Cedeira) Esteiro do Miño Marismas: Zonas costeiras de vexetación herbácea que se inundan coa marea. A criosfera é o conxunto de masas de xeo que existen na Terra.

Inclúe glaciares, xeos polares e de montaña e icebergs. Os glaciares son inmensas masas de xeo que flúen moi lentamente, como un gran río de xeo. Marismas do Masma (Foz) Glaciar de Aletsch (Suíza) Os glaciares chegaron a ocupar case toda a Terra noutras épocas históricas.
Hoxe a meirande parte de glaciares están no círculo polar, pero tamén existen en grandes montañas e cordilleiras, incluíndo os do Kilimanjaro, en África. Kilimanjaro Un glaciar pode chegar a ter 4km de grosor, e vai desgastando fortemente o terreo polo que discorre, orixinando vales en forma de U. Val glaciar do Zézere
(Serra da Estrela, Portugal) Cando un glaciar chega ao mar pode romper e formar icebergs, grandes masas de xeo flotante, cuxa maior parte está baixo a superficie do mar. Debido ao quencemento global, a maioría de glaciares están hoxe en día en retroceso, e moitos poden desaparecer nos próximos anos. É a humidade que se atopa na atmosfera. Ciencias da Natureza 1ºESO Feito por David V.Docampo
Full transcript