Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

Carreira de medios de transporte (EQUO Pontevedra)

No description
by

Miguel Braña

on 2 October 2013

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of Carreira de medios de transporte (EQUO Pontevedra)

CARREIRA DE MEDIOS DE TRANSPORTE
O día 24 de setembro celebrouse en Vigo unha carreira de medios de transporte como acto final das actividades organizadas por
EQUO Pontevedra co gallo da Semana Europea da Mobilidade.
Unha carreira de medios de transporte é aquela na que as persoas participantes utilizan distintos medios para percorrer un mesmo traxecto.

Para determinar cal é o medio máis eficiente analizamos o tempo necesitado non só no percorrido senón tamén para chegar ata o vehículo e para aparcar correctamente o vehículo correspondente.

Outro factor que axuda a valorar a eficiencia é o custo, non só do combustible mais tamén de gastos como billetes, aparcamento...
Estes son os medios de transporte que utilizamos:
A pé
Bicicleta
Bicicleta eléctrica
Motocicleta
Coche particular (con aparcamento gratuíto, en zona azul e en parking)
Taxi
Bus urbano
E estes son os resultados da carreira:
COMENTARIOS
Novamente o transporte máis rápido foi a bicicleta eléctrica. A bicicleta tradicional precisou un pouco máis de tempo desta volta porque a pendente do traxecto era maior.
Neste segundo percorrido o coche gratuíto tivo que aparcar na rúa, máis lonxe do punto de destino, e (xunto co coche que tiña que estacionar na ORA) quedou por detrás dos peóns.
Como xa ocorrera no primeiro tramo, o autobús demostrou ser unha opción moi válida para este tipo de desprazamentos. Porén, é certo que estes magníficos tempos de resposta son posibles en rutas nas que coinciden varias liñas posibles e a horas nas que o paso dos buses é frecuente.


COMENTARIOS
Os transportes limpos (a pé e en bicicleta) son os que ofrecen unha maior eficiencia tamén no que se refire ás distancias percorridas.
O coche percorre unha distancia moito maior dando voltas para estacionar que nos desprazamentos.
COMENTARIOS
Coche: o custo do combustible calculouse asumindo un consumo de 5 l cada 100 km e un prezo de 1,38 €/l (gasolina 95). No caso do estacionamento subterráneo, o custo é tan baixo porque apenas se parou nove minutos; evidentemente o custo aumentaría progresivamente en función do tempo transcorrido.
Moto: o custo do combustible calculouse asumindo un consumo de 2,5 l cada 100 km e un prezo de 1,38 €/l (gasolina 95).
Bus: o prezo do bus é o dun billete cando o usuario ten a Tarxeta Verde, que permite facer transbordos durante 1 hora (e explica que non se tivese que pagar no momento de facer o percorrido nº 2). De non ser así, o custo sería de 1,24 € por cada traxecto (isto é, 2,48 € en total).
Non se incluíron aquí custos como a amortización do vehículo (aplicable en distinta medida a cada tipo de vehículo) ou a contratación dun seguro (cando corresponda), nin outros gastos extras como reparacións ou revisións (ITV ou similares).
COMENTARIOS
Malia ser o límite de velocidade 50 km/h (con zonas de 30 km/h), ningún dos vehículos chegou sequera a unha velocidade media de 20 km/h.
O vehículo máis eficiente foi a bicicleta eléctrica, que ofreceu uns tempos incluso máis rápidos ca moto.
Aínda que os peóns conseguen unha velocidade media inferior aos coches, a súa eficiencia é moito maior, xa que percorren menos quilómetros (e polo tanto en menos tempo) cun custo “cero”.

Esta carreira de medios de transporte resultou unha experiencia moi interesante que permitiu confirmar que, cando falamos de mobilidade urbana, deberíamos apostar por vehículos limpos (bicicletas eléctricas e tradicionais; a pé) e polo transporte público.
En EQUO apostamos por facilitar o uso da bicicleta, integrándoa na circulación urbana e apoiando programas de alugueiro compatibles coas tarxetas de transporte do autobús.
Estas son as
CONCLUSIÓNS e
PROPOSTAS
de EQUO:
No que respecta á chegada de vehículos desde os concellos veciños, en EQUO apostamos polo uso de aparcamentos disuasorios nas entradas da cidade e polo apoio aos transportes públicos interurbanos, especialmente o barco (desde o Morrazo) e o tren (que podería ser unha boa opción como transporte de proximidade desde Ponteareas, Porriño e Tui). Tamén cremos que é posible mellorar as liñas do autobús urbano para conseguir unha maior eficiencia cando falamos de liñas menos céntricas (que non ofrecen normalmente uns resultados tan óptimos como os que observamos nesta ocasión circulando polo centro da cidade).
AGRADECEMENTOS
Ante todo gustaríanos agradecer a participación dos voluntarios que fixeron posible esta carreira: Fernando, Ángel, Xosé, José Luis, Néstor, Joaquín, Juan Pablo, Loli, Serafín, Jorge, Lautaro, Óscar e Miguel.
Tamén queremos recoñecer o esforzo realizado no ano 2006, cando se celebrou unha actividade similar na Coruña. O seu traballo serviunos de inspiración e facilitounos as cousas. Os resultados daquela experiencia pódense consultar aquí:
http://www.udc.es/dep/bave/jfreire/pdf_blog/CarreraMedios%20(SEP06).pdf

Durante os días previos demos a coñecer o proxecto con distintas mesas informativas repartidas pola cidade.
GRAZAS.
COMENTARIOS
Sen dúbida o medio de transporte máis eficaz foi a bicicleta eléctrica, seguida uns minutos despois pola bicicleta tradicional e polos transportes públicos (bus e taxi).
Nunha comparativa exclusivamente entre os coches e os peóns, as diferenzas de tempo entre estes son moi baixas. O coche que tivo que atopar aparcamento gratuíto ten un tempo de “0 minutos” no terceiro apartado porque relativamente cerca hai un centro comercial que non cobra pola primeira hora de estacionamento.
Especialmente significativos son os resultados do coche que tivo que estacionar en zona azul, que pasou 30 minutos a dar voltas para atopar un sitio libre.

COMENTARIOS
Estes resultados demostran que as bicicletas (tanto eléctricas como tradicionais) son unha opción moi válida para moverse pola nosa cidade, desbotando a crenza de que Vigo non é apta para este tipo de vehículos. Todo elo a pesar do nulo apoio recibido das institucións.
Demostrouse que o coche é a opción menos óptima, xa que ofrece tempos incluso maiores cós desprazamentos a pé e supón uns custos moi elevados. As diferenzas atopámolas principalmente nos tempos que teñen que dedicar a dar voltas para atopar estacionamento.
VIGO - SETEMBRO DE 2013
EQUO Pontevedra
Full transcript