Loading presentation...

Present Remotely

Send the link below via email or IM

Copy

Present to your audience

Start remote presentation

  • Invited audience members will follow you as you navigate and present
  • People invited to a presentation do not need a Prezi account
  • This link expires 10 minutes after you close the presentation
  • A maximum of 30 users can follow your presentation
  • Learn more about this feature in our knowledge base article

Do you really want to delete this prezi?

Neither you, nor the coeditors you shared it with will be able to recover it again.

DeleteCancel

Make your likes visible on Facebook?

Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline.
You can change this under Settings & Account at any time.

No, thanks

O galego no primeiro terzo do s.XX

Traballo Sociolingüística Lucía Cruces/Alba Patiño/Rut García/Noelia Vidal/Gabriela Muñiz
by

luciia cruces

on 6 March 2013

Comments (0)

Please log in to add your comment.

Report abuse

Transcript of O galego no primeiro terzo do s.XX

Sociolingüística O Galego no primeiro terzo do século XX Para comezar... Galicia ve nacer a Real Academia Galega, as Irmandades da fala, a Xeración Nós, o Partido Galegista e o Seminario de Estudos Galegos; estas institucións modernizarán o galego literario e promoverano en ámbitos ata daquela vetados (prensa diaria, mitins políticos...).
Ao promover o seu uso, necesitaráse unha maior elaboración formal do idioma que coincide cunha perda de falantes monolingües en galego e a extensión social da diglosia.
Nesta época aparecen reflexións de autores como Vicente Risco ou Johán Vicente Viqueira sobre a necesidade de introducir o galego no ensino.
Aparecen leis estatais que comprometen o proceso de recuperación dos usos públicos prestixiados. Como a prohibición, por parte do do dictador Primo de Rivera en 1923, do emprego de calquer outra lingua española distinta ao castelán en todo tipo de acto oficial. Modernización e promoción do galego O ESTUDO DA LINGUA Recoñecemento legal A pesar dos logros evidentes acadados no Rexurdimento, a lingua galega continúa a súa andaina sen recoñecemento legal a nivel estatal. Así pois, en 1918 as Irmandades da Fala celebrarán en Lugo a "I Asemblea Nazonalista Galega", na cal se reclama:
*Reivindicación da autonomía integral
*A cooficialización da lingua galega co castelán
*Inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra.

Anos posteriores, e tras pasar a negra sombra da dictadura de Primo de Rivera(1923-1930) e as medidas adoptadas en contra das linguas periféricas do estado español, o que supuxo un duro obstáculo na recuperación na nosa lingua, proclamarase a II República (1931-1936), ca cal se intensificará as demandas a prol da cooficialidade do noso idioma. Esta reclamación espertará desconfianzas tanto dentro da nosa terra como fóra dela. Son célebres neste sentido as intervencións nas cortes da II República de Miguel de Unamuno, non conforme ante o recoñecemento do galego como lingua cooficial, e ao sentido inverso, as alusións dos parlamentarios do Partido Galeguista, Castelao e Otero Pedrayo, defendendo a legalización da lingua galega por necesidade. Ademais, en 1931 créase o Partido Galeguista, no cal militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936, no que a lingua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galiza" e se propón o ensino do galego e en galego. Este logro importantísimo non chegou a ter aplicación práctica na realidade ao propiciarse o estoupido da Guerra Civil (1936) poucos días despois, o que supuxo o principio da máis crúa etapa para as linguas non oficiais do Estado español. Isto axudará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a democracia. Irmandades da Fala (1916) - revista: "A Nosa Terra" - teatro: "O Mariscal" (1926) Seminario de Estudos Galegos - Filgueira Valverde, Lois Tobío
Fernandez, Fermín Bouza-Brey. (ESTUDANTES). - continuar labor das Irmndades da Fala. O galego pasa a estar en novos eidos e asume novas competencias, polo tanto vai precisar dun grao de elaboración formal , que en algúns aspectos non tiña. Ao lado dos traballos destinados á unificación do galego escrito entre os que salienta a proposta normativa do Seminario de Estudos Galegos, apareceron publicadas nesta época as gramáticas galegas de : - Leandro carré Alvarellos(1919).
- Manuel Lugrís Freire(1922).
preto destes sairon a súa vez:
- Vocabulario castelán- galego (1933) das irmandades da fala, aos que hai que engadir o primeiro diccionario incompleto da Real Academia Galega , interrompido na palabra cativo.
O galego vai ser obxecto de estudo científico por filólogos que non eran de Galicia.
Full transcript