Introducing 

Prezi AI.

Your new presentation assistant.

Refine, enhance, and tailor your content, source relevant images, and edit visuals quicker than ever before.

Loading…
Transcript

Detrás dela hai un ser estraño, inhumano e malvado.

Cando Xabier le todo iso decide ir a xunto seu amigo a axudalo, e desde a casa manda un paquete coas cartas anteriores, fotos do gravado e cunha carta propia á súa irmá, para que avise á policía se non dá noticias en breve. A irmá (e así comeza a acción no libro) le o texto antes de tempo e avisa a un comisario coñecido, pero poucas horas antes de chegaren á casa, esta ardeu, desaparecendo tanto Adrián coma Xabier.

Nelas o pintor infórmao de que mercou unha casa de indianos na parroquia de Doroña (concello de Vilarmaior), e que está encantada. Vai contando o proceso de adquisición e restauración, e finalmente os sucesos inexplicables que teñen lugar desde que se muda a ela.

Sinopse

Booktrailer?

Ao comezo toma os sucesos como brincadeiras: chamadas telefónicas sen sons intelixibles e mensaxes no fax. Pero todo se complica coa aparición dun libro de gravados. Nel aparece un gravado sen título, cunha rapaza mirando pola fiestra. Pero sorprendentemente a imaxe vai mudando, e nun momento dado aparece na parede do gravado o texto "Socorro, Adrián". El comeza a ter medo, e descubre que a habitación do gravado é un cuarto da propia casa que foi tapiado. Rompe o tabique, e descubre no chan do cuarto un acceso a unha cripta, cunha porta de ferro coa imaxe do labirinto do petróglifo de Mogor.

O comisario desenténdese do caso, pero a irmá segue investigando. Malia que non atopa a porta de ferro que dá acceso á cripta, préndelle lume ao libro dos gravados no lugar que debería estar, e o chan de cemento rompe, dando a entender así que se rompe o maleficio.

Encontramos un trailer do libro que tal vez pódavos interesar.

O escritor Xabier Louzao regresa a Santiago de Compostela logo de varios meses en Quebec. Marchara sen avisar a seu amigo o pintor Adrián Novoa, e á volta atopa nove cartas deste, datadas entre outubro de 1993 e abril de 1994

Personaxes

Teresa é a irmá de Xabier e o primer personaxe que aparece.

Logo está Xavier Louzao, o irmán de Teresa e quen vai a axudar ao seu amigo.

Adrián Novoa é o amigo de

Xavier. Pídelle axuda nos sucesos extraños que ocorreron.

Por último está o comisario, que intenta axudar a Teresa no caso da desaparición do irmán

CARTAS DE INVERNO

Learn more about creating dynamic, engaging presentations with Prezi